Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 3 Clase Interactiva: 18 Total: 24
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O alumnado estará capacitado para concibir, planificar e executar contidos e produtos informativos en diferentes xéneros e para diversos soportes. Os resultados desta aprendizaxe serán, fundamentalmente, a elaboración práctica de contidos xornalísticos listos para a súa difusión en medios tradicionais ou en liña.
- Incorporación ás rutinas de produción dos contidos informativos
- Manexo de espazos e tempos
- Deseño e redacción informativa para diferentes soportes
- Normas de estilo, redacción e elaboración de contidos transmedia
- Produción, documentación e instrumentos de fusión de texto, imaxe e son
- Visibilización e presentación do contido informativo, segundo soporte de difusión
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Incorporación ás rutinas de produción dos contidos informativos
Manexo de espazos e tempos
1.1 Significado, orixe e retos da Narrativa Transmedia
1.2 Principios, características e tipos de Transmedia
1.3 Diferenzas entre transmedia, crossmedia e multimedia
1.4 A Web 2.0 y as converxencias empresarial e profesional
TEMA 2. Deseño e redacción informativa para diferentes soportes
Normas de estilo, redacción e elaboración de contidos transmedia
2.1 Significado e orixe do Xornalismo Transmedia
2.2 Características do novo perfil profesional
2.3 Principios transmedia no xornalismo
2.4 Xéneros do Xornalismo Transmedia
TEMA 3. Produción, documentación e instrumentos de fusión de texto, imaxe e son
Visibilización e presentación do contido informativo, segundo soporte de difusión
3.1 Como contamos a nosa historia?
3.2 A quen diriximos a nosa historia?
3.3 Como publicamos a nosa historia?
3.4 Exemplos xornalísticos significativos
3.5 Ferramentas do xornalista dixital
CONTIDOS PRÁCTICOS
1.- Elaboración da memoria dun proxecto transmedia en base aos seguintes parámetros: premisas e propósitos, audiencias, plataformas mediáticas e linguaxes, fontes e personaxes, extensións e desenvolvemento, Engagement/compromiso.
2.- Elaboración dunha reportaxe transmedia en soporte dixital, en coherencia coa planificación deseñada no primeiro exercicio.
Bibliografía básica
Cabrera, Mª. A. (2013). Evolución de los Cibermedios. De la convergencia digital a la distribución multiplataforma. Madrid: Fragua.
Cebrián Herreros, M. y Flores Vivar, J. (2011). Periodismo en la telefonía móvil. Madrid: Fragua.
Irigaray, F. (2015). Reflexiones móviles: el periodismo en la era de lamovilidad. -1a ed.- Rosario: UNR Editora. Editorial de la Universidad Nacional de Rosario, 2015.
Jaraba, J. (2014). Periodismo en Internet. Cómo escribir y publicar contenidos de calidad en la red. Barcelona: Robin Book
Porto, D., Flores, J. (2012). Periodismo transmedia: reflexiones y técnicas para el ciberperiodista los laboratorios de medios interactivos. Madrid: Fragua
Porto, D. y Flores, J. (2012) Periodismo transmedia. Madrid: Fragua.
Scolari, C. (2013), Narrativas transmedia: cuando todos los medios cuentan. Bilbao: Deusto
Bibliografía complementaria
Agirreazkuenaga, I.; Larrondo, A. (Org.). Active Audiences and Journalism. Analysis of the Quality and Regulation of the User Generated Contents. Bilbao: Servicio Editorial Universidad del País Pasco.
Barbosa, S. (2014). Jornalismo e mídias móveis no contexto da convergência. Porto: EDIPUCRS.
Barbosa, S. e Mielniczuk, L. (2013). Jornalismo e Tecnologias Móveis. Covilhã: Labcom.
Bernal, A. (2015). Herramientas digitales para periodistas. Barcelona: UOC.
Bull, A. (2015). Multimedia journalism. Londres: Routledge.
Barbosa, S.; Silva, F. y Nogueira, l. (2014). Análise da convergência de conteúdos em produtos jornalísticos com presença multiplataforma. En Pellanda, E. C.
Canavilhas, J. (2013). Notícias e Mobilidade. O jornalismo na era dos dispositivos móveis .Covilhã: Livros LabCOM.
Canavilhas, J. ; Fuente, M. L. ; Palomo, B. ; Palau, D. ; Llorca, G. y Sanchez, M. (2015). Interactivity and Neojournalism: a Professional Perspective. En: MESO, K.;
Canavilhas, J. y Satuf, I. (2015). Jornalismo para Dispositivos Móveis: Produção, Distribuição e Consumo. Covilhã: Labcom.
Gitner, S. (2015). Multimedia storytelling for digital communicators in a multiplatform world. Londres: Routledge.
Kung, L. (2015). Innovatiors in digital news. Oxford: I.B. Tauris & Coltd.
RivaS, R. (2016). La fotografía móvil. Madrid: Anaya Multimedia.
Verhoff, N. (2012). Mobile screens. The visual regime of navigation. Ámsterdam: University Press.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG03 – Analizar ou executar os procesos de produción, de xestión e de difusión do coñecemento a través de contidos informativos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 – Elaborar e xestionar contidos informativos.
CT03 – Empregar as tecnoloxías da comunicación multimedia e hipermedia.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEO-12: "Elaborar un proxecto, verificar a súa viabilidade e executalo en soportes en liña."
A metodoloxía docente combinará clases teóricas, para a explicación do contexto xeral e das ferramentas de traballo que se utilizarán para os exercicios prácticos, cun laboratorio práctico, para a creación de narrativas informativas en contextos multiplataforma utilizando como soporte prioritario o dispositivo móbil.
Tal como se recolle no apartado de "Contidos", os alumnos elaborarán unha reportaxe transmedia en soporte dixital logo de facer unha memoria dalgún proxecto xa existente destas características.
Primeira oportunidade
Tratarase dunha avaliación de carácter sumativo cos seguintes ítems:
a. Grao de coñecementos teóricos básicos sobre os temas do curso
b. Coñecementos sobre os modelos de noticias narrativas transmedia e multiplataforma
c. Capacidade de análise crítica dos estudos de caso e do propio traballo realizado
d. Capacidade de elaboración de microrrelatos informativos para dispositivos móbiles
Os instrumentos de avaliación en primeira oportunidade serán:
a. Participación activa nas clases interactivas. 20%.
b. Realización de traballos individuais. 30%.
c. Traballo final individual. 50%.
Os instrumentos de avaliación en segunda oportunidade serán:
a. Realización de traballos individuais. 30%.
b. Traballo final individual. 70%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
- Clases expositivas: 3
- Clases interactivas: 18
- Titorías en grupo: 3
- Actividades de avaliación: 2
- Traballo persoal do alumno: 49
O sistema de avaliación continua implicará traballo continuo por parte do alumno ao longo de toda a materia, así como a súa asistencia e participación dos debates orixinados na aula.
Para a elaboración dos traballos prácticos tamén é imprescindible a asistencia e o seguimento dos produtos xornalísticos transmedia que poidan inspirar ao estudante na elaboración do traballo final. Para poder ser quen de competir nun contexto que evoluciona a un ritmo veloz é necesario que o alumno se familiarice xa non só con conceptos, senón coas novas aplicacións que se lle presentan no seu quefacer profesional. Para iso, aconséllase que o estudante sexa crítico, participativo e activo.
Para estimular estas capacidades, o alumno debe seguir os principais recursos web que o profesor poña á súa disposición e estar ao tanto dos últimos informes relacionados co mercado das aplicacións móbiles, entre outros. O interese por proxectos innovadores e a lectura van ser os elementos que permitan mellorar a creatividade dos estudantes para a realización dos proxectos prácticos finais.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Alejandro Lopez Carballeira
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alopez.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| Venres | ||
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| 28.05.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 0 |
| 02.07.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 4 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |