Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Establecer un marco teórico sólido que permita unha comprensión máis fonda da creación, a difusión e a recepción de propostas audiovisuais na sociedade actual. Promover no alumnado a capacidade de abstracción e o desenvolvemento de pensamento conceptual para a comprensión do fenómeno audiovisual. Indicidr na estreita conexión entre os fenómenos da comunicación audiovisual. Coñcemeento dos métodos de análise, estudo e investigación do fenómeno audiovisual,na súa dimensión histórica e na súa configuración actual. Propedéutica á investigación en comunicación: conceptualización do método científico e das diferentes liñas e escolas metodolóxicas orientadas á investigación en comunicación e a súa evolución histórica. Morfoloxía da investigación en comunicación: compoñentes e fases fundamentais. Taxonomía da investigación en comunicación: estratexias, paradigmas e técnicas de avaliación en comunicación. Praxe da investigación en comunicación: investigación aplicada ós medios e soportes impresos, sonoros e audiovisuais
Estudo das formas, procesos e estruturas da comunicación. Coñecemento do fenómeno audiovisual a xeito de representación, creación discursiva e produción simbólica nas sociedades modernas. Estudo dos métodos de investigación en comunicación. Evolución histórica.
1. A comunicación de masas e as disciplinas académicas.
Disciplinas que estudan a comunicación de masas. Definicións de comunicación de masas. A comunicación e o discurso social.
2. Comunicación, sociedade e “teorías dos medios”.
As sociedades orais. Os procesos de alfabetización. As sociedades orais modernas. As comunicacións electrónicas. A comunicación electrónica oral.
Joshua Meyrowitz e a noción de “interacción parasocial”. Comunicación e cambios de valores nas sociedades modernas: cuestións de utopía, dominio e desenvolvemento. Comunicación e comunidade segundo Kenneth Burke.
3. Masa, público e audiencia.
Multitude a masa. Público e racionalidade. O concepto de opinión pública.
Atracción da atención e organización grupal. Tipos de audiencias.
4. Modelos para o estudio da comunicación.
Conceptos fundamentais da teoría da comunicación. Comunicación e información. Canle, medio e códigos. Retroinformación.
O modelo de Shannon e Weaver. O paradigma de Lasswell. O modelo de Newcomb. O modelo de Westley e McLean. O modelo de Gerbrner. O modelo de Jakobson. O Modelo de Maletzke.
Modelos para o estudio da difusión gradual da información. O fluxo en dous banzos.
5. Evolución dos métodos de investigación.
A análise funcional da comunicación e as teorías de rango intermedio. Funcionalismo e investigacións sobre comunicación. Nocións de función e disfunón.
Estrutura e función segundo Lasswell. O desenvolvemento da análise funcional: P. F.
Lazarsfeld, R. K. Merton e Ch. Wright. A “conexión canadense”: do determinismo técnico á ironía nihilista: H. A. Innis e Marshall McLuhan.
A investigación sobre comunicacións en Europa. Os estudos de publicística e periodística. A escola de Francfort e a teoría crítica: discusión das análises funcionais. O concepto de “industria cultural”. A investigación despois da segunda guerra mundial. Os analistas pluridisciplinarios franceses. A escola semiótica italiana.
6. Medios e audiencias.
Relacións sociais e creación de significado. Investigacións sobre os efectos dos medios
de comunicación. Estudos sobre usos e gratificacións. As investigacións sobre “configuración de axendas”. A teoría da espiral de silencio. Fragmentación da audiencia e novas teorías da recepción. Teorías sobre os efectos culturais dos medios. Abraham Moles e o concepto de “cultura mosaico”. O concepto de “sociedade da información” e o novo discurso conservador estadouidense: Daniel Bell e a retórica das “contradicións culturais do capitalismo”. Medios de comunicación e cambio social.
7. Os fluxos da comunicación.
Comunicación e dominio. As raigañas imperialistas da comunicación global. As funcións das axencias internacionais e as estratexias de contención social. Exportación e importación de productos audiovisuais. O informe McBride. As directivas sobre comunicación da Comunidade Europea. Conglomerados multinacionais de información e diversión. Comunicación e colonialismo.
O xornalismo e a Declaración universal dos dereitos humanos. A “Declaración dos dereitos e obrigas dos xornalistas” de Munich. Os xornalistas e a factura das noticias. Tres tópicos actuais: sociedade postindustrial, globalización e socidedade rede.
2.2 Contidos prácticos
É requisito escribir dous comentarios sobre dous textos da bibliografía básica e tamén un ensaio breve sobre algúns dos temas da materia. Cómpre participar nos coloquios e debates sobre os textos da materia que se han desenvolver nas aulas prácticas.
Tema 1
Bennett, T. (1982a) “Media, “reality” and signification” En T. Bennett et al. (eds.) Culture, Society and the Media (pp. 287-308). Routledge.
Bennett, T. (1982b) “Theories of media, theories of society”. En Bennet et el. (eds.) Culture, Society and the Media (pp. 30-55). Routledge.
Dijk, T. A. van “Discurso, poder e acceso”, A trabe de Ouro, n. 16., 1993, pp. 11-34.
Tema 2
Ong, W. (1982) Orality and Literacy. Routledge.
Horton, R. e Wohl, R. (1956) “Mass communication and para-social interaction: Observations on Intimacy at a distance”. Psychiatry 19 (3), pp. 215-229.
Burke, K. (1984) “Two Aspects of Speech”. En Burke, K., Permanence and Change. An Anatomy of Purpose. University of Califormia Press.
Tema 3
Otero Pedrayo, R. “A masa neutral e indefrente”. En Ramón Otero Pedrayo, Prosa Miúda (pp. 69-70). Edicións do Castro.
Price, V. (1996) La opinión pública. Paidós.
Tema 4
Escarpit, R. (1977) Teoría general de la información y la comunicación. Icaria.
Rodrigo Alsina, M. (1996) Los modelos de la comunicación. Tecnos.
Tema 5
Cmiel, K. (1996) “On Cynicism, Evil and the Discovery of Communication in the 1940´s”, Journal of Communication, 46 (3).
Lasswell, H. D. (1982) “Estructura y función de la comunicación pública”. En Moragas, M. de (ed.) Sociología de la comunicación de masas (pp. 192-206). Gustavo Gili,.
Lazarsfeld, P. F. e Merton, R. K. (1982) “Medios de comunicación de masas, gustos populares y acción social organizada”. En Moragas, M. de (op. cit.),( pp. 171-191).
Wright, C. (1982) “El análisis funcional de la comunicación de masas”. En Moragas, M. de. (ed.), (op. cit.), (pp. 207-223).
Adorno, T. W. (1998a) “A teoría freudiana e o modelo da propaganda fascista”, A trabe de ouro, nº 34, pp. 11-28
(1998b) “Resumo sobre a industria culttural”, A trabe de ouro, nº34, pp. 63-68.
Tema 6
Berland, J. (2000) “Baile de anxos: as técnicas culturais e a producción do Espacio”, A trabe de ouro, nº 44, pp. 13- 31.
Blumler, J. G.. M. Gurevitch (1996) "Media Change and Social Change: Linkages and Junctures”. En J. Curran e M. Gurevitch (eds.) Mass Media and Society (pp. 120-137). Arnold.
Poster, M. (1997) “O concepto de sociedade postindustrial: Daniel Bell e o problema de retórica”, A trabe de ouro nº 31, pp. 33- 54.
Tema 7
McBride, S. (ed.) (1980) Un sólo mundo, voces múltiples. Comunicación e información en nuestro tiempo. F.C.E.
Bibliografía complementaria
Anstead, N., Fake News. Londres, Sage, 2021.
Byung-Chul Han, Infocracia, A dixitalización e a crise da democracia. Vigo, Catro Ventos Editoria, 2022.
Couldry, N., Medios de comunicación. Por qué importan. Alianza, 2021.
Harrison, J. e McKernan, L. (eds.) Breaking the News. Londres, The British LIbrary, 2022.
Iglesias, P., Medios y cloacas. Madrid, Escritos Contextatarios, 2022.
Pomerantsev, P. La manipulación de la verdad. Barcelona, RBA, 2022.
Rusbridger, A. News and How to Use it. Edinbrurgo, Canongate, 2020.
Seib, Ph. Information at War. Journalism, Disinformation and Modern Warfare. Cambridge, Polity, 2021.
BÁSICAS E XERAIS
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1- Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2- Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
CG3- Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
CT1- Capacidade de organización e planificación.
CT2- Capacidade de xestión da información.
CT3- Traballo en equipo.
CT4- Aprendizaxe autónoma.
CT5- Creatividade.
CT6- Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7-Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE22- Capacitar para a creación de estratexias efectivas de comunicación en produtos audiovisuais.
CE23- Adquirir a formación necesaria para o desenvolvemento profesional en calquera das competencias necesarias para a creación de publicidade audiovisual.
A metodoloxía combinará a lección maxistral, o estudo de casos e a apredizaxe orientada a proxectos.
A materia vai desenvolverse seguindo unha planificación secuencial. Na primeira fase, haberá aulas teóricas nas que se presentarán os tópicos fundamentais das teorías da comunicación, con especial atención a algúns textos das bibliografía básica, dos que se facilitarán traducións. Na segunda fase, combinaranse aulas explicativas con aulas de debate sobre algúns textos da bibliografía básica, por mor de facilita-la elaboración dos comentarios e ensaios que formarán parte da avaliación.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación ha facerse segundo dúas notas, correspondentes ó exame final e ós escritos do alumnado.
O exame final achega o 50% dos puntos. Os traballos escritos achegan o outro 50% da puntuación.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado que consistirá na escritura de dous comentarios de libros e outros dous de artigos da bibliografía básica. Os comentariso han presentarse antes da data de exame achegarán o cincuenta or cento da puntuación. Sexa como for, o cincuenta por cento ha avaliarse por medio de exame.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2) a simple asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, en consecuencia, a nota final do/a estudante que a cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado".
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Traballo na aula
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas.
Traballos con documentos: análises, sínteses e exposicións: 15 horas.
Exame final: 3 horas.
Total: 48 horas.
Traballo persoal
Estudo 60 horas.
Busca, rexistro e preparación de material de apoio 12 horas.
Tempo para as lecturas recomendadas 25 horas.
Preparación de presentacións orais e debates 5 horas.
Total: 102 horas.
Tempo total da materia: 150 horas.
É importante consultar todo tipo de dúbidas segundo se vaian expondo os conceptos e textos no traballo de aula. Convén moito participar nos debates e advertir tanto as interpretacións atinadas coma as erróneas que se xeren nos comentarios e discusións dos textos fundamentais
Para a escritura dos comentarios de artigos e do ensaio, convén examinar previamente tódolos materiais que se propoñen por mor de optar conscientemente por traballar sobre o tema e autores que se queiran comentar. O alumnado poderá propor comentarios de textos académicos que non aparezan no programa sempre que acheguen información sobre o programa da materia. Na escritura de ensaios e comentarios non deben evitarse nin simplificarse cuestións contorvertidas.
O contraste de interpretacións teóricas sobre as funcións dos medios de comunicación nas sociedades contemporáneas é un dos obxectivos principais da materia.
Xose Manuel Outeiriño Gallego
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816565
- Correo electrónico
- xosemanuel.outeirino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Xoves | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Venres | ||
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| 10.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| 10.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| 12.06.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL | Galego |