Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 24
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia ten como obxectivo proporcionar ao alumnado unha primeira aproximación á análise económica dos eventos culturais, de xeito que os futuros egresados coñezan as principais ferramentas dispoñibles para avaliar o impacto económico e social dos eventos culturais. Os resultados de aprendizaxe esperados son:
1. Identificar os determinantes da demanda de eventos culturais por parte do público potencial
2. Coñecer o perfil do asistente (local-externo)
3. Coñecer os principais determinantes dos custes asociados a un proxecto cultural
4. Coñecer as principais estratexias de fixación de prezos de eventos culturais, especialmente nun contexto de competencia de mercado
5. Coñecer a metodoloxía da Avaliación de impacto económico a escala local e a súa aplicación a un evento cultural (impactos cuantitativos)
6. Coñecer as metodoloxías de avaliación do impacto social e cultural dun evento cultural (impactos cualitativos)
- Determinantes da demanda de eventos culturais
- Análise do perfil do demandante
- Análise da competencia no mercado de proxectos e eventos culturais
- Análise de custes e ingresos de eventos culturais. Rentabilidade económica.
- Fixación de prezos de eventos culturais. Análise da estrutura competitiva do mercado de eventos culturais
- A metodoloxía de Estudos de Impacto Económico.
- A rentabilidade social dos eventos Culturais. Do city marketing á cohesión social
- Asociación de Festivales de Música (2021). Reflexiones sobre la medición del impacto de los festivales de música.
- Krugman, P., Wells, R. y Olney, M. (2015), Fundamentos de Economía. 3ª edición, Ed. Reverté.
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: PortAmérica. Xunta de Galicia. 2018
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: Resurrection Fest. Xunta de Galicia. 2018
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: Revenidas. Xunta de Galicia. 2018
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: SinSal. Xunta de Galicia. 2018
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: SonRías. Xunta de Galicia. 2018
- Tarancón, M.A. (2003). Técnicas de Análisis Económico Input-Output. Editorial Club Universitario. Alicante.
Esta materia contribuirá a acadar as seguintes competencias recollidas na memoria do título:
CB1 - Capacidade de manexar eficientemente a información proveniente de distintos cauces para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura
CB2 - Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional
CT8 - Capacidade de análise y síntese (saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida)
CT11 - Capacidade crítica y autocrítica (ter capacidade para valorar e discutir o propio traballo)
CE33 - Adquisición da capacidade de planificación necesaria para o deseño de proxectos de xestión cultural
CE2 - Capacitación para desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade
A ensinanza combinará o traballo na aula co profesor encargado da materia co traballo autónomo por parte do alumnado. Cada semana, o profesor irá subindo á aula virtual da materia diferente material para que o alumnado poida traballar de xeito autónomo. Este material consistirá nun documento de ideas chave, un boletín de actividades e información adicional en forma de enlaces a vídeos, artigos de prensa, artigos especializados, etc.
Nas clases presenciais, que serán retransmitidas por streaming a través da plataforma Teams, o profesor repasará de xeito resumido os principais contidos da materia, e resolverá de xeito conxunto co alumnado os boletíns de actividades.
A avaliación da materia ten en conta toda as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre. A cualificación final está composta nun 40 % pola avaliación continua e nun 60% polo exame final, ambos establecidos a través de probas escritas. En calquera caso, establécese a obrigatoriedade de asistencia á sesión final de exame de xeito presencial, no día e hora fixados pola facultade, tanto na primeira como na segunda oportunidade. Este requisito é imprescindible para poder superar a materia.
A avaliación continua terá en conta o traballo desenvolvido polo alumnado nas tarefas que serán encargadas semanalmente a través da aula virtual. Estas tarefas poderán consistir na resolución de exercicios, comentario de textos ou vídeos, ou estudos de caso.
Tanto na proba final como nas actividades de avaliación continua avaliaranse as competencias: CB1, CB2, CT8, CT11, CE33 e CE2
O alumnado con dispensa de asistencia a clase realizará únicamente o examen final (100% da calificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
O tempo de estudo e de traballo por parte do alumnado que require esta materia distribúese do seguinte xeito:
- Asistencia ás clases presenciais: 6 horas
- Asistencia a seminarios: 3 horas
- Traballo autónomo e individual do alumnado: 60 horas
- Titorías e orientación: 2 horas
- Actividades de avaliación: 4 horas
Polo tanto, e seguindo co recollido na memoria de verificación do título, a carga total da materia é de 75 horas.
Recoméndase levar a materia ao día para asimilar correctamente os contidos teóricos e técnicos presentados ao longo do curso
Roberto Bande Ramudo
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 982824436
- Correo electrónico
- roberto.bande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 06.06.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| 03.07.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BANDE RAMUDO, ROBERTO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BANDE RAMUDO, ROBERTO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BANDE RAMUDO, ROBERTO | Castelán |