Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Usando os coñecementos adquiridos nas materias de Microeconomía, Macroeconomía, Estatística e Econometría, pretendese profundar na comprensión de diversos aspectos que caracterizan as relacións económicas entre países ou zonas xeográficas, e que podemos agrupar en dúas categorías: i) entender os determinantes das relacións comerciais, o tipo de bens e servizos que se comercian, a súa influencia sobre o benestar relativo dos habitantes dos diferentes países ou zonas xeográficas, e os efectos da política comercial sobre todo isto; ii) estudar as implicacións financeiras da existencia de comercio entre países con diferentes moedas: a determinación das taxas de cambio e volume de comercio a curto e longo prazo, a aparición e sostibilidade de desequilibrios comerciais e financeiros co exterior, a interacción entre as políticas macroeconómicas e o comercio exterior, ou as implicacións da creación de unións monetarias.
Combinarase a presentación de teorías e modelos coa análise de datos e evidencia empírica e comentarios de textoss sobre aspectos de comercio e finanzas internacionais, interpretados á luz das teorías presentadas.
PARTE I. TEORÍA DO COMERCIO INTERNACIONAL
Prerrequisitos:
• Teoría da produción en competencia perfecta, monopolio e competencia monopolística
• Equilibrio xeral
• Teoremas fundamentais do benestar
• Estatística descritiva. Regresión Lineal
• Álxebra e cálculo
Tema 1. O modelo Ricardiano da vantaxe comparativa tecnolóxica
1.1 Entorno económico
1.2 Autarquía
1.3 O concepto de vantaxe comparativa
1.4 Comercio internacional e salarios
Tema 2. O modelo Heckscher-Ohlin da vantaxe comparativa de recursos
2.1 Modelo con dous factores
2.2 Autarquía
2.3 Comercio
2.4 Distribución da renda
2.5 Mobilidade internacional de factores
Tema 3. As empresas e o comercio intra-industrial internacional
3.1 Economías internas de escala, competencia monopolística e comercio internacional
3.2 Medición do comercio intra-industrial. A ecuación da gravedade
3.3 Deslocalización e externalización de partes da cadea de valor
PARTE II. MACROECONOMÍA INTERNACIONAL
Prerrequisitos:
• Contabilidade nacional nunha economía aberta
• Equilibrio e determinación dos tipos de cambio no modelo IS-LM dunha economía aberta (Modelo de Mundell-Fleming)
• Teoría do consumo intertemporal
• Mercado de divisas e tipos de cambio
Tema 4. A Balanza de pagamentos
4.1 Definición, evidencia empírica e desaxustes
4.2 Sostibilidade de déficits persistentes na balanza por conta corrente
4.3 Una teoría intertemporal da balanza por conta corrente
Tema 5. Tipo de cambio real e condicións de paridade
5.1 Lei de prezo único
5.2 Paridade de poder adquisitivo
5.3 Limitacións: Barreiras comerciais e bens non comerciables
5.4 Determinación do tipo de cambio real:
5.4.a Modelo con bens non comerciables
5.4.b Modelo de Balassa-Samuelson
Tema 6. Política macroeconómica e tipo de cambio nominal
6.1 Política monetaria e tipo de cambio nominal
6.2 O trilema da política monetaria
6.3 Déficit fiscal e déficit externo
6.4 Rixidez nominal, política cambiaria e desemprego
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Krugman, P. Obstfeld, M. y Melitz, M. (2016): Economía Internacional. Teoría y Política. (10ª edición), Pearson Education.
Schmitt-Grohé, S., Uribe, M. and Woodford, M. (2022): International Macroeconomics. Princeton University Press.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Feenstra, R. C. y A. M. Taylor (2011): Comercio Internacional. Editorial Reverté.
Feenstra, R. C. y A. M. Taylor (2011): Macroeconomía Internacional. Editorial Reverté.
Mankiw N. G. (2020): Macroeconomía, 10ª Edición. Antoni Bosch.
Harms, P. (2016): International Macroeconomics. Mohr Siebeck.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Posuir e comprender os coñecementos que definen á economía como disciplina científica, incluíndo ás suas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación.
• Posuir os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
• Coñecer e comprender a economía internacional: os intercambios internacionais como elemento condicionante da asignación de recursos e da estabilidade macroeconómica.
• Capacidade para entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
• Capacidade para identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
• Habilidade para aprender de xeito autónomo.
• Redactar proxectos.
Competencias específicas da materia:
• Coñecemento dos conceptos e indicadores básicos que se utilizan na análise da economía internacional.
• Dominio dos principais modelos da teoría do comercio internacional.
• Capacidade de analizar os efectos das operacións económicas internacionais.
• Capacidade de avaliar os resultados das políticas comerciais e macroeconómicas.
• Capacidade de aplicar modelos teóricos á interpretación de dados económicos.
As aulas de pizarra en grupo grande serán expositivas e consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e á resolución de problemas ou exercicios. Estas sesións estarán dedicadas a representar e explicar de forma simplificada os distintos modelos de comercio e finanzas internacionais que forman parte do programa. Usando as ferramentas matemáticas de álxebra, cálculo e optimización, así como a dedución lóxica, explicarase como manexar os diferentes modelos de cara a unha comprensión das relacións económicas internacionais. As aulas de pizarra, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito amosarlle ao estudante o método e a forma como traballa un analista económico, neste caso aplicado ao ámbito das relacións comerciais e financeiras internacionais. Estas habilidades terán que ser postas en práctica polos estudantes posteriormente nas aulas interactivas e durante o tempo dedicado a traballar de forma autónoma.
As aulas interactivas están destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios, e a analizar casos e exemplos que ilustren as teorías. Estas aulas tamén servirán para facer unha revisión dos coñecementos adquiridos, que permita a interacción de forma crítica e a discusión de dúbidas expostas polos estudantes sobre os conceptos, métodos e técnicas de análise introducidas nas aulas expositivas. En estas aulas interactivas tamén se realizará un seguimento do traballo dos estudantes con finalidade de contribuír á avaliación, mediante probas que se realizaran, na medida do posible nas aulas de informática usando a USC Virtual.
O traballo na aula combinará as exposicións teóricas nas aulas expositivas con aulas interactivas para a resolución de exercicios e a análise crítica de tales exercicios ou casos prácticos. O Traballo individual ou en grupo do estudante estará orientado a preparar o traballo da aula interactiva e afirmar e aplicar os seus coñecementos na resolución de exercicios e análise crítica de lecturas recomendadas.
Algunhas lecturas serán en Inglés.
Nas aulas interactivas o estudante terá que defender e debater o resultado dese traballo individual ou en equipo. A organización do traballo en equipo estará suxeita a regras que garantan a participación activa en todas actividades, de todos os membros de cada equipo.
Usaremos a USC Virtual como unha ferramenta de apoio para a docencia. A través da USC Virtual, os estudantes terán acceso a material de traballo e todo tipo de anuncios relevantes para a marcha do curso; realizaranse probas que servirán para a súa avaliación continua; os estudantes tamén poderán usar esta ferramenta como forma de interactuar ente eles e cos profesores.
Tamén usaremos a plataforma corporativa Teams e as súas ferramentas para comunicarnos, responder preguntas de xeito interactivo e todo tipo de actividades que fomenten a interacción dos estudantes co profesor e entre sí. Moitas destas actividades realizadas serán avaliables, o que se irá indicando sobre a marcha.
As titorías serán a través de Teams.
A cualificación final será resultado dun proceso de avaliación continua que ponderará un 40% e un exame final escrito que ponderará un 60%. A avaliación continua será resultado de promediar a nota obtida en probas escritas realizadas ao longo do curso, así como a participación na aula. Estas probas realizaranse a través da USC Virtual nas aulas de ordenadores ou, se isto non fose posible, na aula convencional mediante o uso de do teléfono móvil personal. Só se isto non fose posible, as probas realizaranse en papel. As probas escritas serán de preguntas tipo test. Serán probas cortas de un máximo de 15 minutos de duración e levaranse a cabo en horas de clase. A participación na aula requerirá participar en debates discusións, resolver exercicios, análizar datos, ou comentar textos, que serán entregados aos estudantes con antelación para que os teñan traballados no momento de realizar a proba escrita. A cualificación da avaliación continua será unha nota entre 0 e 10 que resultará de calcular a media de todas as probas realizadas (70%) e da participación na aula (30%). Tendo isto en conta, a relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación detallada, e como se vai facer o seu seguimento publicarase na aula virtual ao comezo do curso.
A nota da avaliación continua será ponderada tanto coa cualificación do exame da primeira oportunidade como do exame da segunda oportunidade. Nin a nota da avaliación continua nin a dos exames finais se conserva para cursos posteriores.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Docencia expositiva: 31 horas.
Docencia interactiva: 17 horas.
Probas de avaliación: 3 horas.
Total horas traballo presencial na aula: 51 horas.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudio autónomo individual ou en grupo: 40 horas.
Resolución de exercicios propostos, discusións ou outros traballos: 35 horas.
Preparación de probas: 15 horas.
Total horas traballo persoal do alumno: 90 horas.
Para unha comprensión adecuada dos temas, débese asistir á clase con regularidade. Despois de escoitar a presentación dun tema na clase, o alumno debe realizar os exercicios e tarefas asignadas polo profesor de xeito sistemático, sen permitir a acumulación de traballo. Isto é así porque é necesario tratar as teorías para comprender os exercicios e contribuír á súa resolución e discusión na clase.
No traballo individual ou en grupo, así como na resolución dos exercicios, é importante empregar os textos recomendados para ir ás fontes das distintas teorías e non basear o estudo na simple memorización das notas tomadas nas clases.
A elaboración dos exercicios e tarefas asignadas será de gran axuda para asimilar claramente os conceptos teóricos e poder aplicalos á comprensión de problemas empíricos específicos.
Antonio Rodriguez Sampayo
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811554
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Luns | ||
|---|---|---|
| 11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 26 |
| 17:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 22 |
| Martes | ||
| 12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
| Xoves | ||
| 15:00-16:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 22 |
| 31.05.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
| 31.05.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
| 31.05.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
| 31.05.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
| 31.05.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
| 31.05.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
| 09.07.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 08 |
| 09.07.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 08 |
| 09.07.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
| 09.07.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
| 09.07.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
| 09.07.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
| 09.07.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
| 09.07.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
| 09.07.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
| 09.07.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
| 09.07.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
| 09.07.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO | Galego |