Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
.Traballar con fontes documentais literarias de todo tipo (manuscritas, hemerográficas, editoriais, arquivísticas, etc.) en soporte físico e dixital.
.Identificar, interpretar e utilizar materiais literarios galegos de todas as épocas e tipoloxías.
.Coñecer os fundamentos do mercado editorial e as fases do proceso editorial en diferentes clases de editoriais e medios.
.Posuír, en suma, un coñecemento básico e xeral que sirva de base para enfrontarse de forma autónoma a unha futura acción cultural que teña como meta o recuperar, promover, difundir, valorizar ou preservar o patrimonio literario hispánico material e inmaterial con criterios literarios científicos.
O concepto de patrimonio literario.
Texto literario oral e texto escrito.
A literatura oral como patrimonio intanxible da cultura galega.
Estudo teórico-práctico dos diversos tipos de textos escritos literarios existentes no ámbito cultural galego (manuscritos, impresos, documentos hemerográficos e textos literarios escritos de calquera categoría).
Mecanismos de creación, preservación e difusión do texto literario escrito.
Métodos, técnicas e recursos para o traballo cos diferentes tipos de materiais literarios: bibliotecas e arquivos xerais e persoais de escritores, fontes documentais dixitalizadas, hemerotecas físicas e dixitais, etc.
Procesos e exemplos de patrimonialización literaria: casas-museos de escritores, rutas literarias, etc.
Introdución ao mundo editorial galego.
O proceso de edición e as súas fases de desenvolvemento, do orixinal á edición impresa e dixital.
A revista e os procesos de xestión editorial.
O mercado editorial.
Tipoloxía dos catálogos editoriais.
Redes, canles de distribución e puntos de venda.
Os novos lectores: internet e redes sociais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Julián Martín Abad, Leonardo Romero Tobar & Nieves Iglesias, eds., Seminario de archivos personales, Madrid, Biblioteca Nacional, 2006.
Iñaki Arrieta Urtizbereai (ed.), El género en el patrimonio cultural, Bilbao, Universidad del País Vasco, 2017.
Carmen Blanco, Nais, damas, prostitutas e feirantas, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1995.
Carmen Blanco, El contradiscurso de las mujeres. Historia del proceso feminista, Editorial Nigra, Vigo, 1997.
Carmen Blanco, Sexo e lugar, Colección Universitaria, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2006.
Nicole Denoît y Catherine Douzou, eds., La résidence d'artiste, Tours, Presses Universitaires François Rabelais, 2016.
Hipólito Escobar, Historia de las bibliotecas, Madrid, Ediciones Pirámide, 1990.
Antonio Javier González Rueda, Patrimonio literario y gestión cultural: fundaciones, legados y otras tribulaciones, Jaén, Madara Editoras, 2020.
Guía de la Asociación de Casas-Museo y Fundaciones de escritores, Madrid, ACAMFE, 2002.
Nathalie de Saint-Phalle, Hoteles Literarios. Viaje alrededor de la Tierra, Madrid, Alfaguara, 1993.
Fernando Savater, Lugares con genio. Los escritores y sus ciudades, Buenos Aires, Editorial Sudamericana / Penguin Random House Grupo Editorial Argentina, 2013.
Fernando Savater & Sara Torres, Aquí viven leones. Viaje a las guaridas de los grandes escritores, Barcelona, Editorial Debate, 2015.
Francesca R. Uccella, Manual de patrimonio literario. Espacios, casas-museo y rutas, Gijón, Ediciones Trea, 2013.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Miguel Falomir (dir.), Pasiones mitológicas, Museo del Pardo, Ministerio de Cultura y Deporte, Madrid, 2021.
José Luis Puerto, La ruta imaginada. El camino de Santiago en la literatura, León, Edilesa, 2004.
Claudio Rodríguez Fer (ed.), Cátedra Valente. XX Aniversario, Santiago de Compostela, Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, 2020.
Darío Villanueva (ed.), Las huellas del camino, Biblioteca Nacional, Ministerio de Cultura y Deporte, Madrid, 2022.
BIBLIOGRAFÍA AUXILIAR
Contexto gallego-hispánico:
Eduardo Azofra Agustín & Ana Chaguaceda Toledano, La casa-museo Unamuno, Salamanca, Ediciones Universidad, 2003.
Colección Mapas Literarios, Segovia, Aventuras Literarias (Madrid de Galdós, Vetusta de Clarín, Marineda & Madrid de Pardo Bazán, Madrid de Valle-Inclán, Granada & Nueva York de Lorca).
José Montero Padilla, Antonio Machado en su Casa-Museo de Segovia, Madrid, Editorial Everest, 1979.
París-Buenos Aires. Trazando la Rayuela. Un mapa de lectura sobre la novela de Julio Cortázar, Segovia, Aventuras Literarias, 2017.
Sergio Vila-Sanjuán & Sergi Doria, Paseos por la Barcelona literaria, Barcelona, Ajuntament de Barcelona, 2017.
Contexto gallego-internacional:
Colección Mapas Literarios, Segovia, Aventuras Literarias (París de Hugo, Comuna de Rimbaud, Londres de Jane Austen, Sherlock Holmes de Conan Doyle, Mundo de Verne, Lisboa de Pessoa, Nueva York de Auster).
Guide des maisons des illustres, París, Ministère de la Cultura, 2017, ampliado en 2021.
Ian Gunn & Clive Hart, James Joyce’s Dublin: A Topographical Guide to the Dublin of Ulysses, Thames and Hudson Ltd, 2004.
Henri Raczymow, Le Paris litteraire et intime de Marcel Proust, París, Parigramme, 1997.
Hélêne Rochette, Maisons d'écrivains et d'artistes. Paris et ses alentours, París, Parigramme, 2014.
Anne Trubek, A Skeptic's Guide to Writers' Houses, University of Pennsylvania Press, 2010.
Competencias xerais
CG2.
Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
Competencias básicas
CB2.
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e teñan a capacidade de resolver problemas tanto na súa área de estudo como en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
CB3.
Que os estudantes sexan capaces de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partir desta información, podan emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
CB5.
Que os estudantes adquiran as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar a súa formación dun modo que haberá de ser, en gran medida, auto-dirixido ou autónomo.
Competencias transversais
CT1.
Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
CT2.
Coñecer a norma e uso coherente, correcto e adecuado da lingua galega, tanto de forma oral como escrita.
CG4.
Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional.
Competencias específicas
CE1.
Coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial.
CE3.
Coñecer os principais conceptos relacionados coas actuacións en materia de patrimonio e cultura, examinándoos desde unha perspectiva crítica e con miras á súa aplicabilidade no traballo cultural.
CE4.
Coñecer as posibilidades que ofrecen as linguas para a transmisión de contidos culturais, tanto na súa dimensión oral como escrita e nos distintos niveis (local, nacional e internacional) de traballo no mundo da cultura.
CE8.
Coñecer os aspectos básicos de planificación, deseño, organización e difusión de proxectos culturais, tanto no ámbito privado como no público e tanto na súa vertente física como dixital.
CE15.
Comprender o funcionamento dos repositorios culturais (museos, arquivos, bibliotecas, etc.) e aplicar os procedementos da cultura dixital á súa xestión.
Haberá 24 horas de docencia expositiva, 24 horas de docencia interactiva e 3 horas de titorías en grupo reducido.
Utilizaranse documentos bibliográficos e recursos dixitais, combinando leccións maxistrais con análises e comentario crítico de documentos. Potenciaranse discusións e debates, así como exposicións en público centradas na elaboración de proxectos e en estudos de casos concretos.
Contémplase a posibilidade de facer saídas para prácticas de campo, en coordinación co resto das materias do título, que permitan visitar e coñecer feiras, mostras e calquera evento relacionado co sector cultural. Estas saídas terían carácter opcional e non avaliable.
A materia está constituída polas clases teóricas e as interactivas e a súa avaliación será por un sistema de avaliación continua, que suporá un 60% da cualificación global. A tal fin, terase en conta a asistencia participativa nas sesións de clase, a realización de tarefas puntuais, explicadas oportunamente, así como as lecturas indicadas e os seus correspondentes controles, realizados dentro ou fóra da aula e programados con antelación. Así mesmo, prevese a realización dun traballo escrito cuxa natureza e características se precisarán oportunamente.
A nota da avaliación continuada (60% da cualificación global) mantense igualmente se o alumno realiza o exame da parte teórica tanto na primeira como na segunda oportunidade.
O 40% da nota final da materia resérvase para unha proba final escrita, centrada na parte teórica do programa, que terá lugar o día e hora establecido oficialmente polo centro, tanto na primeira como na segunda oportunidade. De modo que a cualificación final da materia será o resultado da media ponderada obtida en ambas partes 60% y 40%), tanto na primeira como na segunda oportunidade.
A asistencia é obrigatoria e axustada á Normativa da USC neste aspecto, pero no caso de existir algún impedimento para asistir ás clases (enfermidade, traballo incompatible co horario lectivo, etc.), o alumnado terá que presentar unha "Exención" de docencia para que así conste aos efectos oportunos. A avaliación neste caso seguirá os criterios xerais ou se baseará na realización dun exame co valor do 100%, adaptándose ás circunstancias e de común acordo coa persoa afectada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
As ACTIVIDADES PRESENCIAIS -sesións expositivas (24 horas), sesións interactivas (24 horas), titorías (3 horas) e avaliacións (3 horas)- supoñen un total de 54 horas de traballo de aula.
As ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS -estudo e preparación de actividades programadas (40 horas), elaboración de traballos (20), lecturas complementarias (20) e preparación de exames (20)- supoñen un total de 100 horas.
Recoméndase atención aos acordos e unha actitude activa.
LINGUA DA DOCENCIA
A lingua base da docencia (galego e/ou español) será acordada con liberdade, pola profesora e o alumnado, segundo criterios filolóxicos.
Non é preciso un dominio absoluto da lingua estándar para cursar a materia.
A profesora facilitará o proceso de mellora e aprendizaxe da lingua a través da literatura, con información e material específicos para cada caso persoal.
Carmen Blanco Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- carmen.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Martes | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Mércores | ||
| 12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 22.01.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| 09.07.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Blanco Garcia, Carmen | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Blanco Garcia, Carmen | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Blanco Garcia, Carmen | Galego |