Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 52 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
A micoloxía médica é a rama da medicina que estuda as enfermidades causadas por fungos. Esas enfermidades son moi frecuentes, e o seu interese abarca todas as especialidades da medicina. Ademais diso, son responsables de cadros moi graves en pacientes inmunodeprimidos.
Os fungos son un grupo de organismos o suficientemente diferentes do resto dos seres vivos para ser considerados como un reino independente, o que implica mecanismos patoxénicos peculiares, e dificultades no seu manexo terapéutico . Moitas das súas especies son capaces de causar enfermidades no home por diversos mecanismos. Ademais dos envelenamentos e intoxicacións por inxestión de basidiomicetos (cogomelos), estes inclúen a invasión de tecidos por estes patóxenos e a provocación de respostas inmunoalérxicas no hóspede.
Nesta materia, preténdese que os alumnos aprendan a identificar as enfermidades fúnxicas superficiais, subcutáneas e sistémicas máis habituais no noso país, así como as micoses de importación. Procesos todos eles, cada vez máis frecuentes na actualidade, polo aumento de circunstancias favorecedoras, como son as situacións de inmunosupresión, inmigración desde países nos que as micoses exóticas son endémicas, etc. Aprenderán os cadros clínicos, as súas claves diagnósticas, baseadas na clínica e nos datos de laboratorio, as peculiaridades da súa epidemioloxía e do tratamento médico, e en ocasións cirúrxico, que requiren eses cadros.
PROGRAMA DE MICOLOXÍA MÉDICA
1. Xeneralidades, taxonomía, semioloxía e patoxenia
2. Micoses superficiais e cutáneas:
a. Da porción extrafolicular do pelo (pedras) e Tinea nigra
b. Pitiríase versicolor , enfermidades por Malassezia.
c. Consideracións sobre as dermatofitoses e candidoses, patoxenia, etioloxía e clínica especial. Dermatomicose.
3. Profundas locorrexionais:
a. Formando tubérculos, quistes e gomas:
i. Esporotricose
ii. Tubérculos e ulceras eu- (hialo- e feohifo-) micóticos.
iii. Quistes e micetoma eumicótico.
b. Verrugosas, papilomatosas e queloidianas:
i. Cromomicoses
ii. Rinosporidioses
iii. Lobomicoses
4. Sistémicas (granulomatosas ou supurativas de comezo mucoso, cutáneo ou pulmonar):
a. Por fungos oportunistas:
i. Hialohifomicoses (Fusarium, Aspergillus, etc.).
ii. Feohifomicoses: (Alternariose, Ulocladium, etc.).
iii. Zigomicoses (Mucor, Absidia, etc.).
b. Por fungos dimorfos:
i. Criptococose
ii. Paracoccidioidomicose
iii. Penicilinose
iv. Blastomicose
v. Coccidioidomicose
vi. Histoplasmose
5. Terapéutica
6. Micotoxicose
Micoloxía clínica. Guillermo Quindós Andrés (dispoñible na Biblioteca da Facultade de Medicina)
Versión electrónica: http://tienda.elsevier.es/micologia-clinica-pb-9788490225943.html
Deberá ter coñecementos teóricos da micoloxía xeral e en especial das especies capaces de causar enfermidades infecciosas.
Coñecer como se realiza unha historia clínica orientada á patoloxía fúnxica, que conteña toda a información relevante. Para iso deberá saber escoitar con atención, obter e sintetizar información acerca dos problemas que afectan ao enfermo, e comprender o contido desta información, para redactar a historia clínica de forma comprensible.
Recoñecer e saber describir os principais cadros clínicos, manexo de espécimes para cultivo, procedementos rutineiros de identificación no laboratorio, valoración adecuada dos resultados obtidos, elección do tratamento oportuno para cada caso, e, seguimento adecuado dos pacientes.
De acordo coa docenza impartida nos anos precedentes, o alumno deberá ter coñecementos teóricos da micoloxía xeral e en especial das especies capaces de causar enfermidades infecciosas.
A avaliación da aprendizaxe realizarase mediante un exame tipo oral que constará dunha proba teórica de 20-30 preguntas, debendo obter 5 puntos no total pra obtelo aprobado.
Os exames realizáranse nas convocatorias oficiais.
Materia extinta
Materia extinta
Materia extinta
Manuel Pereiro Ferreiros
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Dermatoloxía
- Teléfono
- 881812250
- Correo electrónico
- manuel.pereiro.ferreiros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PEREIRO FERREIROS, MANUEL | Galego |