Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
Ao final da materia, espérase que os alumnos sexan capaces de:
- Comprender os principios básicos e teorías relacionadas coa Química Computacional.
- Coñecer os métodos máis importantes da química computacional no presente.
- Facer uso con soltura dalgúns dos programas máis amplamente utilizados en química computacional.
Introdución aos métodos computacionais. Análise conformacional de moléculas orgánicas. Cálculo de propiedades termodinámicas e enerxías de activación. Estudo de mecanismos de reaccións orgánicas en fase gasosa e en solución. Estudo de sistemas de interese atmosférica. Dinámica molecular de sistemas biolóxicos.
Bibliografía básica:
- J. Harvey, Computational Chemistry, Oxford University Press (2018).
- T. Engel, P. Reid, Physical Chemistry 3ª Ed., Pearson (2013).
- J. B. Foresman, Æleen Frisch, Exploring Chemistry with Electronic Structure Methods, 3ª Ed., Gaussian, Inc. (2015).
- J. Bertran, V. Branchadell, M. Moreno, M. Sodupe, Química Cuántica, Editorial Síntesis (2000).
BIbliografía complementaria:
T. Heine, J.-O. Joswig, A. Gelessus, Computational Chemistry Workbook, Wiley-VCH (2009).
Bibliografía avanzada:
- C. J. Cramer, Essentials of Computational Chemistry, 2ª Ed., John Wiley & Sons (2005).
- F. Jensen, Introduction to Computational Chemistry, 3ª Ed., John Wiley & Sons (2017).
Básicas e xeraisl
CB2 - Que os alumnos poidan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e teñan competencias para soster argumentos e resolver problemas dentro do seu campo de estudo
CB3 - Que os alumnos teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu campo de estudo) para facer xuízos que inclúan reflexión sobre temas sociais, científicos ou éticos
CB4 - Que os alumnos poden comunicar información, ideas, problemas e solucións a un público tanto cualificado como ordinario
CB5 - Que os alumnos desenvolveran as habilidades de aprendizaxe necesarias para realizar máis estudos cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT9 - Desarrollar habilidades nas relacions interpersonais.
CT10 - Adquirir razoamento crítico.
CT11 - Lograr compromiso ético.
CT8 - Ser capaz de traballar nun contexto internacional.
CT6 - Realizar traballo en equipo
CT7 - Realizar traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
ESPECÍFICAS
CE4 - Coñecer os tipos principais de reacción química e suas principais características asociadas.
CE12 - Coñecer a estructura e reactividad das principais clases de biomoléculas e a química dos principais procesos
biolóxicos.
CE15 - Ser capaz de recoñecer e analizar novos problemas e plantexar estratexias para solucionalos.
CE16 - Ser capaz de evaluar e interpretar datos.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida pola profesora que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas,…). Durante as clases de teoría a profesora expondrá o tema correspondente e propondrá cuestions relacionadas para que o alumnado participe ao longo da exposición. Nas clases de problemas resolveranse os exercicios propostos, contando coa participación activa do alumnado: entrega de exercicios á profesora, resolución de exercicios, etc. A asistencia a estas clases non é obligatoria, pero sí moi conveninte. Ao final dalguns dos temas levaran a cabo controis de seguimento da asignatura (15 min. aprox.) que se utilizarán na evaluación continua.
B) Clases prácticas co ordenador: Inclúen as clases onde o alumnado adquire as habilidades propias da parte aplicada da Química Computacional e consolida os conocimentos adquiridos nas clases de teoría. Para a realización destas prácticas, disporase dun Manual de Referencia, que incluirá unha introducción ao traballo co ordenador e, en particular a sua aplicación aos cálculos computacionais, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos teóricos da práctica e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumnado deberá a acudir a cada sesión de prácticas habendo estudiado o contido deste manual. Así, ao comenzar cada práctica, responderán durante 5 ou 10 minutos a unhas cuestions previas que a profesora califica e ten en cuenta para a nota de prácticas. Tras unha explicación da profesora, realizaranse individualmente as prácticas, e presentarán ao final de cada unha de elas os resultados para ser avaliados.
A asistencia a estas clases é obligatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razons de examen e de saude, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada por razons xustificadas recuperarse de acordo coa profesora e dentro do horario previsto para a asignatura.
C) Tutorías: Tutorías programadas pola profesora y coordinadas polo Centro. Proponse como actividad principal a realización, exposición e defensa dun traballo individual relacionado coa temática da asignatura. O alumnado deberá de haber entregado á profesora un resumen dos traballos antes da celebración da tutoría. Nestas clases tamén se aclararán dudas sobre a asignatura. A asistencia a estas clases é obligatoria.
Durante as clases contarase en todo momento co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Así, dende principio de curso frase uso do Campus Virtual para a docencia. Tamén se utilizarán programas de cálculo para a realización das prácticas.
1. O alumnado non será avaliable se non asiste a todas as clases presenciais de carácter obrigatorio: tutorías e prácticas. As prácticas de computación non realizadas por motivos debidamente xustificados intentarán recuperarse de acordo coa profesora e dentro do horario previsto para a materia.
2. A avaliación consistirá de dous partes (% nota final):
2.1. Avaliación continua, que consta de:
i. Tests entregados á profesora (10%)
ii. Traballo tutorías (10%)
iii. Prácticas computacionales (20%)
2.2. Exame final (60%)
O exame final incluirá unha parte de teoría e outra de computación, na que se tratarán exercicios similares aos levados a cabo durante as prácticas. Ambas as partes terán o mesmo peso na cualificación.
A nota non será menor á do exame final nin á obtida ponderándo ésta coa da avaliación continua.
No examen e nos traballos realizados ao longo do curso avaliaranse as seguintes competencias:
Clases interactivas: CB2-CB5, CT6-CT11, CE4, CE12, CE15, CE16.
Prácticas computacionais: CB2-CB5, CT6-CT11, CE4, CE12, CE15, CE16.
Examen: CB2-CB5, CT6-CT11, CE4, CE12, CE15, CE16.
Os examenes levaranse a cabo na aula de informática.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Recoméndase (como mínimo) o seguinte: 2 horas de estudo por cada hora de clase expositiva, 10 horas para a preparación da presentación das tutorías e 10 horas para o traballo asociado ás prácticas.
O alumnado debe estudar a teoría presentada en cada tema, utilizando o material posto á súa disposición no aula virtual e a bibliografía recomendada e aclarar todas as dúbidas que poidan xurdirlle respecto diso coa profesora ou os compañeiros de clase. Posteriormente debe resolver problemas relacionados coa teoría, comezando polos propostos en clase. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación para afrontar o exame final da materia. O alumnado que atope dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas debe de comentarllo á profesora, co obxectivo de que esta poida analizar o problema e axudar a resolver devanditas dificultades.
- É aconsellable asistir ás clases expositivas.
- É importante manter o estudo da materia "ao día".
- Durante o estudo dun tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando os conceptos e as ecuacións básicas, asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que estas se poden aplicar.
- A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
Pode resultar de axuda seguir estes pasos: (1) Listar toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Listar o que se debe obter. (3) Identificar os modelos e ecuacións necesarios para a resolución do problema e aplicalos correctamente. (4) Prestar atención á coherencia das unidades. (5) Revisar a consistencia do resultado final.
- Nas clases dedicadas a problemas, o alumnado debe ter os problemas resoltos con antelación e participar activamente.
- É imprescindible a preparación das prácticas antes da sua realización. Débese comezar repasando os conceptos teóricos relevantes para cada unha delas e, a continuación, ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento propostos. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada coa profesora.
Saulo Angel Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814216
- Correo electrónico
- saulo.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
| 18.12.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 3.40 |
| 20.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 3.40 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VAZQUEZ RODRIGUEZ, SAULO ANGEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VAZQUEZ RODRIGUEZ, SAULO ANGEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VAZQUEZ RODRIGUEZ, SAULO ANGEL | Castelán |