Créditos ECTS Créditos ECTS: 10
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 245.6 Horas de Titorías: 4 Clase Interactiva: 0.4 Total: 250
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Medicina e Cirurxía Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Ver Regulamento Estancias Clínicas
Ver Regulamento Estancias Clínicas
Competencias
Competencias Xerais
• GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
• GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
• GVUSC07. Habilidade para traballar en un contexto internacional.
• GVUSC08. Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
• GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
• GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares (saber).
• CEDVUSC 03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
• CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
• CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
• CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
• CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
• CEDVUSC 10. Coñecer as técnicas aplicables ós animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana.
• CEDVUSC 11. Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.
• CEDVUSC 13. Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión en todos aqueles campos da profesión veterinaria.
• CEDVUSC 14. Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio.
• CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do veterinario, facendo especial incidencia nos principios éticos.
• CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación
• CEDVUSC17. Coñecemento dos efectos biolóxicos das radiacións ionizantes e dos medios de radioprotección.
• CEDVUSC18. Coñecer os procedementos básicos para garantir o correcto funcionamento da actividade reprodutiva así como os procesos tecnolóxicos e os métodos para a resolución de problemas obstétricos.
Competencias Específicas profesionais (saber facer, competencias a día 1, day-one skills)
• D1VUSC 01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
• D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
• D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
• D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
• D1VUSC 05. Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonoses.
• D1VUSC 06. Atender urxencias e realizar primeiros auxilios en Veterinaria.
• D1VUSC 07. Realizar os tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais.
• D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
• D1VUSC 09. Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución de problemas obstétricos.
• D1VUSC 11. Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización.
• D1VUSC 14. Realizar análise de riscos, incluíndo os medioambientais e de bioseguridade, así como a súa valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
• D1VUSC 15. Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sustentabilidade.
• D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
• D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
• D1VUSC 18. Aplicar os coñecementos de radioprotección en aqueles procedementos diagnósticos que requiran o uso de radiacións ionizantes.
Competencias Específicas Académicas (querer facer)
• CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
• CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
• CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
• CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
• CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
• CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
• CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
• CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversales
• CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
• CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
• CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
• CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
• CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Ver Regulamento de Estancias Clínicas
O TITOR PROFESIONAL valorará o traballo e a actividade realizada polo estudante, así como o reflexo dese traballo na memoria realizada. Concretamente valorará os seguientes aspectos referidos, no seu caso, tanto as competencias xenéricas como es específicas previstas no proxecto formativo. A cualificación será de 0 a 10 puntos:
1. Capacidade técnica e de aprendizaxe: 0 a 10
2. Actitude e iniciativa de resolución: 0 a 10
3. Habilidades de comunicación (oral e/ou escrita) : 0 a 10
4. Capacidade de traballo en equipo e relación no entorno laboral: 0 a 10
5. Puntualidade: 0 a 10
Autorización de presentación da memoria ao titor académico
TITOR ACADÉMICO
Cada estudante deberá presentarlle ao titor académico unha memoria de prácticas. A memoria realizada polo alumno deberá conter unha descrición das actividades desenvolvidas e incluír os seguintes apartados: (1) Introdución na que se describa detalladamente o centro no cal se realiza a práctica; (2) Descrición da actividade desenvolvida; (3) Desenvolvemento e discusión de, polo menos, 2 casos ou actuacións clínicas ou procedementos (laboratorio, protocolos de control, etc., dependendo da práctica realizada) cunha estrutura e discusión axeitada; e (4) Valoración persoal e conclusión final da experiencia desta práctica para a formación. A memoria debe ter un máximo de 25 páxinas (excluíndo anexos), DIN A4, escrita con tipografía Times New Roman ou similares, de tamaño 11 e interliñado de 1,5. Terase en conta a redacción da mesma.
O titor académico deberá basear a súa avaliación na calidade de presentación da memoria e no grao de aproveitamento da práctica e non no número de actividades realizadas, pois o número de actividades depende do volume de traballo do centro asignado e non do estudante. La calificación será de 0 a 10 puntos.
A CUALIFICACIÓN FINAL será a media aritmética da cualificación do titor profesional e a do titor académico. Se a cualificación outorgada polo titor profesional ou polo titor académico é menor de 5 puntos a materia estará suspensa e a cualificación final será a mínima das dúas. Se a parte suspensa é a memoria valorada polo titor académico, o/a estudante poderá presentar unha nova memoria na segunda oportunidade; se a parte suspensa é o traballo de prácticas valorado polo titor profesional, o/a estudante deberá volver a matricularse de novo da materia, e volver a facer a preinscrición na Facultade.
No caso das prácticas con PDI da facultade con actividade investigadora clínica, o profesor responsable realizará as dúas valoracións como titor profesional e titor académico, seguindo os mesmos criterios sinalados anteriormente.
Traballo presencial (212.5 horas):
• Prácticas clínicas pre-profesionais: 212.5 horas
Traballo persoal do/a estudante (37.5 horas):
• Elaboración da memoria de prácticas: 37.5 h
Ver Regulamento Estancias Clínicas
PLAN DE CONTINXENCIA en caso de causa sobrevinda que provoque o cambio aos escenarios 2 ou 3.
ESCENARIO 2: Non afectan a esta materia.
ESCENARIO 3:
Duración e modalidade
1. Considéranse cursadas se o estudante completou o 50% do tempo (13 días).
2. Se a estancia foi interrompida e non é posible retomala no mesmo destino, este tempo recoñécese e acumúlase ao que queda por cumprir.
3. Se é necesario reprogramar ademais a materia Estancias non Clínicas e na Administración (ENCeA), ambas poderanse realizar nun único destino cunha duración mínima de 7 semanas. Se por razóns xustificadas non se poden completar as 7 semanas, consideraranse superadas cun 50% de finalización sobre a duración orixinal (4,5 semanas ou 23 días).
4. As estancias pódense dividir en varios períodos, segundo as necesidades dos alumnos (para facilitar a preparación de traballos, probas, exames ou TFG).
5. En casos moi excepcionais, debidamente xustificados, e previa solicitude e autorización do Comité de Prácticas Supervisadas e Prácticas Externas, as Estancias poderán ser substituídas por outra actividade equivalente.
Memorias
6. Valorarase a calidade da memoria, nunca o tempo de estancia.
7. Se as Estancias se realizasen nun único destino (segundo o punto 3), os estudantes tamén deben presentar dúas memorias, un para EC e outro para ENCeA. Neste caso, débese contactar cos coordinadores das materias para que indiquen como realizalas.
Sistema de avaliación
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que no Escenario 1
Nota: Os alumnos que tivesen que interromper as prácticas e non poidan continuar no mesmo destino, non están obrigados a realizar a memoria correspondente a ese centro (é opcional). Basta que presenten a memoria no destino onde terminan as Estancias. En caso de dúbida, contáctese co coordinador da materia.
Esta materia ten un regulamento propio no que se definen todos estes aspectos. Ver páxina Web Facultade de Veterinaria. Link actual: http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/practicas_tuteladas.html