Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Obxectivos referidos ao “saber” (conceptos, leis, principios…).
- Coñecer o currículo oficial de Educación Infantil.
- Contribuír ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas.
- Coñecer unha serie de recursos, estratexias e instrumentos útiles para que o mestre de Educación Infantil poida utilizalos con normalidade.
2. Obxectivos referidos ao “saber facer” (procedementos, habilidades…).
- Contribuír ao debate dos temas e contidos.
- Desenvolver habilidades de traballo en equipo.
- Relacionar teoría e práctica.
- Desenvolver capacidades para deseñar unidades didácticas.
3. Obxectivos referidos ao “saber ser” (actitudes, valores e normas).
- Formar un profesional cun perfil investigador, reflexivo e crítico coa súa propia práctica, capaz de observar e analizar a realidade e os problemas presentes na sociedade actual en relación coa infancia, que manteña unha actitude ética e comprometida coa profesión no marco dunha cidadanía democrática, responsable e solidaria, capaz de promover valores educativos.
- Desenvolver un coñecemento reflexivo e crítico da súa práctica apoiado na investigación.
1. Concepto de currículo e teorías curriculares.
2. Procesos de elaboración de currículos.
3. Modelos curriculares, planificación e análise de compoñentes do currículo. Modelos curriculares de Educación Infantil.
4. Currículo oficial, función docente e tarefas curriculares do profesorado en Educación Infantil. O currículo da Educación Infantil en Galicia.
5. Decisións curriculares: do currículo oficial de Educación Infantil aos deseños de aula.
6. Estratexías e medios de ensinanza e aprendizaxe en Educación Infantil. Xogo e aprendizaxe.
7. Avaliación, investigación-acción e innovación curricular.
Alberca, F. (2016). Aprender a interpretar a un niño. Ed. Toromítico
Antón, M. (2008). Planificar la etapa 0-6. Barcelona: Graó.
Aucouturier, B. (2018). Actuar, jugar, pensar. Puntos de apoyo para la práctica psicomotriz, educativa y terapéutica. Ed Grao. Barcelona, España
Borghi, Q. (2005). Los talleres en Educación Infantil. Espacios de crecimiento. Barcelona: Graò.
Brinnittzer, E. (2017). Juegotecas. Espacios para crear y promover actividades colectivas. Barcelona: Graó
Burgos, J.M., Dávalos, G. y Martínez, J. (2014). Psicología de la familia: estructuras y trastornos
Carballo, A. y Portero, M. (2018). 10 ideas clave. Neurociencia y educación: aportaciones para el aula. Ed Grao. Barcelona, España
Fortunato, A. (2006). La educación de los niños como proyecto de la comunidad. Barcelona: Octaedro.
Gardner, H. Las Inteligencias múltiples. Barcelona: Paidós.
Gimeno, S., Feito, R., Perrenoud, P. e Clemente, M. (2012). Diseño, desarrollo e innovación del currículum. Madrid:Morata
Goldschmied, E. e Jackson, S. (2000). La Educación Infantil de 0 a 3 años. Madrid: Morata.
Lojo Méndez, A. (2009). El trabajo con bebés en la escuela infantil. Vigo: Ideas Propias.
López Sánchez, F. (2007). La escuela Infantil: observatorio privilegiado de las desigualdades. Editorial: Graó
Majem, T. e Odena, P. (2007). Descubrir jugando. Barcelona: Octaedro.
Marina, J.A. (2011): El cerebro infantil. La gran oportunidad. Madrid: Ariel.
Mateos, A. y Manzanares, A. (2016). Mejores maestros, mejores educadores: innovación y propuestas en Educación. Málaga. España. Ed. Aljibe
Puig, M. y Rodríguez-Marín, F. (2018). La enseñanza del entorno en Educación Infantil: proyectos y rincones. Ed. Pirámide
Romera, E. M. y Ortega-Ruiz, R. (2018). Psicología de la Educación Infantil. Ed Grao. Barcelona, España
Trueba, B. (2015). Espacios en armonía. Propuestas de actuación en ambientes para la infancia
Willis, A. y Ricciuti, H. (2000). Orientaciones para la escuela infantil de cero a dos años. Madrid: Morata.
Zabalza, M.A. (2008). Didáctica da Educación Infantil. Madrid: Narcea.
Zabalza, M.A. et al. (2008). La calidad en la Educación Infantil. Madrid: Narcea.
1. Competencias xerais
G.1. Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
G.2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G.4. Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia
G.7. Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.
G.8. Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G.9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G.11. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
2. Competencias específicas.
E.19. Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación, e saber ser flexible no exercicio da función docente.
E.20. Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade na contorna escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso harmónico e integral dos estudantes.
E.21. Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
E.22. Atender ás necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
3. Competencias básicas.
B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
4. Competencias transversais.
T.1. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.2. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A fin de cumprir cos obxectivos propostos, a nosa proposta céntrase no emprego de metodoloxías activas na aula, as cales facilitan a participación do alumnado e a colaboración entre eles, posibilitando así a aprendizaxe significativa do alumnado, así como tamén facilitan o traballo igualitario, onde de forma activa e participativa cada alumno/a sexa o protagonista da
súa propia aprendizaxe.
As distintas actividades formativas repartiranse entre un horario presencial obrigatorio se as circunstancias o permiten, que corresponde ás clases expositivas e interactivas, e un horario non presencial que implica o traballo autónomo por parte do alumnado. Propónse a posibilidade de realizar unha salida didáctica como experiencia educativa, que conecta a aula co medio e expande o contexto de aprendizaxe.
As sesións expositivas en gran grupo inclúen clases de natureza explicativa (sexan presenciais ou virtuais), dirixidas a introducir e explicar os aspectos xerais dos contidos, así como clarificar os conceptos máis significativos e achegar unha visión global dos contidos dos distintos bloques, todo iso coa finalidade de achegar as bases teóricas necesarias para outro tipo de traballos posteriores da materia, tanto teóricos como prácticos. Empregaranse recursos de apoio didáctico para facilitar o seguimento e comprensión do contido por parte do alumnado (presentacións multimedia, material audiovisual, recursos en rede, etc.).
As sesións en grupo mediano (sexan presenciais ou virtuais) inclúen sesións nas que se trata de profundar nos aspectos concretos das sesións expositivas, mediante a lectura e comentario de documentos, o establecemento de relacións conceptuais, propiciar a transferencia da teoría á práctica, a elaboración e presentación de informes, a elaboración de mapas conceptuais, a formulación de dúbidas, o estudo de casos, os vídeos, a planificación de traballos e actividades prácticas, os debates e a exposición de traballos individuais ou de grupo. Todas estas actividades estarán encamiñadas a desenvolver o traballo independente e de carácter crítico, as actividades de carácter grupal e a toma de decisións, a procura e o manexo da información.
Nas sesións de grupo pequeno (grupo de titorías) (sexan presenciais ou virtuais) trátase de dar resposta á resolución de problemas, conflitos e dúbidas que poidan xurdir en relación coa elaboración dos distintos traballos e prácticas que se propoñan. Xa que logo, estas sesións estarán especialmente encamiñadas á supervisión dos traballos de grupo. As sesións de tutoría ordinarías dedicaranse, fundamentalmente, a atender as necesidades individuais de cada alumno/a.
Por outra parte, na materia prevese o desenvolvemento de algunha práctica de campo, xa ben sexa co alumnado da materia, ou compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións …) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes se fora o caso.
O sistema de avaliación tomará en consideración os seguintes elementos:
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A. PARTICIPACIÓN E ACTITUDE NA AULA
Peso na cualificación: 5%
Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, rexistro de participación, observación da profesora e actividades de clase.
Indicadores/orientacións para a avaliación: A puntuación total deste apartado será acadada por aqueles alumnos que asistan asiduamente a clase e que participen de xeito activo, e coa actitude adecuada, nas dinámicas que se propoñan nas sesión de clase.
B. PROBAS ESPECIFICAS
Peso na cualificación: 50%
Instrumentos de avaliación: Exame final (estudiarase a opción de facer exame pre-oficial)
Indicadores/orientacións para a avaliación: Realizarase un exame final na data estipulada para tal fin, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno ó longo do curso a través dunha combinación de preguntas curtas e/ou tipo test. (No caso de gacerse exame preoficial, todas as preguntas serán titpo test)
En caso de ter que pasar ao escenario 1 ou 2, o peso desta puntuación verase reducido ao 30%, xa que se levarán a cabo reflexións sobre os contidos e lecturas recomendadas a fin de facilitar unha avaliación continua formativa. Ditas reflexións terán un peso do 20% na cualificación final.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
Peso na cualificación: 30%
Instrumentos de avaliación: Portafolios de actividades.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Os indicadores e orientacións para a realización destas probas específicas serán explicados polo docente o inicio das sesións da materia.
Para a elaboración destes informes terase en conta a observación levada a cabo no centro educativo de forma conxunta e coordinada con outras materias.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
Peso na cualificación: 15%
Instrumentos de avaliación: Exposicións de lecturas e traballos.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Neste punto serán valoradas as exposicións que se soliciten o alumnado e tamén a calidade das diferentes exposicións realizadas nas dinámicas de aula que se propoñan ó longo das sesións.
- Cando en un dos apartados especificados non haxa a posibilidade de ser avaliado, a porcentaxe de dita puntuación acumularase no apartado C.
Aínda que na Guía Docente da materia se especificarán con máis detalle todas as actividades e criterios de avaliación, con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
1. CUALIFICACIÓN MINIMA: Para obter a cualificación de aprobado, o alumno/a deberá acadar a puntuación mínima de 5 puntos totais. Para sumar as puntuacións de todos os apartados, é imprescindible acadar a puntuación mínima no apartado B (Probas específicas). É dicir, deberá aprobar a proba específica (con un 2,5 sobre 5) para poder sumar as demais puntuacións.
2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesións presenciais. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais), non será calificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, alén de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante debe implicarse activamente nas actividades que se soliciten a nivel individual así como ás que se realicen nas sesións presenciais. Estas actividades, non son recuperables.
3. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acode a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia, nas condicións que se indiquen na guía docente.
4. ALUMNADO CON DISPENSA DOCENTE: O alumnado que, solicite esta modalidade deberá informar da súa situación ó docente correspondente na mesma semana que en que soliciten a exención, a fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliación na materia.
5. POSIBILIDADES DE RECUPERACIÓN: O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode atoparse en unha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
A. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesión presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse unicamente ó exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
B. Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se sitúa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidera ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
C. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena de curso.
Outras cuestións relacionadas co sistema de avaliación serán comentadas e aclaradas co alumnado nos primeiros días de clase.
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 horas de traballo do alumno/a. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial (51 horas):
- Actividades expositivas en gran grupo: 24 horas.
- Actividades interactivas: 24 horas.
- Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 horas.
Horas de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 99 horas.
Total: 150 horas.
1. Ter cursado previamente as materias de 1º curso, especialmente: Didáctica e Profesión Docente, Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación Infantil, e Observación e Análise: Suxeitos e Procesos Educativos.
2. A asistencia continuada ás sesións presenciais, a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
3. É recomendable posuír ordenador e conexión a internet e coñecementos de informática básicos.
4. Proporse un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
5. Amosar, tanto nas intervencións en clase como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa infancia. Non se debe esquecer que vivir a educación é moito máis ca saber empregar unhas ferramentas técnicas e didácticas.
A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia ás clases.
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
- O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) con obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
- Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades respectaranse os criterios de igualdade de xénero. Pódese obter información ao respecto en:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… non sexista. publicado WEB USC.pdf
Alicia Diaz Balado
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- alicia.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Jesica Nuñez Garcia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- jesica.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 | - | Aula 27 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 23 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_02 | - | Aula 23 |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
20.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
25.06.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 21 |