Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Familiarizar aos estudantes coas principais correntes, escolas e autores da filosofía contemporánea.
• Dar a coñecer as fontes da Filosofía contemporánea e a bibliografía recente.
• Adestrar na capacidade para ler as obras dos autores máis sobranceiros do período contemporáneo.
• Dar a coñecer o pensamento e a obra de autores clásicos do século XX pertencentes ás seguintes correntes filosóficas contemporáneas:
Fenomenoloxía
Existencialismo
Estruturalismo e Posestruturalismo
Teoría Crítica
• Mellorar as destrezas na comunicación oral e escrita.
Tema 1. E. Husserl e o movemento fenomenolóxico.
Tema 2. Da fenomenoloxía ao “existencialismo”: M. Heidegger.
Tema 3.: Estruturalismo e Postestruturalismo filosófico: J. Derrida e J. Butler
Tema 4. A Teoría Crítica: Max Horkheimer e Theodor Adorno.
1) BÁSICA (Fontes)
Arendt, Hannah: La condición humana, Paidós, Barcelona, 1998.
Arendt, Hannah: Los orígenes del totalitarismo, Taurus, Madrid, 1974.
Husserl, E.: La idea de la Fenomenología, FCE Madrid 1982.
Husserl, E.: La crisis de las ciencias europeas, Ed. Crítica, Barcelona.
Heidegger: El ser y el tiempo, Ed. Trotta, Madrid 2003.
Heidegger, M.: Carta sobre el humanismo, Alianza Editorial, Madrid.
Heidegger, M.: Arte y poesía, FCE, México.
Derrida, J.: La deconstrucción en las fronteras de la filosofía, Ed. Paidós, Barcelona 1989.
Derrida, J.: Márgenes de la Filosofía, Ed. Cátedra, Madrid 1988.
Horkheimer, M.: Teoría crítica, Ed. Seix Barral, Barcelona 1973.
Lyotard, J.-F.: La condición posmoderna, Ed. Cátedra, Madrid 1984.
Stein, Edith.: La filosofía existencial de Martin Heidegger, Trotta, Madrid, 2010.
Stein, Edith.: Ser finito y ser eterno: ensayo de una ascensión al sentido del ser, Fondo de Cultura Económica, México, 1996.
Vattimo, G. (ed.): El pensamiento débil, Ed. Cátedra, Madrid 1988.
Butler, J. Sujetos de deseo: Reflexiones hegelianas en la Francia del siglo XX (1987).
__ El género en disputa: El feminismo y la subversión de la identidad (1990).
__ Cuerpos que importan: Sobre los límites materiales y discursivos del sexo (1993).
b) Monografías
Agís Villaverde, M.: Camiñantes: Un itinerario filosófico, Ed. Galaxia, Vigo 2009 (trad. esp. Caminantes. Un itinerario Filosófico, Ed. Fundación E. Mounier, Madrid 2011).
__________: Introducción a la historia de la filosofía: autores y textos, UNED, Pontevedra 2018.
__________: Historia de la hermenéutica. Devenir y actualidad de la filosofía de la interpretación, Editorial Sindéresis 2020.
Alder, Laure: Hannah Arendt, Destino, Barcelona, 2006.
Bengoa Ruíz de Azúa: De Heidegger a Habermas. Ed. Herder, Barcelona.
Feldmann, Ch.: Edith Stein: judía, filósofa y carmelita, Herder, Barcelona, 2009.
Hernández Pacheco, J.: Corrientes actuais de la filosofía. La escúela de Francfort. La filosofía hermenéutica, Tecnos, Madrid 1996.
Lyotard, J.-F.: La Fenomenología, Paidós, Barcelona 1989.
Rodríguez, Ramón: Heidegger y la crisis de la modernidad, Ed. Síntesis Madrid 2006.
San Martín, J.: La estructura del método fenomenológico, UNED, Madrid 1986.
Peretti, C.: Jacques Derrida: Texto y deconstrucción; Ed. Anthropos, Barcelona.
Bolivar Botia, A.: El estructuralismo: de Levi-Strauss a Derrida, Ed. Cincel, Madrid.
De Mauro Rucovsky, Mauro A. Materialidad y cuerpo sexuado en Judith Butler y Paul B. Preciado, Egales, Madrid/Barcelona, 2016.
Femenías, Mª Luisa Judith Butler: Introducción a su lectura, Catálogos, Buenos Aires, 2003.
Kirby, Vicki Judith Butler: Pensamiento en Acción, Bellaterra, Barcelona, 2011.
3.2. Competencias xerais
• CX1. Que os/as graduados/as comprendan os movementos filosóficos máis relevantes do século XX e aos seus principais autores.
• CX2. Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
• CX5. Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
• CX6. Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
3.3. Competencias transversais
• CT1. Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
• CT2. Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
• CT3. Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
• CT4. Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
3.4. Competencias específicas.
• CE1. Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas.
• CE2. Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
• CE3. Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
• CE6. Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
• CE7. Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
• CE8. Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do programa, construídos a partir da bibliografía seleccionada para cada tema. A asistencia a estas clases é básica para ter unha visión panorámica dos temas tratados, polo que é conveniente o seguimento destas por parte dos estudantes.
B) Seminarios: Clases interactivas na que analizan e traballan en grupo textos e documentos, entregados previamente polo profesor cunha guía de lectura. O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, posta en común de comentarios de texto na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais aínda que os estudantes non os manexarán en clase. A participación nestas clases será avaliada, polo que é conveniente a asistencia regular dos estudantes.
C) Titorías: É o tempo que se reserva para que o/a estudante poida solicitar documentación e información bibliográfica ao profesor. Tamén están pensadas para a resolución de dúbidas, tanto sobre ou contido das sesións como sobre outros aspectos da materia (metodoloxía, avaliación, etc.).
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua, contemplándose a posibilidade dun un exame final, caso de que o estudante non asista a clase, non siga as pautas da avaliación continua ou non a supere.
A avaliación dos/as estudantes con dispensa (ou exención) de asistencia ás clases presenciais farase mediante a modalidade de exame final (100% da nota).
A avaliación continua farase valorando a asistencia e participación nas sesións na aula e nas titorías. Porén, a avaliación apoiase principalmente na realización dun traballo final escrito que o estudante expoñerá de maneira oral na aula nas últimas semanas de clase.
A calificación final do estudante distribúese nos seguintes apartados:
TIPO DE ACTIVIDADE: Asistencia e participación nas sesións.
COMPETENCIA AVALIADA: CE6, CE7, CE8
PORCENTAXE NA NOTA FINAL 10 %
TIPO DE ACTIVIDADE: Recensión de 1 libro da bibliografía da materia (Fontes ou bibliografía secundaria).
COMPETENCIA AVALIADA: CX1,CX2,CX5, CE7, CE8, CT3, CT4.
PORCENTAXE NA NOTA FINAL 10%
TIPO DE ACTIVIDADE: Entrega de 4 traballos escritos correspondentes ás clases interactivas (comentarios de texto, etc.).
COMPETENCIA AVALIADA: CX1,CX2,CX5, CE7, CE8, CT3, CT4.
PORCENTAXE NA NOTA FINAL 40 % (10% cada un)
TIPO DE ACTIVIDADE: Traballo final elaborado individualmente polo estudante, exposto na aula na sesión finais do curso e entregado por escrito.
COMPETENCIA AVALIADA: CX1, CX2, CX5, CX6, CE1, CE2, CE3, CE6, CT1, CT2, CT4.
PORCENTAXE NA NOTA FINAL 40 %
TIPO DE ACTIVIDADE: Exame final, caso de non asistir a clase, non participar ou non superar a avaliación continua.
COMPETENCIA AVALIADA: CE6, CE7, CE8
PORCENTAXE NA NOTA FINAL 100 %
TIPO DE ACTIVIDADE: Exame final dos/as estudantes con dispensa (ou exención) de asistencia ás clases presenciais
COMPETENCIA AVALIADA: CX1, CX5, CE1, CE2, CE6.
PORCENTAXE NA NOTA FINAL 100 %
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases teóricas (con participación dos estudantes) ...... 24 h.
Clases interactivas ................................................. 24 h.
Titorías ................................................................ 3 h.
TOTAL ................................................................... 51 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Seguimento do curso (Lecturas, prácticas, etc.) .......... 49 h.
Traballo escrito ...................................................... 25 h.
Estudo ................................................................... 25 h.
TOTAL ................................................................... 99 h.
a) É moi importante asistir ás clases expositivas, aos seminarios e ás titorías.
b) Para establecer un primeiro contacto cos contidos dos temas recoméndase ler algunha das obras propostas na bibliografía básica.
c) Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes dos libros/artigos manexados, asegurándose de coñecer e comprender o significado dos conceptos explicados.
d) A resolución de problemas é clave para a aprendizaxe desta materia. É importante resolver os problemas formulados polo profesor antes da súa resolución nas clases de seminario e nas titorías.
e) A asistencia aos seminarios e titorías debe ser activa, é dicir, é moi importante participar e discutir co profesor e outros alumnos sobre a materia presentada nas clases expositivas.
Recomendacións de cara á avaliación
O alumno/a debe elaborar os traballos escritos citando as fontes bibliográficas, consonte ás normas internacionais aceptadas. Debe incorporar ademais reflexións propias e orixinais. Para elaborar o esquema do seu traballo pode aconsellarse co profesor. Aqueles estudantes que atopen dificultades importantes á hora de traballar nas actividades prácticas propostas deben acudir nas horas de titoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudarlles a resolver as súas dificultades. É moi importante levar o traballo ao día e entregar as prácticas logo de ter realizado a posta en común na aula. Non se admitirá que se entreguen os traballos das prácticas todos xuntos ao final do semestre.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Recomendacións de cara á recuperación
O profesor analizará con aqueles estudantes que non superen con éxito o proceso de avaliación, e así lo desexen, as dificultades atopadas na aprendizaxe dos contidos da materia. Tamén lles proporcionará material adicional (lecturas, exercicios, exemplos, etc.) para reforzar a aprendizaxe da materia.
Marcelino Agis Villaverde
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812520
- Correo electrónico
- marcelino.agis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Martes | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| Mércores | ||
| 11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| 28.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| 28.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
| 05.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| 05.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Galego |