Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Esta materia ten como obxectivo proporcionar ao alumnado unha primeira aproximación á análise económica de datos no eido da xestión cultural, de xeito que os futuros egresados coñezan as principais fontes e ferramentas dispoñibles para avaliar o impacto socieeconómico dun proxecto cultural. Desta forma, os resultados de aprendizaxe agardados son:
1. Coñecer as principais ferramentas da análise económica.
2. Coñecer as principais fontes de información socieconómica e cultural.
3. Coñecer os distintos tipos de avaliación e as principais ténicas para levalos a cabo.
4. Analizar os custes e beneficios de todo proxecto cultural
5. Avaliar o impacto dun proxecto cultural, tanto a nivel cualitativo como cuantitativo.
6. Elaborar informes de avaliación.
Esta materia proporcional aos alumnos as ferramentas para poder avaliar dende un punto de vista socieconómico calquera proxecto cultural. A perspectiva fundamental consiste na comparación dos beneficios (económicos e sociais) e os custes (directos e de oportunidade), a partir da información proporcionada por diversos indicadores.
Os contidos son:
1. Principais conceptos: beneficios, custes, custes de oportunidade, impacto económico directo, indirecto e total, impacto social, e criterios de avaliación.
2. Fontes de información estatística.
3. Creación e selección de indicadores.
4. Metodoloxías de avaliación.
5. Elaboración de cadeas produtivas.
6. Elaboración de informes de avaliación.
Fest Galicia (varios anos): Informes de impacto. Impacto de festivales. Dispoñibles en: https://festgalicia.gal/es/informes-impacto/
Krugman, P. (2022): Fundamentos de economía. 5 ª edición. Reverté.
Núñez Alonso, F. J. (2018): De la medición del impacto a la mejora. Metodología de evaluación de eventos culturales. El caso del Festival de Cans. AGADIC.
Roselló i Cerezuela, D. (2017): Diseño y evaluación de proyectos culturales : de la idea a la acción. 10 ª edición. Ariel.
Esta materia contribúe a acadar as seguintes competencias establecidas na memoria da titulación:
CB1. Que os estudantes profunden nos coñecementos adquiridos durante la educación secundaria xeral nunha área de estudo determinado e que demostren ser orixinais no desenvolvemento e na aplicación de ideas, sobre todo en un contexto de investigación.
CB3. Que os estudantes sexan capaces de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partir desta información, poidan emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes saiban comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados de xeito claro e sen ambigüidades.
CG1. Mostrar flexibilidade e dinamismo e, polo tanto, ser capaces de adaptarse a novas
situacións, mantendo unha actitude positiva e proactiva.
CG2. Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CG3. Organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderado, e tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estrutura organizativa.
CE3. Coñecer os principais conceptos relacionados coas actuacións en materia de patrimonio e cultura, examinándoos dende unha perspectiva crítica e con miras á súa aplicabilidade no traballo cultural.
CE8. Coñecer os aspectos básicos de planificación, deseño, organización e difusión de proxectos culturais, tanto no ámbito privado como no público e tanto na súa vertente física como dixital.
CE9. Coñecer os aspectos básicos da planificación, deseño, organización e difusión de eventos culturais, , tanto no ámbito privado como no público e tanto na súa vertente física como dixital.
CE10.Xestionar os recursos humanos, materiais e económicos necesarios para a posta en marcha de proxectos e eventos culturais.
As clases expositivas (24h) consistirán en clases de pizarra en grupo , consistentes basicamente en leccións impartidas polo profesor, adicadas á exposición dos contidos teóricos da materia. Estas sesións estarán destinadas a representar e explicar de maneira simplificada os conceptos, fontes, ferramentas e metodoloxía de avaliación económica, empregando exemplo concretos para unha mellor comprensión.
As clases interactivas (24h) estarán destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios e a analizar casos e exemplos que ilustren os contidos teóricos. Estas sesións tamén servirán para familiarizarse co manexo prácticos das fontes de datos e ferramentas para a súa manipulación (en aula de informática se é posible) e como revisión global dos coñecementos adquiridos que permita a interacción en forma crítica e a discusión de dúbidas expostas polos estudantes sobre os conceptos, método e técnicas de análise introducidas nas clases expositivas.
Nas titorías presenciais dáse orientación ao alumno sobre as cuestións discutidas nas clases e sobre traballos ou exercicios que se realicen durante o curso.
A guía docente detallada do curso, na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías para cada tema, entre outros aspectos; así como os boletíns de exercicios e o resto do material de apoio que se considere oportuno, proporcionaranse a través da aula virtual do curso.
A avaliación da materia terá en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do semestre así como a participación activa. A nota final do curso estará composta por un 5% de participación activa, un 80% de avaliación continua e un 15% que corresponderá ao exame final a celebrar nas datas fixadas polo centro. O sistema de avaliación é o mesmo na primeira e na segunda oportunidade, tendo para a segunda a posibilidade de modificar/mellorar parte dos traballos entregados para avaliación continua.
A avaliación continua resultará dos resultados obtidos nas actividades e tarefas realizadas nas clases ou de forma autónoma ao longo do curso e contemplará distintos medios e modalidades de avaliación: exercicios, cuestionarios tipo test, preguntas de resposta curta, entrega e presentación de traballos. Estas cualificacións serán válidas tan só para curso vixente, e non serán gardadas para cursos posteriores. Todas as competencias sinaladas serán avaliadas no exame final así como na avaliación continua.
Ao alumnado que lle sexa concedida a dispensa de asistencia a clase, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase con un ou máis exames finais específicos que suporán o 100% da cualificación.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou calquera tipo de proba avaliable será de aplicación o recollido na "Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións".
Ademais das horas de traballo presencial, o alumno deberá dedicar 100 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), lecturas, realización de exercicios e traballos, a análise de casos, e a preparación de presentacións orais.
Sería recomendable ter coñecementos de conceptos básicos de economía a nivel de bacharelato e un nivel básico no uso de follas de cálculo.
Recoméndase levar a materia ao día para asimilar correctamente os contidos teóricos e técnicos presentados ao longo do curso e poder avanzar paseniño na realización das tarefas e traballos a avaliar.
Diana Fernandez Mendez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- di.fernandez.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 13:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Xoves | ||
| 11:00-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 22.05.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| 05.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ MENDEZ, DIANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ MENDEZ, DIANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ MENDEZ, DIANA | Galego |