Obxectivos da materia
Con este programa trátase de introducir ó estudante nos conceptos básicos da Álxebra
Matricial e o Cálculo Diferencial dunha variable, co obxecto de dotalo dos instrumentos
necesarios para o desenvolvemento daquelas materias que teñan un contido
cuantitativo.
Contido
ÁLXEBRA LINEAL
- Espazos vectoriais
- Matrices e aplicacións lineais
- Determinantes
- Sistemas de ecuacións lineais
CÁLCULO DIFERENCIAL
- O espazo euclídeo N-dimensional
- Funcións reais dunha variable real: límites e continuidade
- Funcións de R en R diferenciables
APLICACIÓNS AO ÁMBITO ECONÓMICO-EMPRESARIAL
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica e complementaria:
Bibliografía básica:
Manuais
- Jarne, G.; Pérez-Grasa, I.; Minguillón, E.(1997): Matemáticas para la Economía. Álgebra Lineal y Cálculo Diferencial. Editorial McGraw-Hill.
- Minguillón, E.; Pérez-Grasa, I.; Jarne, G.(2004): Matemáticas para la Economía. Álgebra Lineal y Cálculo Diferencial. Libro de ejercicios. Ed. McGraw-Hill
Libros de exercicios
-Pallas,J; Miranda, F; Ramos, A.; De Miguel, J.C.(2003): Manual de Álgebra Lineal. Tórculo Edicións.
Bibliografía complementaria:
- Alegre Escolano, P. e outros (1995), Matemáticas empresariales. Ed. AC
- Arya, Larner; Matemáticas Aplicadas a la Administración y a la Economía. Ed. Prentice-
Hall.
- Caballero, R.. e outros (1993). Métodos matemáticos para la Economía. Ed. McGraw-
Hill.
- Camacho, E. e outros (2005). Fundamentos de Cálculo para Economía y Empresa. Ed.
Delta.
- Chiang, A.C. (1987). Métodos fundamentales de Economía matemática. Ed. McGraw-
Hill.
- Jarne, G.; Perz-Grasa, I.; Minguillón, E. (1997): Matemáticas para la Economía. Álgebra
Lineal y Cálculo Diferencial. Editorial McGraw-Hill.
- López Cachero, M. (1994). Curso básico de matemáticas para la economía y dirección
de empresas II. Ejercicios. Ed. Pirámide.
-Pallas, J; Miranda, F; Ramos, A.; De Miguel, J.C. (2003): Manual de Álgebra Lineal.
Tórculo Edicións.
- Sydsaeter, K. e Hammond, P. (1998), Matemáticas para el análisis económico. Ed.
Prentice-Hall.
Nos seguintes libros disporás dunha boa e extensa selección de problemas resoltos de álxebra linear e de cálculo diferencial. -Arvesú, Marcellán, Sánchez; Problemas resueltos de Álgebra Lineal. Ed. Thomson. -García, Ruiz, Saiz; Álgebra. Teoría y Ejercicios. Ed. Paraninfo. - Calvo, Escribano, Fernández y otros; Problemas resueltos de Matemáticas aplicadas a la Economía y la Empresa. Ed, AC. -Aspectos básicos de Matemáticas para la Economía: Un texto virtual y abierto. http://eco-mat.ccee.uma.es/libro/libro.htm
Competencias
C6. Interpretar as ferramentas e técnicas cuantitativas fundamentales (matemáticas,
estatísticas, econométricas) para o diagnóstico, análise e prospección económico-
empresarial e para a toma de decisiónes.
HD2. Comunicar oralmente e/o por escrito de forma efectiva, con precisión e claridade,
co propósito de transmitir coñecementos, metodoloxías, datos, resultados, dificultades
e solucións.
HD7. Manexar distintas técnicas matemáticas, estatísticas, econométricas e programas
informáticos para a visualización, a análise e a modelización dos datos económico-
empresariais.
CP8. Xerar estudos e informes a partir da análise e a modelización de datos económico-
empresariais, empleando técnicas e ferramientas matemáticas, estatísticas e
econométricas.
CP9. Actuar con responsabilidade ética e con respeto polos dereitos e deberes
fundamentales , a igualdade de
xénero, a diversidade e os valores democráticos.
Metodoloxía da ensinanza
As metodoloxías de ensinanza son:
- Clase maxistral
- Aprendizaxe basado na capacidade de resolución de problemas
GRUPOS DOCENTES
TIPO DE GRUPO HORAS - PRESENCIALIDAD (%)
Docencia teórica 24 - 100%
Docencia interactiva seminario 26 - 100%
Titorización en grupo reducido 1 - 100%
Traballo persoal do estudante 99 - 0%
Sistema de avaliación
Estudantado sen dispensa de asistencia a clase: a cualificación desta materia obterase
mediante a suma da nota obtida na avaliación continua mais a da nota obtida nunha
proba final obrigatoria. A nota obtida na avaliación continua será acorde a participación
activa nas clases e de realización dos exercicios e traballos que no seu caso se poidan
indicar.
As distribucións parciais da puntuación global da materia serán:
Tanto 1ª como 2ª oportunidade
Avaliación Continua -------> 30%
Proba Final ----------------> 70%
Os resultados de aprendizaxe C6, HD2, HD7, CP8, CP9 valoraranse a través do traballo
na clase e da proba final obrigatoria.
Asistencia a clase: Non tera valoración.
Fraude: aplicarase a Normativa para a avaliación do rendemento académico dos
Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Dispensa: pasa a estar regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas
ensinanzas oficiais de grao e máster. Na programación debe figurar o sistema de
avaliación que se aplica ao estudantado con dispensa.
Estudantado con dispensa de asistencia a clase: o 100% da puntuación obterase na
proba final obrigatoria. Polo tanto, para os alumnos que se encontren en esta situación,
dita proba terá unha calificación máxima de 10 puntos.
Tempo de estudo e traballo persoal
HORAS PRESENCIALIDAD 50
Traballo persoal do estudante 99
Titorias en Grupo Reducido 1
Recomendacións para o estudo da materia
Como recomendacións de carácter xeral para a aprendizaxe e superación desta
materia:
- É moi importante para superar a materia que o alumno asista á clase e estude de xeito
continuado, así como que realice as prácticas correspondentes.
- Os coñecementos previos en moitos casos son imprescindibles para poder seguir as clases. Por isto é importante que antes dunha clase o alumno teña repasado pola súa conta os conceptos que se traballaron na anterior. Ademais, tamén é importante resolver puntualmente os exercicios que se propoñan. - É convinte que día a día se comprenda o explicado na propia aula ou completando co tempo de repaso que se precise, e coa axuda que se poida recibir tanto do profesor coma dos compañeiros. Debe terse en conta que preguntar na aula as dúbidas que ó alumno lle poidan xurdir durante as explicacións, realizar o traballo e os exercicios propostos, e falar cos profesores e cos compañeiros de calquera cuestión que poida xurdir durante a clase forma parte tanto dos obxectivos do curso como tamén da avaliación. - Débese aprender a diferenciar o que é propiamente estudo e memorización do que é a asimilación e comprensión do explicado. Para dominar os conceptos e as definicións non é suficiente aprendelos de memoria senón que cómpre afondar no seu significado realizando o traballo persoal correspondente.
Observacións