Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Adquirir unha visión teórica e práctica da educación en valores e a práctica da cidadanía en sociedades multiculturais, e sobre todo observar como pode incorporarse esta tarefa formativa aos ámbitos profesionais propios da profesión docente.
- Analizar as claves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento moral e cívico e para a construción da cidadanía.
- Aprender a fundamentar, deseñar, aplicar e avaliar proxectos de educación en valores e cidadanía apropiados ás diferentes idades e a distintos campos de intervención.
1. Conceptos introdutorios
2. Desenvolvemento moral do ser humano
3. Cidadanía, democracia e dereitos humanos
3.1 Tipos de cidadanía
3.2 Democracia
3.3 Dereitos humanos (concepto, fundamentación, historicidade, universalidade)
4. Cuestións de Educación en valores e cidadanía
4.1. Paz
4.2. Identidade, diversidade cultural e Interculturalidade
4.3. Cooperación e solidariedade
4.4. Desenvolvemento sostible
4.5. Democracia e Participación
4.6. Igualdade, xustiza, equidade
5. Estratexias metodolóxicas e escenarios de aprendizaxe
Bibliografía básica
Dolto, Françoise (1971): Psicoanálisis y pediatría, Siglo XXI, Madrid.
Dolto, Françoise (1984): Seminario de psicoanálisis de niños 1, Siglo XXI, México.
Dolto, Françoise (1986): La causa de los niños, Paidós, Barcelona.
Dolto, Françoise (1987): Seminario de psicoanálisis de niños 2, Siglo XXI, México.
Dolto, Françoise (1991): Seminario de psicoanálisis de niños 3. Inconsciente y destino, Siglo XXI, México.
Durkheim, Emile (2002): La educación moral, Ediciones Morata, Madrid.
Freud, Sigmund (1967): Tótem y tabú, Alianza Editorial, Madrid.
Kohlberg, Lawrence (2009): De lo que es a lo que debe ser. Como cometer la falacia naturalista y vencerla en el estudio del desarrollo moral, Prometeo Libros, Buenos Aires.
Kohlberg, Lawrence & Power, F. Clark & Higgins, Ann (1997): La educación moral según Lawrence Kohlberg, Gedisa, Barcelona.
Martínez Quintanar, Miguel Ángel & Regueiro Tenreiro, Manuel (2011): Ser cidadán, Galinova Editorial, A Coruña.
Martínez Quintanar, Miguel Ángel & Regueiro Tenreiro, Manuel (2011): Saber convivir, Galinova Editorial, A Coruña.
Martínez Quintanar, Miguel Ángel (2019): Cidadanías. Lecturas e meditacións de filosofía política, Espiral Maior, A Coruña.
Noddings, Nel (2009): La educación moral. Propuesta alternativa para la educación del carácter, Amorrortu, Buenos Aires.
Peters, R. S. (1984): Desarrollo moral y educación moral, Fondo de Cultura Económica, México.
Piaget, Jean (1977): El criterio moral en el niño, Editorial Fontanella, Barcelona, 3ª ed.
Soto, Luís G. (2006): Paz, guerra y violencia, Espiral Maior, A Coruña.
Bibliografía complementaria
A bibliografía complementaria fica especificada por temas no apartado “4.3 Estrutura dos contidos” da Guía Docente. Non obstante, ao comezo da explicación oral de cada tema será facilitada ao alumnado por escrito ou a través da aula virtual.
GRAO MESTRE EN EDUCACIÓN PRIMARIA
G4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
E1 - Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período 6-12 no contexto familiar, social e escolar.
E2 - Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
E3 - Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
E4 - Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
E5 - Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseados na aprendizaxe de competencias
GRAO MESTRE EN EDUCACIÓN INFANTIL
G3 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G7 - Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
E.1. - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
E.2. - Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6.
E.3. - Coñecer os fundamentos de atención temperá.
E.4. - Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotor, comunicativas, sociais, afectivas.
E.5. - Saber promover a adquisición de hábitos ao redor da autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
Metodoloxía aulas expositivas
. exposicións orais por parte do profesor (presenciais e/ou vía Teams)
. participación do alumnado (presencial e/ou vía Teams e/ou aula virtual)
Metodoloxía aulas interactivas
. exposicións do alumnado (presenciais e/ou vía Teams e/ou aula virtual)
. sesións de discusión e debate (presenciais e/ou Teams e/ou aula virtual)
. reflexións en base a casos prácticos
. investigacións documentais de temas específicos
. traballos escritos
Actividade titorial
. seguimento do rendemento do alumnado
Consideracións xerais
A avaliación é continua, centrada nos traballos realizados e nunha proba teórica acerca do contido.
1) Que se avalía? Asistencia, participación activa, actitude reflexiva e crítica; lectura da documentación; elaboración, presentación e correción dos traballos escritos; presentacións orais claras, coherentes e creativas; práctica da escoita activa e aplicación práctica dos conceptos da materia. Canto? Porcentaxe: 40%; puntuación máxima: 4 puntos. Como? Nas aulas interactivas. Con que? Material escrito e documental que o alumnado entrega ao remate de cada aula interactiva
2) Que se avalía? Conceptos da materia: lectura, comprensión e asimilación dos conceptos e dominio das teorías e/ou paradigmas. Canto? Porcentaxe: 60%; puntuación máxima: 6 puntos. Como? Proba teórica tipo test de todos os contidos, conceptos e paradigmas. Con que? Exame proporcionado polo profesor.
3) A materia considérase superada cando se logran 5 puntos como mínimo.
O alumnado repetidor debe seguir o curso nas mesmas condicións e esixencias que o alumnado non repetidor.
Criterios específicos para o alumnado non asistente (con dispensa ou exención).
O alumnado que, por motivos xustificados, non poida asistir a varias, ou á totalidade das sesións de clase, seguirá un sistema de titorización individualizada a partir de todo o exposto neste programa da materia. O sistema de titorización será concretado a principios de curso, debendo realizar un traballo que será entregado ao final do cuadrimestre, con data tope o día do exame da 1ª oportunidade.
Titorización
a) A titorización dos estudantes asistentes (presenciais) e non asistentes (con dispensa ou exención) realizarase individualizadamente e/ou grupalmente segundo as necesidades que presenten no proceso de ensino-aprendizaxe.
b) En función do desenvolvemento do aproveitamento, do curso e do progresivo rendemento do alumnado, se ofertarán sesións de titorías en grupo ao longo do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios, documentos e probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
A distribución dos 4,5 créditos ECTS desta materia é a seguinte:
Horas expositivas: 18.
Horas interactivas: 18.
Horas de titoría: 3.
Total horas presenciais: 39.
Hora de traballo dos estudantes: 73,5
Total horas de dedicación á materia: 112,5
Seguimento da secuencia progresiva dos conceptos éticos e morais traballados nas aulas expositivas e interactivas. Consulta presencial de dúbidas.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- É de obrigado cumprimento a Normativa de protección de datos.
Miguel Angel Martinez Quintanar
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- ma.quintanar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 21 |
19:00-20:30 | Grupo/ CLIS_02 | Galego | Aula 21 |
30.05.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |