-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Dereito Público Especial e da EmpresaÁreas:
Dereito do Traballo e da Seguridade SocialCentro
Facultade de Relacións LaboraisConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Coñecemento e comprensión dos seguintes aspectos xurídicos relacionados coa prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas, organización da prevención, participación das persoas traballadoras e sistema de responsabilidades.
De acordo cos contidos que figuran na Memoria do Título de Graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos da USC, o programa da materia é o seguinte:
LECCIÓN 7. DEREITOS E OBRIGAS (I)
1. A obriga xenérica do empresario de protección contra ós riscos laborais: 1.1. Características; 1.2 Principios de acción preventiva na empresa.-2. Obrigas e responsabilidades dos traballadores.
LECCIÓN 8. DEREITOS E OBRIGAS (II): OBRIGAS ESPECÍFICAS DO EMPRESARIO
1. Plan de prevención de riscos laborais, avaliación de riscos e planificación da actividade preventiva.- 2. Equipos de traballo e medios de protección.- 3. Información, consulta e participación dos traballadores en materia preventiva.- 4. Formación dos traballadores en materia preventiva.- 5. Medidas de emerxencia.- 6. Actuación en situacións de risco grave e inminente.- 7. Vixilancia da saúde.- 8. Documentación.- 9. Coordinación de actividades empresariais.- 10. Deberes fronte á persoas incluídas en grupos especiais de riscos.
LECCIÓN 3ª. A ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE PREVENTIVA NA EMPRESA
1. Funcións técnico-preventivas e niveis de cualificación.- 2. Modalidades de organización preventiva empresarial: 2.1. Asunción persoal por parte do empresario da actividade preventiva; 2.2. Designación de traballadores; 2.3. Servizo de prevención propio; 2.4. Servizos de prevención alleos; 2.5. Servizos de prevención mancomunados.- 3. Referencia ós recursos preventivos.- 4. A auditoría do sistema de prevención.
LECCIÓN 4ª. A PARTICIPACIÓN DOS TRABALLADORES NA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
1. O dereito á información, consulta e participación dos traballadores.- 2. Representación especializada no campo da prevención de riscos laborais: 2.1. Delegados de Prevención; 2. Comité de Seguridade e Saúde.
LECCIÓN 5ª. O SISTEMA DE RESPONSABILIDADES EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
1. O sistema de responsabilidades: 1.1. Responsabilidade administrativa; 1.2. Responsabilidade penal; 1.3. Responsabilidade civil; 1.4. Recargo de prestacións.
LECCIÓN 6ª. A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN SECTORES ESPECÍFICOS
LECCIÓN 7ª. INTRODUCCIÓN ÁS DISCIPLINAS PREVENTIVAS
1. A Seguridade no traballo.- 2. A Hixiene industrial.- 3. A Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada.- 4. A Medicina do traballo.Para o estudo da materia recoméndase ter dispoñibles e manexar os manuais que abordan os temas tratados polo programa, incluídos os que se indican a continuación:
- María Teresa IGARTUA MIRÓ: “Sistema de prevención de riesgos laborales”, editorial Tecnos (última edición).
- Beatriz RODRÍGUEZ SANZ DE GALDEANO, Ana Belén MUÑOZ RUIZ (directoras): “Guía práctica de prevención de riesgos laborales”, editorial Cinca (última edición).
- José Ignacio GARCÍA NINET (director): “Manual de Prevención de Riesgos Laborales. Seguridad, higiene y salud en el trabajo”, editorial Atelier (última edición).
- Tomas SALA FRANCO: “Derecho de la Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
- Juan LÓPEZ GANDÍA, José Francisco BLASCO LAHOZ, “Curso de Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
- Amanda MORENO SOLANA (directora) “Esquemas de Seguridad y Salud en el Trabajo”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
É esencial manexar a lexislación actualizada sobre prevención de riscos laborais.Xerais:
-Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
-Aplicar o razoamento crítico na análise dun determinado asunto ou tema.
-Traballar individualmente e en grupo.
Específicas:
- Coñecer, comprender e valorar as obrigas dos distintos suxeitos relacionados coa prevención de riscos laborais, aplicando a normativa pertinente.
- Coñecer e comprender os dereitos e obrigas dos traballadores.
- Coñecer e aplicar correctamente as actividades preventivas esixidas pola lexislación de prevención.
- Coñecer e aplicar os plans de prevención de riscos laborais, así como os seus elementos.
- Identificar e coñecer os distintos sistemas de avaliación de riscos laborais.
- Coñecer os obxectivos da planificación preventiva.
- Coñecer e comprender as distintas modalidades de organización da prevención, os seus requisitos e as súas correspondentes esixencias legais
- Coñecer as diversas especialidades que integran os servizos de prevención, así como a formación requirida para acceder ás devanditas especialidades.
- Coñecer e planificar as actividades básicas dos servizos de prevención.
- Coñecer os mecanismos de participación dos traballadores e planificar e deseñar as actividades propias dos órganos de consulta e participación dos traballadores.
- Coñecer, aplicar e interpretar as diversas responsabilidades que se deriven o incumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
- Coñecer, valorar e interpretar as obrigacións en prevención en diversos sectores de actividade e fronte a riscos concretos.
- Coñecer as distintas disciplinas preventivas (Seguridade no traballo, Hixiene industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada, Medicina do traballo).A metodoloxía de ensino-aprendizaxe combina clases teóricas (docencia expositiva) e clases prácticas (docencia interactiva).
As clases teóricas están dedicadas á presentación e explicación das diferentes leccións do programa e adoptarán a forma de clases maxistrais. Avanzarase na explicación das distintas leccións, prestando especial atención á presentación dos problemas prácticos dos temas tratados. A explicación oral do profesor reforzarase coa proxección de presentacións esquemáticas que se colgarán no campus virtual. Estas presentacións son guións de estudo e están destinadas a axudar ó estudantado a seguir a explicación, pero, en ningún caso, son suficientes para aprobar a materia.
As clases interactivas dedicaranse a resolver casos prácticos sobre os problemas máis recentes relacionados coas leccións teóricas e fomentarase a discusión na clase. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) utilizaranse no ensino, co obxectivo de promover a participación activa dos estudantes e para facerlles preguntas sobre os temas abordados. Do mesmo xeito, o alumnado terá que facer unha exposición oral en grupo sobre un aspecto específico do programa, que será asignado polo docente.
O campus virtual da USC actuará como elemento de apoio á docencia, xa que se colgarán as presentacións preparadas polo profesor, os casos prácticos que se resolverán nas clases interactivas e o resto dos materiais que se empregarán na materia. Así mesmo, utilizarase como medio de comunicación preferente co estudantado.O sistema de avaliación da adquisición das competencias combina un exame final cunha avaliación continua ou formativa ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, segundo as seguintes porcentaxes:
- Exame final de resposta múltiple escrito: 70% da nota.
- Traballo do alumnado durante o curso (participación activa nas clases teóricas e prácticas -non basta a mera asistencia-, resolución de casos prácticos, cuestionarios, exposicións orais, e demais actividades que se realicen): ata un máximo do 30% da nota. Esta puntuación só se terá en conta se o alumnado obtén, cando menos, un 5 no exame final escrito.
Réxime para o alumnado con concesión de exención de docencia : sempre que superasen o exame final escrito, poderán obter ata un máximo de 3 puntos, pola realización de actividades, traballos e supostos prácticos que se propoñan.Considérase necesario adicar un total de 99 horas de traballo persoal paar a preparación da materia.
A ausencia á clase, non realizar actividades docentes programadas e deixar o estudo da materia para o final limita extraordinariamente as posibilidades de superala.
-
Lourdes Mella Mendez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814721
- Correo electrónico
- lourdes.mella@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Silvia Fernandez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814767
- Correo electrónico
- silviafernandez.martinez@usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Barbara Torres Garcia
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Correo electrónico
- barbara.torres.garcia@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Mércores 09:00-11:00 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Castelán Aula 6 15:00-17:00 Grupo B - horario de tarde (A-L) Castelán Aula 6 Exames 19.05.2025 16:30-19:30 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Aula 3 19.05.2025 16:30-19:30 Grupo B - horario de tarde (A-L) Aula 3 19.05.2025 16:30-19:30 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Aula 5 19.05.2025 16:30-19:30 Grupo B - horario de tarde (A-L) Aula 5 19.05.2025 16:30-19:30 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Aula 6 19.05.2025 16:30-19:30 Grupo B - horario de tarde (A-L) Aula 6 23.06.2025 09:30-12:30 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Aula 3 23.06.2025 09:30-12:30 Grupo B - horario de tarde (A-L) Aula 3 23.06.2025 09:30-12:30 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Aula 5 23.06.2025 09:30-12:30 Grupo B - horario de tarde (A-L) Aula 5 23.06.2025 09:30-12:30 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Aula 6 23.06.2025 09:30-12:30 Grupo B - horario de tarde (A-L) Aula 6