Obxectivos da materia
· Coñecer e comprender os conceptos e métodos propios da estatística económica descriptiva
así como a súa aplicación ao análise dos fenómenos económicos.
· Realizar análises estatísticos básicos utilizando ferramentas informáticas
· Ser capaz de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas ao análise de cada
fenómeno, así como de interpretar os resultados obtidos.
· Iniciarse na análise dos datos empíricos da realidade económica (obtención dos datos,
análise estatístico, interpretación e fiabilidade dos resultados,...) na presentación formal
do traballo realizado.
· Coñecer e avaliar as principais estatísticas existentes sobre a realidade económica.
· Desenvolver as capacidades de entendemento, razonamento, crítica e expresión oral e escrita,
a través da utilización dun léxico estatístico-económico adecuado.
Contido
TEMA 1.- INTRODUCIÓN A
1.1.- A Ciencia Estatística. Definición e contido
1.2.- Conceptos básicos na Estatística Económica
1.3.- Fontes de datos: especial referencia á mostraxe en poboacións finitas
TEMA 2.- ANÁLISE ESTATÍSTICA DUNHA VARIABLE
2.1.- Os datos estatísticos e as súas clases
2.2.- Distribucións de frecuencias
2.3.- Representacións gráficas
2.4.- Medidas que caracterizan a distribución dunha variable
2.4.1.- Medidas de posición
2.4.2.- Medidas de dispersión
2.4.3.- Medidas de forma
2.5.- Medidas de concentración
2.6.- Momentos en distribucións unidimensionais
2.7.- Aplicacións económicas
TEMA 3.- ANÁLISE CONXUNTA DE DÚAS VARIABLES
3.1.- Distribucións bidimensionais de frecuencias. Estudo das súas características
3.2.- Distribucións marxinais e condicionadas
3.3.- Momentos en distribucións bidimensionais
3.4.- Dependencia e independencia estatística
3.5.- Aplicacións económicas
TEMA 4.- AS TÉCNICAS DE REGRESIÓN E CORRELACIÓN
4.1.- Introdución ás teorías da regresión e correlación
4.2.- Regresión linear simple
4.3.- Bondade do axuste dunha regresión. Predicións. Elasticidade
4.4.- Correlación entre variables. O coeficiente de correlación linear simple
4.5.- Axustes non lineares.
4.6.- Aplicacións económicas
TEMA 5.- NÚMEROS ÍNDICES
5.1.- Definición e clasificación dos números índices
5.2.- Índices de prezos, cantidades e valor
5.3.- Propiedades dos números índices. Participación e repercusión
5.4.- Problemas na elaboración de índices complexos. Cambio de base
5.5.- Deflactación de series económicas
5.6.- Aplicacións económicas.
TEMA 6.- ESTATÍSTICAS SOCIO-ECONÓMICAS
6.1.- Índices de Prezos ao Consumo
6.2.- Índice de Prezos Industriais
6.3.- Índice de Produción Industrial
6.4.- Enquisa de Poboación Activa
6.5.- Enquisa de Presupostos Familiares
6.6.- Outros indicadores económicos
TEMA 7.- ANÁLISE CLÁSICA DAS SERIES TEMPORAIS
7.1.- Compoñentes dunha serie. Esquemas de relación
7.2.- Análise das compoñentes. Desestacionalización
7.3.- Aplicacións económicas
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica
MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004). Introducción a la Estadística Económica y Empresarial. Teoría y práctica. Thomson, Madrid.
Bibliografía complementaria
CASAS SÁNCHEZ, J. M., SANTOS PEÑA, J. (1995) Introducción a la Estadística para Economía y Administración de Empresas, vol 1. Centro de Estudios Ramón Areces, S.A., Madrid.
ESTEBAN GARCÍA, J. y otros (2005). Estadística descriptiva y nociones de probabilidad. Thomson, Madrid
MONTIEL, A.M., RIUS, F., BARÓN, F.J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Prentice-Hall, Madrid.
RUIZ MUÑOZ, D.: Manual de Estadística. Editado por eumed.net 2004. ISBN: 84-688-6153-7
https://www.eumed.net/cursecon/libreria/drm/drm-estad.pdf
TOMEO, V., UÑA, I. (2009). Estadística descriptiva. Garceta, Madrid.
https://cv.usc.es (Campus Virtual) Pode conter material de apoio segundo as indicacións de clase.
Competencias
· Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así
como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do seus coñecementos sobre a
realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
· Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co
ámbito económico-empresarial, incorporando na elaboración de xuicios e propostas as consideracións pertinentes sobre súa dimensión social, científica ou ética.
· Elementos básicos de estatística descriptiva.
· Identificar as fontes de información económica relevante e seu contido.
Metodoloxía da ensinanza
Dada a ubicación da materia no primer curso da titulación, prestase especial atención as actividades presenciais. As sesións de aula dedicadas as clases expositivas teñen como obxeto a introducción e explicación dos aspectos básicos de cada tema do programa, proporcionándolle a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo.
Nas clases interactivas pretendese que os alumnos aprendan a aplicar as técnicas estatísticas ao análise da realidade económica, diferenciando qué tipo de técnica utilizar en cada caso, cómo aplicala e qué conclusións se obteñen da análise realizada. Para elo, proporanse problemas e actividades que os alumnos deberán resolver individualmente e/ou en grupos reducidos, fomentando a cooperación e o traballo en equipo.
Cas titorías os alumnos e alumnas terán asesoramento continuo das profesoras para o desenvolvemento das actividades propostas e reolverán calquera dúbida relacionada coa materia.
As actividades programadas para ser realizadas autónomamente polo alumnado pretenden a súa iniciación na análise empírica dos fenómenos da realidade socioeconómica actual, dende un proceso de autoaprendizaxe titorizado, así como a adquisición de habilidades para elaborar e presentar os resultados dos estudios realizados.
A materia ten curso no Campus Virtual onde se poderá colocar información complementaria e material.
Idiomas de impartición: Castelán e galego
Sistema de avaliación
A avaliación da materia será do modo seguinte:
- O 70% é avaliación mediante exame final escrito.
- O 30% restante é avaliación continua en base as actividades feitas na aula no tempo de clase (controis: de participación, respostas a preguntas e cuestións de teoría e de práctica, ...), que requiren a asistencia regular as aulas para poder participar en todas elas. As indicacións sobre tipo e número de probas daránse nas clases e/ou na aula virtual da materia.
As alumnas ou alumnos que non participen en ningunha das actividades da avaliación continua poderán optar ao 100% da nota na realización do exame final.
Para aprobar, por calquera das opcións, hai que obter unha nota de 5 puntos ou máis nunha escala de 10.
A 2ª etapa de avaliación, a extraordinaria de xullo, faráse como en xaneiro ou, se renuncian a avaliación continua poden ir ao exame sobre 10.
Segundo a Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de Non presentado.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase concedida (instrucción nº 1/2017 da Secretaría Xeral) poderá obter o 100% da nota no exame oficial. O alumnado repetidor non terá diferencia con o restante.
Para presentarse aos exames hai que traer un documento identificativo de carácter oficial: DNI, Tarxeta Universitaria, pasaporte, etc.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O exame final ten lugar na data e hora que fixa a Facultade.
As actividades de avaliación continua faranse no transcurrir das clases e non teñen máis avisos que as posibles indicacións que se poderan dar nelas.
Outros matices sobre estes criterios básicos poden darse nas clases ou no curso do campus virtual como será no caso de non poder facer clases presenciais convencionais ou ter que mudar de escenario durante o curso.
Tempo de estudo e traballo persoal
A materia ten unha carga de 6 créditos ECTS, e como cada crédito estímase en 25 horas de traballo para o alumno, a carga total é de 150 horas repartidas entre horas de clase, tempo de traballo personal, horas de titorías e horas de avaliación.
As horas de clase repártense entre horas de expositiva (en grupos máis grandes), horas de interactiva (grupos máis pequenos) segundo o horario da Facultade.
O tempo de traballo personal é o que en media o alumno ten que dedicar de xeito autónomo para conquerir o aprendizaxe: preparación de clases, estudio, resolución de exercicios. O alumno pode acudir a profesora para resolver dudas, buscar orientación nas activdades da materia, etc. no tempo das titorías.
Recomendacións para o estudo da materia
A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que ista é na que se expresa a Estatística. Neste senso o alumno/a ten que facer un esforzo ao comenzo do curso habituándose ao emprego dunha linguaxe precisa.
O alumno/a debe adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa dos resultados estatísticos obtidos ou recollidos en outras fontes. O debate na aula sobre os contidos é unha ferramenta útil para a comprensión da materia.
Recomendamos estudar antes e despois de cada sesión de clase: para poder seguir as clases, para non acumular dúbidas. Igualmente facer os exercicios e tarefas que se vaian propoñendo.
Igualmente sinalamos como modo de avaliación máis axeitado a avaliación continua e solo a única para casos puntuais. A avaliación continua é un método de obter puntuación para aprobar a materia pero tamen de aprendizaxe, como contraposto a estudo de toda a materia para un exame único.
Observacións