Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de docencia Castelán (83.33%), Galego (16.67%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Recoñecer a diversidade de linguas no mundo tanto orais como de signos
- Comprender a influencia da contorna cultural na configuración das linguas que falamos
- Expoñer unha visión propia sobre a importancia de preservar a diversidade lingüística nun contexto de globalización
- Explicar e ilustrar os diferentes modos de significar a realidade en diversas comunidades culturais
- Debater acerca da existencia de universais semánticos
- Comprender as diferenzas culturais na interacción comunicativa
- Recoñecer os factores que poden propiciar malentendidos na comunicación intercultural
SESIÓNS EXPOSITIVAS
TEMA 1. LINGUAXE E CULTURA. Distintas dimensións da linguaxe. A linguaxe como fenómeno socio-cultural. Etnolingüística e Lingüística cultural.
TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA. Clasificación das linguas. Visión panorámica das linguas orais e de signos. Xestión da diversidade lingüística
TEMA 3. COMUNICACIÓN INTERCULTURAL. Comunicación como interacción socio-cultural. Comunicación non-verbal. Pragmática intercultural. Xestión intercultural da cortesía e a conversación.
TEMA 4. REPRESENTACIÓN CULTURAL DA CONTORNA. Universais lingüísticos e relatividade lingüística. Diversidade na categorización lingüística das experiencias. Metáforas culturais.
Bibliografía básica
BERNÁRDEZ, Enrique (2016): Viaje lingüístico por el mundo. Madrid: Alianza Editorial
ESCANDELL, M. Victoria (2014): La comunicación. Lengua, cognición y sociedad. Madrid: Akal
GRUPO CRIT (2006) Culturas cara a cara. Relatos y actividades para la comunicación intercultural. Madrid: Edinumen.
HERNÁNDEZ SACRISTÁN, Carlos (1999): Culturas y acción comunicativa. Introducción a la pragmática intercultural. Valencia: Octaedro.
JUNYENT, M. Carme & Pere COMELLAS (2019): Antropología Lingüística. Madrid: Síntesis.
MORENO CABRERA, Juan Carlos (2000): La dignidad e igualdad de las lenguas: contra la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.
PALMER, Gary B. (2000): Lingüística Cultural. Tradución ao español de E. Bernárdez. Madrid: Alianza Editorial.
RAMALLO, Fernando et alii (eds.) (2000): Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais.
SAPIR, Edward (1921): El lenguaje. El lenguaje. Introducción al estudio del habla, México: Fondo de Cultura Económica, 1974. Versión galega: A linguaxe. Introdución ao estudo da fala, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago (= Clásicos do pensamento universal), 2010.
Bibliografía complementaria
AMORÓS, Carla (2014): Las lenguas en la sociedad. Madrid: Síntesis.
ASANTE, Molefi Kete et alii (eds.) (2008): The Global Intercultural Communication Reader. New York: Routledge.
BHATIA, Tej K. & William C. RITCHIE (eds.) (2013): The Handbook of Bilingualism and Multilingualism. Chichester: Blackwell.
BLOMMAERT, Jan (2010): The Sociolinguistic of Globalization. Cambridge: Cambridge University Press.
BOWE, Heather, Kilye MARTIN & Howard MANNS (eds.) (2014): Communication across cultures. Mutual understanding in a global world. Cambridge: University Press. 2ª edición.
BRADLEY, David & Maya BRADLEY (2019): Language endangerment. Cambridge: Univ. Press.
COOPLAND, Nikolas (2010): The Handbook of Language and Globalization. Chichester: Wiley Blackwell.
CRYSTAL, David (2001): La muerte de las lenguas. Madrid: Cambridge University Press.
ESCANDELL, M. Victoria et al. (2009): El lenguaje humano. Madrid: Ramón Areces
FERNÁNDEZ VÍTORES, David (2010): La Europa multilingüe: problemas y perspectivas de una Unión ampliada. Madrid: Fundamentos.
GARCÍA MARCOS, Francisco (2005): La divinidad políglota. Madrid: Octaedro.
KECSKES, Istvan & Stavros ASSIMAKOPOULOS (eds.) (2017): Current issues in Intercultural Pragmatics. Amsterdam: John Benjamins.
KOTTHOFF, Helga & Helen SPENCER-OATEY (eds.) (2007): Handbook of Intercultural Communication. Berlin: Mouton de Gruyter.
KAPLAN, Robert B. & Richard B. BALDAUF (eds.) (2005): Language Planning and Policy in Europe. Clevedon: Multilingual Matters.
LUQUE DURÁN, Juan de Dios (2004): Aspectos universales y particulares del léxico de las lenguas del mundo. Granada: Impredisur [versión en rede: http://elies.rediris.es/elies21/]
MARTI, FELIX et al. (2006): Palabras y mundos. Informe sobre las lenguas del mundo. Barcelona: Icaria.
MAY, Stephen (2001): Language and Minority Rights: Ethnicity, Nationalism and the Politics of Language. Harlow: Longman.
MAY, Stephen & Nancy HORNBERGER (eds.) (2008): Language Policy and Political Issues in Education [Encyclopedia of Language Education]. Dordrecht: Springer.
RAGA GIMENO, Francisco (2005): Comunicación y cultura. Propuestas para el análisis transcultural de las interacciones comunicativas cara a cara. Madrid/Frankfurt: Iberoamericana/Vervuert.
RODRIGO ALSINA, M. (1999): Comunicación intercultural. Barcelona: Anthropos.
SHARIFIAN, Farzard (2017): Cultural linguistics. Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins.
SHARIFIAN, Farzard (ed.) (2015): The Routledge Handbook of language and culture, London/N. York: Routledge.
SHARIFIAN, Farzard (ed.) (2017): Advances in Cultural Linguistics. Singapore: Springer
SCOLLON, Ron, Suzanne Wong SCOLLON & Rodney H. JONES (2012): Intercultural Communication: A Discourse Approach. Oxford: Wiley-Blackwell, 3ª edición.
SUE, Wright (2004): Language Policy and Language Planning, from Nationalism to Globalization. Houndmills: Palgrave Macmillan
WIERZBICKA, Anna (2003): Cross-cultural pragmatics: The semantics of human interaction. Berlin/N. York: Mouton de Gruyter.
Recursos:
- Atlas Unesco de linguas en perigo: http://www.unesco.org/new/en/culture/themes/endangered-languages/atlas-…
- Informe Unesco sobre diversidade cultural:
http://www.unesco.org/new/es/culture/resources/report/the-unesco-world-…
- Proxecto idiomas en perigo de extinción: http://www.endangeredlanguages.com/
- Comisión europea e multilingüismo: https://ec.europa.eu/education/policies/multilingualism/about-multiling…
- Centro de Lingüística Aplicada: http://www.cal.org/who-we-are
- LinguaPax: http://www.linguapax.org/es/
- World Atlas of Language Structures: http://wals.info
- http://www.ethnologue.com/
- https://glottolog.org/
- http://guide.culturecrossing.net/about_this_guide.php
- https://www.hofstede-insights.com/product/compare-countries/
CB3. Que os estudantes sexan capaces de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partir desta información, poidan emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes saiban comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados de xeito claro e sen ambigüidades.
CB5. Que os estudantes adquiran as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar a súa formación dun modo que terá que ser, en gran medida, autodirixido ou autónomo
CG4. Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional.
CT1. Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
CT2. Coñecer a norma e uso coherente, correcto e adecuado da lingua española, tanto de forma oral como escrita.
CT3. Coñecer a norma e uso coherente, correcto e adecuado da lingua galega, tanto de forma oral como escrita.
CE1. Coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial.
CE16. Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre colectivos humanos diversos.
Na modalidade semipresencial o proceso de ensino e aprendizaxe desenvolverase, fundamentalmente, a distancia e atendendo ás características da formación en remoto. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docentes e alumnado, realizaranse a través da aula do Campus virtual da USC e mediante a tecnoloxía de streaming corporativa da USC ( MSTeams).
Haberá 14 horas de docencia presencial (unha hora semanal), que se poderán seguir ou ben na aula fixada para tal fin na facultade ou mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) empregada para compartir a sesión docente. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais estarán á disposición do alumnado a través da aula virtual.
Planificaranse 12 sesións de titoría en grupo reducido destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. Estas 12 sesións de titoría programaranse en 12 semanas distintas buscando franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado. Para a realización destas titorías utilizarase a mesma tecnoloxía de streaming (MSTeams) empregada para as clases presenciais.
A través da aula virtual proporcionarase ao alumnado material de apoio e guía na adquisición de contidos: presentacións con audio explicando contidos do programa, referencias bibliográficas de lectura obrigada ou recomendada, documentos e ligazóns dixitais de interese etc. Na aula virtual tamén se poñerán á disposición do alumnado as tarefas programadas para a avaliación continua (comentarios de textos, elaboración de documentos resultado de procura de información, presentación oral de traballos etc.) e abriranse foros para o debate e a resolución de dúbidas. A través da aula virtual farase chegar a avaliación destas tarefas nun prazo non superior a un mes desde a data límite de entrega. As consultas realizadas polo alumnado serán respondidas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, a condición de que o docente non estea a gozar dalgún permiso oficial.
PRIMERA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua e o exame final complementario.
Nesta primeira oportunidade o 50% da cualificación final corresponderá á avaliación das tarefas e actividades programadas na aula virtual. Para poder desfrutar desta avaliación continua será necesario entregar, como mínimo, unha das actividades programadas en cada un dos catro temas. Neste proceso de avaliación continua os principais obxectos de valoración serán:
- A consistencia teórica e argumental, así como a corrección formal, dos traballos escritos e das exposicións orais presentados (40%).
- A actitude positiva e o esforzo por mellorar e aprender (10%).
Un 10% da cualificación final procederá da participación activa na aula virtual (consulta de recursos, participación en foros, etc.)
O outro 40% da nota final corresponderá á nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro. Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 neste exame final.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade: 40% exame, 10% valoración da participación activa na aula virtual e 50% avaliación das tarefas entregadas. Nesta segunda oportunidade o alumnado terá a ocasión de volver entregar, ou facer por primeira vez, un máximo de dúas das tarefas programadas para poder mellorar a súa cualificación no criterio de avaliación continua.
CONVOCATORIAS POSTERIORES
O alumnado repetidor, que xa cursara esta materia, será avaliado co mesmo sistema de avaliación explicado para o alumnado de primeira matrícula tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Docencia presencial: 14 horas
Titorías presenciais: 12 horas
Exame: 4 horas
Tempo dedicado a lectura e estudo persoal: 50 horas
Tempo dedicado á realización das tarefas programadas: 60 horas
Consulta e participación nas actividades da aula virtual: 10 horas
Na modalidade de docencia semipresencial resulta indispensable o traballo constante e continuo, o que obrigará a entrar na aula virtual cando menos un par de veces á semana ao longo do semestre. A lectura e estudo dos materiais proporcionados polo profesor, a participación activa nos foros e actividades abertas na aula virtual e a realización e entrega en prazo das tarefas programadas será a forma máis eficaz de lograr os obxectivos formativos. A asistencia habitual á sesión semanal de docencia presencial será moi útil para clarificar os contidos máis complexos da materia.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
Miguel González Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Iván Enríquez Martínez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982821026
- Correo electrónico
- ivan.enriquez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Luns | ||
|---|---|---|
| 18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 12.01.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| 27.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Enríquez Martínez, Iván | Castelán |
| González Pereira, Miguel | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Enríquez Martínez, Iván | Castelán |
| González Pereira, Miguel | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Enríquez Martínez, Iván | Castelán |
| González Pereira, Miguel | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Enríquez Martínez, Iván | Castelán |
| González Pereira, Miguel | Galego |