Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 43 Clase Interactiva: 15 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os principais criterios utilizados para o deseño das formas de dosificación dos medicamentos.
- Coñecer os métodos empregados para a caracterización da estrutura da materia en estado sólido e a incidencia desta sobre os procesos implicados na elaboración de medicamentos.
- Saber caracterizar o tamaño e a forma de partículas irregulares, identificar e cuantificar as distribucións de tamaños de partícula e coñecer os criterios aos que se debe acudir para a correcta selección, en cada caso, da técnica de medida máis axeitadas.
- Coñecer as técnicas habitualmente utilizadas para caracterizar a superficie específica e a porosidade dos sólidos pulverulentos.
- Coñecer as técnicas utilizadas para a caracterización reolóxica dos sólidos pulverulentos.
- Identificar os factores que condicionan a solubilidade dos fármacos e os recursos tecnolóxicos dispoñibles para incrementala.
- Coñecer as causas de inestabilidade e o comportamento reolóxico das suspensións e das emulsiones e os recursos dispoñibles para a súa modificación con vistas á selección das sustancias auxiliares máis adecuadas en cada caso concreto.
- Identificar as características diferenciais dos sistemas coloidais con respecto aos sistemas dispersos heteroxéneos tradicionais e coñecer os procedementos de elaboración máis usuais.
Bloque 1. Introdución
Tema 1. Conceptos básicos. Sistemas farmacéuticos. Operacións básicas. Formas farmacéuticas. Fontes de información.
Tema 2. Deseño de formas farmacéuticas. Aspectos físico-químicos, tecnolóxicos e biofarmacéuticos. Paso dos medicamentos a través do organismo. Concepto e medida da biodisponibilidade.
Bloque 2. Sólidos pulverulentos
Tema 3. Caracterización estrutural de sólidos. Estrutura amorfa e cristalina. Hábito Cristalino. Solvatos e hidratos. Polimorfismo. Métodos de caracterización.
Tema 4. Análise granulométrico. Tamaño, distribución de tamaños e forma de partículas. Diámetros equivalentes. Factores de forma. Técnicas de análises granulométrico. Adquisición e preparación de mostras. Criterios de selección de métodos de análises granulométrico
Tema 5. Caracterización microestructural. Superficie específica e porosidade. Métodos de estudo
Tema 6. Reoloxía. Cohesión e xeometría de empaquetamento. Propiedades de fluxo. Deformación e fragmentación particulares. Métodos de estudo
Bloque 3. Disolucións e sistemas dispersos
Disolucións
Tema 7. Solubilidade e velocidade de disolución. Conceptos. Sistemas ideais e regulares. Solubilidade de electrolitos. Constante dieléctrica e pH. Velocidade de disolución.
Tema 8. Solubilización de Fármacos. Procedementos físico-químicos de solubilización. Procedementos químicos.
Sistemas dispersos
Tema 9 Sistemas coloidais. Clasificación. Propiedades. Formulación: aspectos críticos. Estabilidade física e estabilización de coloides. Caracterización.
Tema 10. Aspectos básicos. Fenómenos interfaciais. Tensión interfacial. Cargas eléctricas. Potencial electrocinético. Reoloxía de sistemas dispersos.
Tema 11. Suspensións. Formulación e preparación: aspectos críticos. Humectación, floculación e aglomeración. Estabilidade física e estabilización de suspensións. Controis.
Tema 12. Emulsiones. Formulación e preparación: aspectos críticos. Selección do axente emulsificante. Estabilidade física e estabilización de emulsiones. Técnicas de emulsificación. Equipos. Controis.
Básica:
Farmacia. La ciencia del diseño de las formas farmacéuticas. M.E. Aulton Ed. Elsevier. Barcelona 2004
Tecnología Farmacéutica Volumen I: Aspectos fundamentales de los sistemas farmacéuticos y operaciones básicas. J.L. Vila Jato Ed. Síntesis. Madrid 1997, págs. 69-142
Complementaria:
Physical Pharmacy, A. Martin e P. Bustamante, Ed. Lea & Febiger, Philadelphia 1993.
Techniques of solubilization of drugs (editor S.H. Yalkowsky), Ed. Marcel Dekker, New York 1981.
Real Farmacopea Española 4ª ed. Axencia Española do Medicamento. Madrid 2011
USP 31/NF 26, ed. española. United States Pharmacopeial Convention. Rockville 2008.
Coñecementos:
Con 01. Coñecer a orixe, natureza e como deseñar, obter, analizar, controlar e producir principios activos, fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
Con 03. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
Con 04. Adquirir coñecementos para deseñar, preparar, fornecer e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario.
Con 07. Coñecer, avaliar e valorar os problemas relacionados cos fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovixilancia.
Con 27. Coñecer as propiedades físico-químicas e biofarmacéuticas dos principios activos e excipientes así como as posibles interaccións entre ambos.
Con 28. Coñecer a estabilidade dos principios activos e formas farmacéuticas, así como os métodos de estudo.
Con 29. Coñecer as operacións básicas e procesos tecnolóxicos relacionados coa elaboración e control de medicamentos.
Habilidades ou destrezas:
H/D 16. Deseñar, optimizar e elaborar as formas farmacéuticas garantindo a súa calidade, incluíndo a formulación e control de calidade de medicamentos, o desenvolvemento de fórmulas magistrais e preparados oficinais.
Competencias:
Competencias Instrumentais
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp 03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 05. Habilidades básicas de manexo do ordenador.
Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 08. Toma de decisións.
Competencias interpersonais
Comp 09. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 10. Traballo en equipo.
Comp 11. Habilidades interpersoais.
Comp 16. Compromiso ético.
Competencias sistémicas:
Comp 17. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 18. Habilidades de investigación.
Comp 19. Capacidade de aprender.
Comp 27. Preocupación pola calidade.
A) Clases expositivas en grupo grande (“CE” nas táboas horarias): Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na Guía Docente da materia.
B) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios, “S” nas táboas horarias): Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc.. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houber.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade é moito máis reducido. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas lendo atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando os resultados, que serán avaliados.
E) Titorías en grupo moi reducido (“T” nas táboas horarias): Titorías programadas polo profesor. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre. Proponse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos.
A avaliación consistirá en:
a) Exame escrito (T).
O exame final da materia, que se celebrará tamén na data recollida na guía do alumno, constará de 7 preguntas que se cualificarán de 0 a 1 punto. (Cualificación máxima = 7)
b) Avaliación dos seminarios (S)
Realizaranse varios controis durante os seminarios que se cualificarán entre 0 e 2 puntos. A nota final do apartado b calcularase sumando a nota obtida nos controis realizados polo alumno dividido polo número total de controis realizados nos seminarios. (Cualificación máxima = 2)
c) Exame de prácticas (P).
Unha vez finalizadas as prácticas de laboratorio da materia, os alumnos deberán realizar un exame, que constará de 4 preguntas que se cualificarán de 0 a 0.25 puntos. (Cualificación máxima = 1)
d) Cualificación final (CF).
A cualificación final da materia obterase de acordo coa seguinte fórmula:
CF = T•F1•F2 + S + P•F2
sendo F1 un factor que vale 1 se T maior ou igual a 3.5 ou 0 se T é menor de 3.5 e F2 outro factor que vale 1 se se realizaron as prácticas de laboratorio ou 0 en caso contrario.
A materia apróbase obtendo unha nota final (CF) igual ou superior a 5.
(Nótese que para aprobar a materia, F2 debe ser igual a 1; é dicir, é imprescindible realizar as prácticas de laboratorio)
Cualificación da segunda oportunidade:
O alumno terá que realizar un exame escrito (T) que se celebrará na data recollida na guía do alumno, constará de 7 preguntas que se cualificarán de 0 a 1 punto. (Cualificación máxima = 7). O alumno manterá as cualificacións obtidas na primeira oportunidade correspondentes á avaliación dos seminarios (S) e prácticas (P). A cualificación final obterase de acordo coas formulas mencionada anteriormente (Nótese que é imprescindible ter realizadas as prácticas de laboratorio).
En caso de suspender a materia, o alumno que realizase as prácticas de laboratorio non terá que repetilas en cada novo curso académico, pero si que deberá realizar o exame de prácticas.
A avaliación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridas na materia realizarase a través das siguintes vías:
Examen teórico: Con 01, Con03, Con 04, , con 07, Con 27, Con 28, Con 29.
Avaliación das prácticas de laboratorio: Comp 09, Comp 10, Comp 11, Com 16, H/D 16,.
Aviación das clases interactivas: Comp 01, Comp 02, Comp 03, Comp 05.Comp 06, Comp 07, Comp 08, Comp 11, Com 16
As horas de traballo presencial na aula ou no laboratorio e de 60 horas.
As horas de traballo persoal do alumno e de 90 horas
É recomendable que os alumnos posúan coñecementos de Matemáticas, Química e Fisicoquímica.
Os alumnos poderán acceder ao material empregado nas clases expositivas e interactivas de seminario e laboratorio, así como ao material complementario a través da USC Virtual.
Recoméndase ao alumno asistir ás clases teóricas e seminarios para unha adecuada aprendizaxe da materia, o cal lle facilitará unha avaliación positiva da mesma.
É aconsellable o estudo diario da materia e a asistencia ás titorías para resolver as dúbidas que xurdisen.
Francisco Javier Otero Espinar
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881814878
- Correo electrónico
- francisco.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carmen Isabel Alvarez Lorenzo
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881814877
- Correo electrónico
- carmen.alvarez.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Alberto Garcia Gonzalez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881815252
- Correo electrónico
- carlos.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alvaro Goyanes Goyanes
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- alvaro.goyanes.goyanes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Isabel Rial Hermida
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- mariaisabel.rial [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
María Gónzalez Portela
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- mariagonzalez.portela [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Paola Carou Senra
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- paola.carou.senra [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Maria Carracedo Perez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- maria.carracedo.perez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Martes | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Xoves | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Venres | |||
09:00-10:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |