Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Familiarizar ao estudantado coas principais concepcións da filosofía oriental: hinduísmo, budismo, confucianismo, taoísmo e pensamento xaponés.
• Dar a coñecer as fontes da disciplina e a bibliografía recente.
• Adestrar na capacidade para interpretar textos filosóficos da tradición de pensamento oriental.
• Establecer comparacións entre o desenvolvemento das filosofías de tradición occidental e oriental.
• Mellorar as destrezas na comunicación oral e escrita.
• Posibilitar a análise crítica da información e mensaxes da sociedade actual.
Tema 1. As Filosofías da India
Tema 2. A Filosofía en China
A) Budismo
B) Confucianismo
C) Taoísmo
Tema 3. Filosofía xaponesa
A) Fontes
- AA.VV.: La Filosofía japonesa en sus textos, Ed. Herder, Barcelona, 2016.
- CONFUCIO: Los cuatro libros, Paidós Ibérica, Madrid 2002. (RBA 2007).
- LAO-TSE: El libro del Tao, RBA libros, Barcelona 2006. (RBA 2007).
- DALAI LAMA: El Mundo del budismo tibetano, J.J. de Olañeta Editor, Palma de Mallorca 1998. (RBA 2007).
- Bhagavad-Gîtâ, Ed. Biblioteca Nueva, Madrid 2000. (RBA 2007).
- HEISIG, J. et al. (comp.): La Filosofía Japonesa en sus textos, Ed. Herder, Barcelona 2016.
B) Bibliografía secundaria
- AGÍS VILLAVERDE, M. Et al. (comp.): Caminos del pensamiento japonés, SIFA/SENI, Santiago de Compostela, 2020.
- AGÍS VILLAVERDE, M.: "Caminos de Oriente: India, China y Japón", en AA. VV. (eds.): Identidad, Memoria e Historia, USC, 2016.
- COOMARASWAMY, Ananda K: El evangelio del budismo, RBA 2007.
- LANZACO SALAFRANCA, F.: Religión y espiritualidad en la sociedad japonesa contemporánea, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Zaragoza 2008.
- LANZACO SALAFRANCA, FEDERICO: La cultura japonesa reflejada en su lengua, Ed. Verbum, Madrid 2010, III parte, pp. 105-114.
- NAKAMURA, Hajime: Ways of thinking of Eastern peoples: India, China, Tibet, Japan, University of Hawaii Press, Honolulu 1968.
- PANIKKAR, Raimon: La experiencia filosófica de la India, RBA 2007.
- RENOU, Louis: El hinduismo, RBA, Colecciones 2007.
- RODRÍGUEZ, JUSTINO: "Visión de la realidad en la cultura japonesa", en AGÍS VILLAVERDE, M. et alia (EDS.): Galicia y Japón: Del sol naciente al sol poniente, PP. 31 SS.
- SAWAI, YOSHITSUGU: "Perspectivas religiosas de la naturaleza en las culturas de Asia Oriental", en AGÍS VILLAVERDE, M. et alia (eds.): Galicia y Japón: Del sol naciente al sol poniente, pp. 243 ss..
- SUZUKI, Daisetz T.: El Zen y la cultura japonesa, RBA, Barcelona 2007.
- TERAO, ERIKO: “El jardín japonés como microcosmos: lo invisible en el jardín japonés”, en AGÍS VILLAVERDE, M. et alia (EDS.): Galicia y Japón: Del sol naciente al sol poniente,, pp.229-240.
- WATTS, Alan W.: El camino del Zen, Edhasa, Barcelona, 1971. (RBA, 2007)
- WATTS, Alan W.: El camino del Tao, RBA, 2007.
C) Manuales e obras xeraies
- AGÍS VILLAVERDE, M. et al. (eds.): Galicia y Japón: Del sol naciente al sol poniente, Servicio de Publicacións da UDC, A Coruña 2008.
- BELAVAL, YVON (dir.): Historia de la Filosofía. vol. 11: La Filosofia en Oriente : la filosofía islámica, india y china hasta nuestros días, Siglo XXI Editores, México 1981.
- COOPER, DAVID E.: "El pensamiento Indio en el Siglo XX", en GARRIDO, MANUEL et alia (coords.): El legado filosófico y científico del siglo XX, Ed. Cátedra, Madrid 2005, pp. 957 ss.
- ELIADE, MIRCEA: Historia de las Creencias y de las Ideas Religiosas, Ed. Cristiandad, Madrid vol. II y III/1.
- FISAC, TACIANA: "El pensamiento chino en el Siglo XX", en GARRIDO, MANUEL et alia (coords.): El legado filosófico y científico del siglo XX, Ed. Cátedra, Madrid 2005, pp. 973 ss.
- GONZÁLEZ VALLES, JESÚS: "El pensamiento japonés", en GARRIDO, MANUEL et alia (coords.): El legado filosófico y científico del siglo XX, Ed. Cátedra, Madrid 2005, pp. 989 ss.
- KASULIS, Th. P.: La filosofía japonesa en su historia, Herder, Barcelona 2019.
- MIGUEL CRUZ HERNÁNDEZ: Historia del pensamiento en el mundo islámico. (3 vols.) 1. Desde los orígenes hasta el s. XII en Oriente. 2. El pensamiento de al-Andalus (s.IX-XIV) 3. El pensamiento islámico de Ibn Jaldun hasta nuestros días, Alianza Ed. Madrid 2012.
- SEGOVIA, C. A.: Avicena (Ibn Sina). Cuestiones divinas (Ilahiyyat): Textos escogidos, Madrid: Biblioteca Nueva 2006.
- ROMÁN LÓPEZ, Mª Teresa: Sabidurías orientales de la Antigüedad, Alianza Ed., Madrid 2008.
- STEVENS, B. Invitación a la filosofía japonesa, Bellaterra, Barcelona 2008.
- Encyclopedia of Shinto (http://k-amc.kokugakuin.ac.jp/DM/dbTop.do?class_name=col_eos)
COMPETENCIAS XERAIS.
• C1. Capacidade para ler de forma comprensiva un texto filosófico pertencente á tradición oriental.
• C2. Capacidade para identificar os principais autores/ as das tradicións orientais (India, China e Xapón).
• C3. Capacidade para distinguir as obras clásicas do pensamento oriental.
• C4. Capacidade para estudar e aprender de forma autónoma.
• C5. Capacidade para presentar de forma oral e escrita un traballo de iniciación á investigación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS.
• CE1. Coñecemento das principais tradicións do pensamento oriental, moitas veces esquecido nos estudos de filosofía das universidades españolas.
• CE2. Coñecemento das claves para a cultura oriental en relación as súas tradicións de pensamento.
• CE3. Familiaridade co desenvolvemento histórico do pensamento filosófico e relixioso na India, China e Xapón.
• CE4. O coñecemento das perspectivas actuais do pensamento oriental.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS.
• CT1. Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución como na discusión de problemas.
• CT2. Habilidade para obter información tanto de fontes primarias como secundarias, incluíndo a obtención de información on-line.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do programa, construídos a partir da bibliografía seleccionada para cada tema. A asistencia a estas clases é básica para ter unha visión panorámica dos temas tratados, polo que é conveniente o seguimento destas por parte dos estudantes.
B) Seminarios: Clases interactivas na que analizan e traballan en grupo textos e documentos, entregados previamente polo profesor cunha guía de lectura. O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, posta en común de comentarios de texto na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais aínda que os estudantes non os manexarán en clase. A participación nestas clases será avaliada, polo que é conveniente a asistencia regular dos estudantes.
C) Titorías: É o tempo que se reserva para que o/a estudante poida solicitar documentación e información bibliográfica ao profesor. Tamén están pensadas para a resolución de dúbidas, tanto sobre ou contido das sesións como sobre outros aspectos da materia (metodoloxía, avaliación, etc.).
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua, contemplándose a posibilidade dunha proba final a distancia, caso de que o estudante non siga as pautas da avaliación continua ou non a supere.
A cualificación final do estudante distribúese nos seguintes apartados:
TIPO DE ACTIVIDADE E PORCENTAXE NA NOTA FINAL
Asistencia e participación nas sesións 5%
Titorías 5%
Entrega de catro traballos escritos correspondentes ás clases interactivas (comentarios de texto, etc.) 40% (10% cada un)
Lectura e recensión dun libro seleccionado da bibliografía da materia 10%
Traballo final elaborado individualmente polo estudante, exposto na aula na sesión finais do curso e entregado por escrito 40 %
Exame, caso de non asistir a clase, non participar ou non superar a avaliación continua 100%
Exame final para os/as estudantes con dispensa (ou exención) de asistencia ás clases presenciais 100%
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases teóricas (con participación dos estudantes) ...... 18 h.
Clases interactivas .................................................. 18 h.
Titorías ................................................................. 2.25 h.
TOTAL ................................................................... 38.25 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Seguimento do curso (Lecturas, prácticas, etc.) .......... 34.25 h.
Traballo escrito ...................................................... 20 h.
Estudo ................................................................... 20 h.
TOTAL ................................................................... 74.25 h.
1) Coñecemento de linguas modernas.
2) Boa disposición para a lectura e a comprensión de textos filosóficos.
3) Capacidade para traballar en equipo.
4) Manexo da información a través das canles informáticas habituais.
RECOMENDACIÓNS DE CARA Á AVALIACIÓN
O alumnado debe elaborar os traballos escritos citando as fontes bibliográficas, de acordo ás normas internacionais aceptadas. Debe incorporar ademais reflexións propias e orixinais. Para elaborar o esquema do seu traballo pode aconsellarse co profesor. Aqueles estudantes que atopen dificultades importantes á hora de traballar nas actividades prácticas propostas deben acudir nas horas de titoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudarlles a resolver as súas dificultades. É moi importante levar o traballo ao día e entregar as prácticas despois de realizar a posta en común na aula. Non se admitirá que se entreguen os traballos das prácticas todos xuntos ao final do semestre.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
RECOMENDACIÓNS DE CARA Á RECUPERACIÓN
O profesor analizará con aqueles estudantes que nos superen con éxito o proceso de avaliación, e así o desexen, as dificultades atopadas na aprendizaxe dos contidos da materia. Tamén lles proporcionará material adicional (lecturas, exercicios, exemplos, etc.) para reforzar a aprendizaxe da materia.
Marcelino Agis Villaverde
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812520
- Correo electrónico
- marcelino.agis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Venres | ||
|---|---|---|
| 09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
| 11:00-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
| 29.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
| 29.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
| 01.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
| 01.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AGIS VILLAVERDE, MARCELINO | Castelán |