Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer os diferentes formatos de clasificación da información e os condicionantes dos xéneros informativos en función dos soportes impresos ou dixitais. Coñecer e analizar as estratexias de construción de cada unha das tipoloxías de información. Comprender a importancia dos tipos de información no discurso dos medios de comunicación. Interpretar e valorar as relacións entre xornalismo e literatura.
Definición dos xéneros informativos. Estrutura, tipoloxía, técnicas e características. A noticia. A reportaxe. A crónica. A entrevista informativa.
Outros xéneros informativos. Técnicas de realización e de produción de información nos xéneros informativos. Estudo en profundidade das tipoloxías e das estruturas, técnicas de preparación e realización dos xéneros informativos en medios impresos e dixitais. Teoría, técnica e tipoloxía do repertorio de formas para trasladar a información nos soportes dos medios de comunicación. Dimensión literaria dos xéneros informativos.
Contidos teóricos:
TEMA 1.Xéneros informativos
Definición xeral dos xéneros informativos; características diferenciais dos xéneros; clasificación dos xéneros; os estilos.
TEMA 2.A reportaxe
Definición e clasificación; as partes da reportaxe; técnicas de elaboración da reportaxe; tipos de reportaxe; a reportaxe na prensa actual; reporteirismo en Galicia.
TEMA 3.A crónica
Definición e clasificación; as partes da crónica; técnicas de elaboración da crónica; tipos de crónicas; a crónica na prensa actual; cronistas galegos.
TEMA 4.A entrevista
Definición e clasificación; proceso e técnicas de elaboración da entrevista; a distribución dos roles: entrevistador e entrevistado; tipos de entrevistas; a entrevista na prensa actual; presenza da entrevista na prensa galega.
TEMA 5.Novas formas e formatos para os xéneros informativos
Relacións entre xornalismo e literatura. Estilo xornalístico e estilo literario. Espazos abertos para a creación na prensa; novos e novísimos xornalismos; os novos xéneros na prensa actual; relacións entre novela negra e xornalismo.
TEMA 6.Os xéneros informativos en internet
Presenza, repercusión, formatos e novas formas de construir os xéneros nos novos soportes da información.
Contidos prácticos:
1. Prevese a formulación de un exercicio práctico sobre cada un dos contidos teóricos previstos, facendo fincapé na elaboración por parte do alumnado de, cando menos, unha reportaxe, unha entrevista, unha crónica e dous seguimentos de contidos publicados na prensa.
2. Tamén se avaliará como contido práctico a elaboración e desenvolvemento dun proxecto de publicación periódica, de forma individual ou en grupo
3. Finalmente, entrarán a formar parte dos contidos prácticos os exercicios sobre lecturas formuladas ao longo do desenvolvemento dos contidos teóricos.
4.-En definitiva, o alumno elaborará xéneros informativos para tódolos soportes, para o que deberá contar con materiais funxibles e produtos de apoio para elaborar pezas multimedia, de realidade virtual e de xestión é procesado de datos. Traballará con software para produtos multimedia e con hardware existente nas aulas de informática para producir textos, sons, imaxes e vídeos. Pode precisar apoio para algunha peza de plató. A peza final editarase e difundirase.
Bibliografía básica:
Baena Paz, G. (1993) Géneros periodísticos informativos. México D.F.: Pax México
Bernal, M. (1997) La crónica periodística (Tres aproximaciones a su estudio). Sevilla: Padilla Libros
Bernal, S. e Chillón, L. A. (1985) Periodismo informativo de creación. Barcelona: Mitre
Bezunartea, O., Del Hoyo, M. e Martínez, F. (1998) Lecciones de reporterismo. Bilbao: Universidad del País Vasco
Cantavella, J. (1996) Manual de la entrevista periodística. Barcelona: Ariel
Casasús, J. M. e Núñez Ladevéze, L. (1991) Estilo y géneros periodísticos. Barcelona: Ariel
Echevarría Llombart, B. (1998) Las w’s del reportaje. Valencia: Fundación Universitaria San Pablo CEU
Echevarría Llombart, B. (2002) Las w’s de la entrevista. Valencia: Universidad Cardenal Herrera CEU
Edo, C. (2003) Periodismo informativo e interpretativo. El impacto de Internet en las noticias, las fuentes y los géneros. Sevilla: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones
López, X. (1998) A reportaxe de prensa en Galicia. Santiago: Lea
López García, X. e Neira Cruz, X. A. (2000) "Los medios locales ante los desafíos de la red", en Ambitos, Revista Andaluza de Comunicación, n. 3, 4, Sevilla: Universidad de Sevilla
López Hidalgo, A. (1997) La entrevista periodística. Entre la información y la creatividad. Madrid: Libertarias
López Pan, F. (1996) La columna periodística: teoría y práctica. Pamplona: EUNSA
Martín Vivaldi, G. (1978) Géneros periodísticos. Madrid: Paraninfo
Neira Cruz, X. A. (2018) "Géneros periodísticos y periodismo transmedia: la preeminencia del reportaje como contenedor", en Periodismo con futuro, Oporto: Editorial Media XXI
Quesada, M. (1984) La entrevista, obra creativa. Barcelona: Mitre
Bibliografía complementaria:
Alcalde, C. (1981) Cómo leer un periódico. Barcelona: ATE
Álvarez Pousa, L. (1999) A identidade fronte á rede. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
Blanco Amor, E. (2004): Crónicas en La Nación, Vigo: Galaxia
Casais, E. e López, X. (1999) Xoves xornalistas. Crónica aberta. Santiago de Compostela: Lea
Casal González, C. (1994) A pel do xornalismo. Santiago de Compostela: Lea
Fallaci, O. (1976) Entrevistas con la historia. Barcelona: ATE
García Márquez, G. (1997) Notas de prensa. Madrid: Mondadori
Grijelmo, A. (2001) El estilo del periodista. Madrid: Taurus
Haro Tecglen, E. (1993) Qué estafa. Memorias y notas de un tiempo difícil. Madrid: El País Aguilar
Hemingway, E. (1996) La guerra, los toros, Cuba, Africa y mi mujer (los reportajes inéditos en España). Madrid: Temascinco Ediciones
Kapuscinski, R. (2000) Los cínicos no sirven para este oficio: sobre el nuevo periodismo. Barcelona: Anagrama
López García, X. (1995) Detrás da prensa popular. Santiago de Compostela: Lea
Martínez Albertos, J.L. (1989) El lenguaje periodístico. Madrid: Paraninfo
Martínez Albertos, J.L. (1997) El ocaso del periodismo. Barcelona: CIMS
Méndez Ferrín, X.L. (2001) Un escritor nos xornais. Artigos periodísticos. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela
Núñez Ladevéze, L. (1993) Métodos de redacción periodística y fundamentos del estilo. Madrid: Síntesis
Rivas Barrós, M. (2004) Un espía no reino de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
Todorov, T. (1988) Teoría de los géneros literarios. Madrid: Arco Libros
Van Dijk, T. A. (1999) Discurso y literatura: nuevos planteamientos sobre el análisis de los géneros literarios. Madrid: Visor Libros
Vilamor, J. R. (2001) Cómo escribir en Internet. Madrid: Universitas
Competencias básicas e xerais:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
Transversais:
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
Específicas:
CE04 - Coñecer as técnicas para a correcta redacción de textos en medios de comunicación
CE05 - Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais.
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE07 - Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia
CE08 - Aprender as técnicas narrativas do fotoperiodismo e do documental.
Explicación teórica do programa, lecturas obrigatorias e realización de traballos prácticos de todos os xéneros propostos no programa.
O alumnado realizará as prácticas relacionadas con cada un dos xéneros informativos que lles formulen. Proporase, asemade, a realización dun proxecto, individual ou en grupo, ao longo do curso, de dimensión teórico-práctica.
A parte teórica da asignatura avaliarase mediante unha proba escrita, realizada ao final do curso, sobre os contidos do programa. A dita proba puntuarase sobre 10. A cualificación da parte teórica suporá o 50% da nota final.
A parte práctica avaliarase a través dos traballos que realice e entregue o alumnado, segundo os criterios de avaliación establecidos e formulados na aula polo profesor. A cualificación da parte práctica suporá o 50% da nota final.
Para aprobar a asignatura é necesario superar a asignatura nas súas dúas partes. Suspender unha das partes suporá suspender a asignatura.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas: 20 horas
• Prácticas de laboratorio: 20 horas
• Traballos con textos: 4 horas
• Titorías de traballos do curso: 1,5 horas
• Actividades de avaliación: 1.5 horas
• Exame final: 1 hora
• Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
• Lecturas recomendadas: 12 horas
• Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.). Planificación e execución da prácica: 50 horas
Realización de todos os traballos prácticos propios, tendo en conta a especificidade de cada un dos xéneros informativos. Lectura de, cando menos, unha obra para cada tema da bibliografía básica recomendada.
Un excelente dominio da lingua escrita e a creatividade e capacidade de innovación á hora de formular e desenvolver os traballos previstos serán aspectos que se terán moi en conta.
Xose Antonio Neira Cruz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816531
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Luns | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| Martes | ||
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| Venres | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 09.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 09.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 11.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |