Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 290 Horas de Titorías: 6.5 Clase Interactiva: 3.5 Total: 300
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría, Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Realizar un exercicio orixinal individual que será presentado e defendido ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría en Xeomática e Topográfica, de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas.
Tal como se expón na memoria verificada do título, os contidos do TFG farán referencia a un exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto de Enxeñaría Xeomática e Topografía, de naturaleza profesisonal, no que se sinteticen as competencias adquiridas nas ensinanzas.
O TFG consistirá en un proxecto, estudo técnico, traballo de investigación aplicada ou outra actuación que poida ser considerada coma traballo facultativo e profesional. De maneira específica, para determinar a adecuación da temática a desenvolver como TFG, e polo tanto garantir a adecuación dos seus contidos, o estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado ante a comisión de seguimento de TFG da titulación. Na proposta quedará definida a temática específica que se desenvolverá no TFG a través dos correspondentes contidos. A aprobación da proposta implicará que a temática do TFG vaia orientada a desenvolver os coñecementos adquiridos no título, integrando as competencias directamente relacionadas con dita temática de entre as definidas para a materia. Unha vez aprobada a proposta baixo estas condicións, o TFG poderá ser elaborado e presentado para a súa defensa.
Tanto a bibliografía básica coma complementaria será aconsellada polo titor en función da temática a desenvolver no proxecto específico.
É importante sinalar que os traballos conducen á adquisición de algunhas das competencias sinaladas neste apartado, e non necesariamente á totalidade das mesmas.
Competencias xerais
CG1 - Deseñar e desenvolver proxectos xeomáticos e topográficos
CG2 - Analizar, rexistrar e organizar o coñecemento do entorno e da distribución da propiedade e usar esa información para o planeamento e administración do solo.
CG3 - Comprender e analizar os problemas de implantación no terreo das infraestruturas, construcións e edificacións proxectadas dende a enxeñaría en topografía, analizar os mesmos e proceder á súa implantación.
CG4 - Capacidade para toma de decisións, de liderazgo, xestión de recursos humanos e dirección de equipos interdisciplinares relacionados coa información espacial.
CG5 - Determinar, medir, avaliar e representar o terreo, obxectos tridimensionais, puntos e traxectorias.
CG6 - Reunir e interpretar información do terreo e toda aquela relacionada xeográfica e economicamente con el.
CG7 - Xestión e execución de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación no ámbito desta enxeñaría.
CG8 - Planificación, proxecto, dirección, execución, e xestión de procesos de medida, sistemas de información, explotación de imáxenes, posicionamento e navegación; modelización, representación e visualización da información territorial en, baixo e sobre a superficie terrestre.
CG9 - Planificación, proxecto, dirección, execución e xestión de procesos e produtos de aplicación á obra civil e á edificación, no ámbito xeomático.
CG10 - Planificación, proxecto, dirección, execución e xestión de procesos e produtos de aplicación á enxeñaría ambiental, agronómica, forestal e mineira, no ámbito xeomático.
CG11 - Planificación, proxecto, dirección, execución e xestión de procesos e produtos de aplicación na sociedade da información no ámbito xeomático.
CG12 - Planificación, proxecto, dirección, execución e xestión de procesos e produtos de aplicación en catastro e rexistro, ordenación do territorio e valoración, no ámbito xeomático.
Competencias específicas
CTFG - Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Xeomática e Topografía de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas
O desenvolvemento do TFG está baseado fundamentalmente no traballo persoal do alumno, xunto coa guía aportada polo/s titor/es do traballo (en número máximo de tres) con respecto á temática, materiais, medios e metodoloxías a empregar no seu desenvolvemento. Polo tanto, a metodoloxía de ensinanza estará fundamentada no proceso de seguimento do traballo do alumno a través de reunións, titorías e consultas a través de correo electrónico. Asimesmo, a utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
A avaliación do TFG será realizada polas Comisións Avaliadoras correspondentes, propostas polo coordinador de TFG e aprobadas en reunión ordinaria pola Comisión de Título en cada convocatoria (febreiro, xullo e setembro). Ditas comisións estarán formadas por tres membros, de entre os cales un será presidente (normalmente o coordinador de TFG) e outro secretario. Os criterios a adoptar nas avaliacións, así como o peso relativo dos mesmos, realizarase sobre a base dunha rúbrica, e serán feitos públicos ó comezo de cada Curso Académico.
O proceso de avaliación contará cun acto de defensa ou exposición oral pública. A avaliación propiamente dita terá lugar ó final de dito acto público. A cualificación final será a suma ponderada da avaliación do documento (80%) e da defensa oral (20%). Tanto na avaliación do documento como da defensa oral teranse en conta cales foron as competencias especificamente abordadas pola temática do TFG de entre as definidas previamente para a materia.
Avaliación do documento de TFG (80%): as competencias avaliadas atoparanse entre CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG6,CG7, CG8, CG9, CG10, CG11, CG12, CTFG.
Defensa do TFG (20%): as competencias avaliadas atoparanse entre CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG6,CG7, CG8, CG9, CG10, CG11, CG12, CTFG.
O alumno entregará xunto coa proposta un cronograma no que se detallen os contidos do TFG así como a súa distribución temporal nas fases correspondientes de forma que se xustifiquen as horas de traballo persoal necesarias para superar o TFM, e que se estiman en 300 horas.
Como procedemento básico inicial, o alumno deberá ler detalladamente os contidos da "Guía metodolóxica: normas para a entrega e presentación de Traballos Fin de Grao" (http://bit.do/eT7sT), do “Formulario IV: Descripción do Traballo Fin de Grao” (http://bit.do/eT7tt), e do "Documento de Rúbricas para a avaliación de Traballos Fin de Grao" (http://bit.do/eT7tD). Nos mesmos inclúense orientacións para a definición de temáticas e estrutura do TFG.
Recoméndase o emprego das titorías para a resolución de calquera problema que poda xurdir. Asimesmo, recoméndase o emprego activo do campus virtual para a comunicación entre o alumno e o seu titor.
O establecido nas seccións “Metodoloxía de ensinanza” e “Sistema de avaliación” rixe para o escenario 1 (normalidade adaptada sen restricións á presencialidade física). Para os escenarios 2 (distanciamento, con restricións parciais á presencialidade física) e 3 (peche das instalacións, e imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física), empregaranse medios telemáticos para o seguimento, titoría e finalmente, presentación do TFG.