Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer que é o xornalismo de investigación baseado en datos e dominar as habilidades necesarias para obter e procesar os datos para explicar historias. Interpretar os datos e incorporalos ao relato informativo e empregar as novas narrativas que xorden co xornalismo de datos. Divulgar a información obtida a partires do big data e transmitila como elemento de valor á sociedade. Xestionar relacións con fontes oficiais e extraoficiais e diferenciar entre datos cuantitativos e cualitativos. Comprender a estatística básica, os termos estatísticos e os tipos de variables aplicables á comunicación que poidan enriquecer a elaboración de contidos informativos. Aplicar operacións estatísticas na divulgación do xornalismo de datos. Entender a operativa do Data Hub, Data Lake e Data Warehouse. Coñecer as figuras profesionais derivadas da utilización de datos nos medios de comunicación.
Teoría e técnica do big data, da estatística, do xornalismo de datos e novas modalidades de aplicación dos datos ao traballo xornalístico. Novas narrativas e produtos informativos no xornalismo de datos. Capacidade de acceso a fontes de datos e xestión da información proporcionada. Técnicas de divulgación da información obtida a partir do big data e os macrodatos. Visión xeral da estatística e das súas técnicas como ferramentas útiles para mellorar a labor xornalística e a divulgación. Fontes recorrentes e aplicación do xornalismo de datos a todos os soportes. Novos perfís profesionais vinculados ao tratamento de datos.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. OS DATOS HOXE
1.1 Concepto
1.2 Antecedentes e evolución
1.3 A “datificación” da sociedade
1.4 A ciencia de datos
1.5 O big data (concepto, evolución e usos)
1.6 O Open Data (concepto, evolución e usos)
TEMA 2. DATOS E XORNALISMO
2.1 Os datos como fonte xornalística
2.2 Tipos de fontes de datos
2.3 O xornalismo de datos (concepto, evolución, particularidades e transformacións nas redaccións)
2.4 O proceso de traballo cos datos (procura e extracción, limpeza, selección e comunicación)
2.5 Exemplos e experiencias nos medios de comunicación
TEMA 3. EXTRACCIÓN DAS HISTORIAS TRAS OS DATOS
3.1 A estatística no xornalismo (concepto e usos)
3.2 Termos estatísticos e tipos de variables
3.3 Tipos de datos e a súa representación
3.4 A mostraxe: concepto e utilidade no xornalismo
TEMA 4. A VISUALIZACIÓN DE DATOS
4.1 Concepto e evolución
4.2 Usos no xornalismo
4.3 Formas gráficas (tipoloxías, función e capacidade comunicativa)
4.4 Exemplos e experiencias no marco do xornalismo de datos
TEMA 5. AUTOMATIZACIÓN E DATOS
5.1 A minería de datos
5.2 Algoritmos e Intelixencia Artificial no traballo cos datos
5.3 Protocolos de xestión de datos
5.4 Experiencias no ámbito do xornalismo
TEMA 6. MARCO LEGAL E ÉTICO NO TRABALLO COS DATOS
6.1 Transparencia e acceso á información
6.2 Os datos abertos
6.3 Aspectos éticos e legais
6.4 Datos e propiedade intelectual
6.5 Protección de datos e xornalismo
TEMA 7. XORNALISTAS E DATOS
7.1 Perfís profesionais no campo do xornalismo de datos
7.2 Procedementos e sistemas de traballo
7.3 Formación e habilidades necesarias
CONTIDOS PRÁCTICOS
Serán impartidos e realizados nas sesións de seminario. O alumnado realizará tarefas individuais e en conxunto dirixidas á práctica dos diferentes estadios do traballo cos datos (procura, selección e limpeza) e a súa comunicación. Tamén se empregarán estas sesións para a aprendizaxe de técnicas e ferramentas de utilidade para as diferentes fases do traballo no xornalismo de datos e na elaboración de produtos xornalísticos baseados en datos.
De xeito particular, serán realizadas tarefas como as seguintes:
- Revisión e análise de iniciativas de Open Data
- Elaboración de pezas xornalísticas baseadas en datos
- Aprendizaxe e elaboración de visualizacións de datos
- Aprendizaxe de técnicas e ferramentas para a extracción e tratamento de datos (web scrapping e follas de cálculo)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Arias, D., Sánchez García, P., & Redondo, M. (2018). El perfil del periodista de datos: formación, fuentes y herramientas. Doxa Comunicación, 27, 273-293. https://doi.org/10.31921/doxacom.n27a14
Ausserhofer, J., Gutounig, R., Oppermann, M., Matiasek, S., & Goldgruber, E. (2020). The datafication of data journalism scholarship: Focal points, methods, and research propositions for the investigation of data-intensive newswork. Journalism, 21(7), 950-973. https://doi.org/10.1177/1464884917700667
Bounegru, L., Chambers, L., & Gray, J. (Eds.). (2012). The Data Journalism Handbook 1. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/one
Bounegru, L., Chambers, L., & Gray, J. (Eds.). (2021). The Data Journalism Handbook 2. Towards a Critical Data Practice. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/two
Cairo, A. (2011). El arte funcional. Alamut.
Cairo, A. (2016). The truthful art. New Riders.
Córdoba-Cabús, A. (2020). Estándares de calidad en el periodismo de datos: fuentes, narrativas y visualizaciones en los Data Journalism Awards 2019. Profesional de la Información, 29(3), 1-11. https://doi.org/10.3145/EPI.2020.MAY.28
Crucianelli, S. (2013). ¿Qué es el periodismo de datos? Cuadernos de Periodistas. http://www.cuadernosdeperiodistas.com/que-es-el-periodismo-de-datos/
Jauset, J. A. (2013). Estadística para periodistas, publicitarios y comunicadores. Editorial UOC.
Mullor, R. (2017). Estadística básica. Publicacions de la Universitat d’Alacant.
Portilla, I. (2004). Estadística descriptiva para comunicadores: aplicaciones a la publicidad y las relaciones públicas. Ediciones Universidad de Navarra.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alcalde, I. (2015). Visualización de la información: de los datos al conocimiento. Barcelona: UOC.
la Rosa Barrolleta, L. A. (2019). Periodismo de datos: el big data como elemento diferenciador sociocultural e insuficiencia de la Ley de Transparencia en España (Universidad Carlos III de Madrid). Universidad Carlos III de Madrid. Recuperado de http://hdl.handle.net/10016/28671
López-García, X., Toural-Bran, C., & Rodríguez-Vázquez, A. I. (2016). Software, estadística y gestión de bases de datos en el perfil del periodista de datos. Profesional de la Información, 25(2), 286-294. https://doi.org/10.3145/EPI.2016.MAR.16
Ríos Insua, D., & Gómez-Ullate Oteiza, D. (Eds.). (2019). Big data: conceptos, tecnologías y aplicaciones. Madrid: CSIC.
Spiegel, M. R., & Stephens, L. J. (2002). Estadistica. México D.F.: McGraw-Hill.
Terrón Santos, D., & Domínguez Álvarez, J. L. (Eds.). (2019). Nueva regulación de la protección de datos. Y su perspectiva digital. Granada: Comares. Recuperado de http://www.aepda.es/AEPDAPublicaciones-2523-Publicaciones-de-los-miembr…
Thurman, N., Lewis, S. C., & Kunert, J. (Eds.). (2021). Algorithms, Automation, and News. New Directions in the Study of Computation and Journalism. Oxon: Routledge.
Túñez-Lopez, J. M., Toural-Bran, C., & Valdiviezo-Abad, C. (2019). Automatización, bots y algoritmos en la redacción de noticias. Impacto y calidad del periodismo artificial. Revista Latina de Comunicación Social, 74, 1411-1433. https://doi.org/10.4185/RLCS-2019-1391
Todos os recursos relacionados nesta bibliografía están dispoñibles en aberto na rede ou na rede de bibliotecas da Universidade
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Competencia contextual básica de carácter transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no ámbito da comunicación.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúe as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade de xestión da información.
CT3 - Traballo en equipo.
CT4 - Aprendizaxe autónoma.
CT5 – Creatividade.
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7 - Coñecementos básicos da profesión.
CT1 - Capacidade de organización e planificación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE20 - Formarse para o desenvolvemento da investigación científica no ámbito das ciencias sociais, especialmente no ámbito da comunicación.
CE23 - Comprender o contexto económico e político no que se desenvolve a comunicación na actualidade.
CE24 - Capacitar para a comprensión de informes e datos estatísticos para a súa interpretación nos medios de comunicación.
CE25 - Adquirir os coñecementos necesarios para comprender a dimensión da comunicación de masas.
A metodoloxía docente estará integrada polas clases expositivas (sesións teóricas), a análise e debate de casos e experiencias de traballo cos datos no eido da comunicación, as sesións prácticas, a aprendizaxe orientada a proxectos e as titorías (individuais e/ou grupais).
As sesións prácticas terán lugar na aula de informática. Os materiais técnicos que se empregarán serán o ordenador, así como diferentes ferramentas de software. Todas as ferramentas empregadas serán de software libre ou estarán dispoñibles na rede, de xeito que calquera persoa poida utilizalas. Con todo, todas elas son de uso frecuente no traballo cos datos no xornalismo.
A metodoloxía de ensinanza contempla o uso do Campus Virtual e o establecemento de canles de comunicación directa co alumnado. Estas resultan vitais para comprender a súa evolución polo transcurso da materia e para atender as súas suxestións e demandas no marco da mesma. Anímase ao alumnado a manifestar as súas dúbidas e recomendacións ao profesorado da materia a través das canles existentes.
A avaliación será continua, polo que se realizará un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumnado. Os instrumentos de avaliación serán os seguintes:
a. Exame teórico
b. Prácticas realizadas durante os seminarios
c. Participación activa e positiva nas sesións teóricas e prácticas
A nota final estará composta nun 50% pola cualificación obtida no exame teórico e nun 50% pola cualificación obtida nas actividades prácticas realizadas durante o curso. Para superar a materia é imprescindible ter unha avaliación positiva tanto na parte teórica como na práctica. Na parte práctica é necesario ter entregadas todas as actividades que se realicen.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se a/o alumna/o ten aprobada unha parte (teoría ou práctica) da materia, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os seminarios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Clases expositivas. Presentación e exposición dos temas (20 horas)
Traballos con textos: análise, síntese e discusión (5 horas)
Seminario ou prácticas na clase (15 horas)
Titorías de traballos de curso (2 horas)
Actividades de avaliación (3 horas)
Exame final (3 horas)
Estudio autónomo individual ou en grupo (45 horas)
Lecturas recomendadas (20 horas)
Preparación de presentacións orais, debates, etc. (17 horas)
Procura, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.). Planificación e execución da práctica (20 horas)
Recoméndase o traballo continuo ao longo do itinerario formativo. Os coñecementos adquiridos nas sesións teóricas terán o seu reflexo nas prácticas, que avanzarán de forma parella co obxectivo de aplicar o aprendido.
Recoméndase tamén o seguimento dos medios de comunicación e, de xeito especial, aquelas iniciativas encadradas no campo do xornalismo de datos. Identificalas e afondar no seu coñecemento resultará tamén vital para tomalas como modelos a seguir á hora de entender as súas estratexias e de afrontar o traballo cos datos no marco desta materia.
Todas as prácticas serán realizadas empregando ferramentas de acceso aberto ou accesibles mediante a conta de correo da universidade. Con todo, recoméndaselle ao alumnado o uso do seu ordenador persoal na aula ou, no seu defecto, a solicitude dun equipo de préstamo no centro.
Angel Antonio Vizoso Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816544
- Correo electrónico
- angel.vizoso [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 13:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| Mércores | ||
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| Venres | ||
| 13:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 19.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 19.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 21.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO | Galego |