Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudo e análise do proceso informativo radiofónico en todos os seus ámbitos e fases: produción, redacción e presentación. Capacitar ao alumnado para desenvolverse no campo da información radiofónica. Coñecer como funciona unha redacción radiofónica e cales son os aspectos que inflúen e que condicionan o tratamento informativo. Coñecer as características da programación informativa radiofónica, as peculiaridades de cada modelo de programa e os elementos necesarios para deseñar un informativo.
- Coñecer o proceso de elaboración e tratamento da información radiofónica, analizando todos os pasos necesarios para facer un informativo: dirección, produción, redacción, posprodución e presentación-emisión.
- Estudo dos diferentes modelos de informativos: características de cada un. O guión e o deseño de informativos.
Estudo da información radiofónica. Características específicas da redacción radiofónica. Análise das diferentes formas de construír infórmación. Análise e estudo dos diferentes tipos de programas informativos. Tipoloxía e características dos diferentes programas informativos de radio. Técnicas de deseño, dirección, presentación, elaboración e realización de programas informativos.
Contidos teóricos
TEMA I
1.1. A redacción radiofónica nos informativos. Escribir para a radio
1.2. Estrutura e características dunha noticia estándar
1.3. Os diferentes formatos de noticias
1.4. A redundancia
1.5. O raccord
TEMA II
2.1. O informativo principal de noticias. Estrutura e características
2.2. Organigrama dunha redacción e proceso de traballo para facer un informativo. Dirección, produción, redacción, posprodución e presentación-emisión
2.3. Estrutura dun informativo radiofónico. Elementos que interveñen nun informativo. Criterios xeográficos e criterios temáticos
2.4. O guión dos informativos. Funcións do guión. Tipos de guión. O minutado
2.5. Tipos de informativos radiofónicos: segundo o formato, segundo o contido e segundo a hora de emisión
2.6. As fórmulas “Todo noticias”
TEMA III
3.1. O tratamento da información radiofónica. Características e tratamento da linguaxe informativa. O libro de estilo radiofónico
3.2. Mecanismos para o tratamento da información: a montaxe
3.3. O tratamento estético e o tratamento de contido ou informativo. Como conxugar os dous elementos
3.4. Estética sonora e estética gráfica. O tratamento visual do texto
3.5. Cómo transmitir a sensación de actualidade: as referencias horarias e o uso dos verbos. As referencias espazo-temporais no tratamento da información
TEMA IV (neste capítulo teranse en conta os contidos xa explicados na materia Produción da Información)
4.1. As fontes informativas na información radiofónica
4.2. Tipos de fontes informativas
4.3. O tratamento das fontes informativas na radio
4.4. Cómo contrastar as fontes
4.5. Diferenza entre información e opinión
4.6. As citas in voce
4.7. Outras singularidades das fontes na radio
TEMA V
5.1. Os condicionantes da información radiofónica
5.2. A censura. Mecanismos e obxectivos. Variedades e graos de censura
5.3. O contexto da información
5.4. A interpretación da realidade a través da información
5.5. Criterios para converter un feito en noticia
TEMA VI
6.1. Factores que determinan a expresividade da información radiofónica
6.2. A información radiofónica desde o punto de vista narrativo
TEMA VII
7.1. O tratamento espazo-temporal da información radiofónica
7.2. O espazo sonoro na radio
7.3. A información en directo e a información en diferido
TEMA VIII
8.1. A audiencia como destinataria da información
8.2. As distintas audiencias. Características de cada unha
8.3. A audiencia como consumidora de información. Criterio comercial
8.4. A audiencia como receptora da información. Criterio xornalístico
8.5. Educar a audiencia ou satisfacer as súas demandas
8.6. Evolución da audiencia radiofónica
TEMA IX
9.1. Os informativos como unidades especiais dentro da programación radiofónica
9.2. O informativo como unidade radiofónica autónoma
9.3. O informativo dentro da macroestrutura da programación
TEMA X
10.1. O magazine. Características e estrutura
10.2. O guión do magazine
10.3. O tratamento da información no magazine
TEMA XI
11.1. Os informativos monográficos ou especiais
11.2. Características dun informativo monográfico
11.3. Factores que xustifican a elaboración dun monográfico
11.4. Estrutura dun informativo monográfico
11.5. Cómo se prepara un informativo monográfico. Fases de investigación, documentación e selección de información
TEMA XII
12.1. O deseño de informativos
12.2. Elementos que hai que ter en conta para deseñar un informativo
Contidos prácticos
Catro informativos de media hora de duración cada un
Un monográfico dunha hora de duración
Un magazín dunha hora de duración
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, proporanse prácticas que o alumnado poda facer a distancia (on line), tanto de xeito individual como en grupo, empregando técnicas e tecnoloxías de produción da información radiofónica aplicadas a Internet, e reforzando tamén os exercicios de análise.
Bibliografía básica
BALSEBRE, A., La credibilidad de la radio informativa, Feed-Back Ediciones, Barcelona, 1994.
BALSEBRE, A.; MATEU, M., e VIDAL, D., La entrevista en radio, televisión y prensa, ed. Cátedra, Madrid, 1998.
CEBRIÁN HERREROS, M., Información radiofónica. Mediación técnica, tratamiento y programación, ed. Síntesis, Madrid, 1994.
MARTI, J. M., Modelos de programación radiofónica, Feed-Back Ediciones, Barcelona, 1993.
MERAYO PÉREZ, A., Para entender la radio. Estructura del proceso informativo radiofónico, Publicaciones Universidad Pontificia de Salamanca, 1992.
RODERO ANTON, E., Producción radiofónica, ed. Cátedra, Madrid, 2005.
SOENGAS, X., Informativos radiofónicos, ed. Cátedra, Madrid,2003.
A bibliografía complementaria constará de lecturas relacionadas coa actualidade informativa do momento.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
CT1 - Capacidade de organización e planificación
ESPECÍFICAS
CE04 - Coñecer as técnicas para a correcta redacción de textos en medios de comunicación
CE05 - Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais.
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE07 - Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia
CE08 - Aprender as técnicas narrativas do fotoperiodismo e do documental.
- Coñecer a organigrama dunha redacción radiofónica e analizar como funciona
- Familiarizarse cos elementos que interveñen no proceso informativo radiofónico, especialmente o acceso ás fontes e o seu tratamento
- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
A metodoloxía de ensinanza consta dunha combinación de clases teóricas e gravacións de informativos, nas que se poñen en práctica os coñecementos teóricos explicados na clase. Logo, a través da bibliografía, afóndase naqueles conceptos que se consideran máis importantes.
A materia consta dunha parte teórica, que se corresponde co temario oficial, e doutra parte práctica, que se compón de catro informativos de media hora de duración cada un, un monográfico dunha hora e un magazín, tamén dunha hora. Para aprobar a parte práctica é necesario realizar todos os exercicios que se programen na clase (estar presente na gravación e na súa corrección) e para superar a parte teórica haberá un exame final sobre o programa da materia e sobre a bibliografía. Amáis da bibliografía obrigatoria mencionada, se procede, na clase tamén se facilitarán textos que poidan ser necesarios para ampliar algún tema.
A parte práctica da materia supérase exclusivamente facendo todas as gravacións programadas durante o curso. Por tratarse de prácticas que, polas súas características, teñen que realizarse en grupo, non se poden recuperar logo de xeito individual. Polo tanto, os alumnos que suspendan as prácticas en xaneiro non poderán examinarse desa parte en xullo. Así, o exame de xullo só será para aqueles alumnos que únicamente teñen pendente a teoría.
A nota final será a media da teoría e das prácticas (50% cada parte).
É imprescindible facer todas as prácticas para aprobar a materia. Tamén é necesario ter aprobadas a teoría e máis a práctica para facer a media das dúas partes.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás clases interactivas porque requírense exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da Facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente con exame final.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Clases expositivas: 20 horas
Traballos con textos: 4 horas
Prácticas: 20 horas
Exame final: 1 horas
Titorias de traballos: 1,5 horas
Actividades de avaliación: 1,5 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
Lecturas recomendadas: 12 horas
Planificación, búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 50 horas
É importante asistir ás gravacións de tódolos informativos que se propoñen, pois na elaboración dos programas aplícanse os conceptos teóricos explicados na clase.
Jose Soengas Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816541
- Correo electrónico
- jose.soengas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| Mércores | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| Venres | ||
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 11.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 11.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 13.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOENGAS PEREZ, JOSE | Galego |