Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. OBXECTIVOS XERAIS COINCIDENTES COS DO GRAO
Os obxectivos xerais da materia coinciden con algúns dos que aparecen na memoria do grao como obxectivos de Desenvolvemento sostible, como, por exemplo:
-Obxectivo 4: “Educación de calidade” menciona expresamente “a diversidade cultural e a contribución da cultura ao desenvolvemento sostible” (punto 4.7).
- Obxectivo 8 “Traballo digno e crecemento económico” no que se menciona o “emprendemento, creatividade e innovación” (punto 8.3), e a promoción do “turismo sustentable que cree emprego e fomente a cultura e os locais dos produtos” (punto 8.9).
- Obxectivo 11 "Cidades e comunidades sustentables" cuxos principios inclúen "os esforzos para protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo" (punto 11.4)
- Obxectivo 12 “Produción e consumo responsable” mediante o fomento, entre outros aspectos, do “turismo sostible que cree emprego e fomente a cultura e os produtos locais” (punto 12.B).
2. OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
- Precisar a evolución histórica e etimolóxica do concepto de cultura.
- Coñecer distintos conceptos de cultura.
- Valorar criticamente calquera manifestación cultural.
- Entender a cultura como unha ferramenta de transformación social.
- Identificar o papel ideolóxico da cultura.
Tema 1. Introdución ao concepto de cultura.
1.1. Presentación. Obxectivos. Criterios de avaliación. Etimoloxía e historia da noción de cultura.
Tema 2. Concepcións críticas da cultura.
2.1. Concepcións críticas da cultura: Marx.
2.2. Concepcións críticas da cultura: Gramsci.
2.3. Concepcións críticas da cultura: Freud.
Tema 3. Cultura e sociedade de masas.
3.1. A crítica á cultura da Escola de Frankfurt: a industria cultural.
3.2. Cultura e liberdade: Marcuse.
Tema 4. Os estudos culturais.
4.1. O debate culturas de elite / culturas populares.
4.2. A cultura da clase obreira.
Tema 5. Interculturalidade.
5.1. O conflito intercultural.
5.2. Relativismo cultural.
5.3. Pos-colonialismo na Galiza
Tema 6. Xénero e cultura.
6.1. Breve repaso histórico ao feminismo I: os inicios.
6.2. Breve repaso histórico ao feminismo II: a contemporaneidade.
Tema 7. A cultura na sociedade contemporánea.
7.1. Tecnoloxía, espectáculo, diversión.
7.2. Cultura e postmodernidade.
7.3. Cultura e complexidade.
1. Básica
Antoloxía de textos a traballar nas aulas (disponible na aula virtual):
2.2. GRAMSCI “Apuntes para unha introdución e unha iniciación no estudo da filosofía e da historia da cultura” en Cadernos do Cárcere, nº 11, 1932-1933.
2.3. Freud, S. (1927) “Capítulo V” en O mal-estar na cultura. Porto Alegre: R&PM, 2010, pp. 117- 132.
3.1. Adorno. Th, (1944), “Resumen sobre la industria cultural” en Crítica de la cultura y de la sociedad. Obras completas 10.1. Madrid, España: Akal, pp. 295-302.
3.2. Marcuse, H. (1937), “Acerca del carácter afirmativo de la cultura” en Cultura y sociedad. Buenos Aires, Argentina: Sur, 1967, pp. 7-13, 45-54.
4.1. Williams, R. (1961), “El análisis de la cultura” en La larga revolución. Buenos Aires, Argentina: Nueva Visión, 2003, pp. 51-62.
4.2. Hoggart, R. (1957), “Resumen de las tendencias actuales en la sociedad de masas” en La cultura obrera en la sociedad de masas. Buenos Aires: Siglo XXI, 2013, pp. 335-351.
5.1. Saïd, E. (1993), “Territorios superpuestos, historias entrecruzadas” en Cultura e imperialismo, Barcelona, España: Anagrama, 1996, pp. 35-56.
5.2. Zizek, S. (2008), “La tolerancia represiva del multiculturalismo” en En defensa de la tolerancia. Madrid, España: Sequitur, 2008, pp. 55-70.
5.3. Miguelez, H. (2013), “Quando é que nos tornamos sentimentais?” en Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego. Compostela, Espanha: 2014, pp. 13-33.
6.1. Judith Butler, Introducción en Cuerpos que importan: sobre los límites discursivos y materiales del ‘sexo’, Buenos Aires: Paidós, 2002, p. 17-33.
6.2. Nancy Fraser, “¿De la redistribución al reconocimiento? Dilemas de la justicia en la era ‘postsocialista’” en Butler, J. & Fraser, N. (2017), ¿Redistribución o reconocimiento? Un debate entre marxismo y feminismo. Traficantes de Sueños, p. 23-47.
7.1. Neil Postman, “1. El juicio de Thamus” en Tecnopolis. La rendición de la cultura a la tecnología. Barcelona, España: Galaxia Gutenberg Círculo de Lectores, 1997, pp. 9-34.
7.2. Fredric Jameson, “A logica cultural do capitalismo tardio. Punto I”, en Pós-modernismo. A logica cultural do capitalismo tardio, Lisboa, Portual: Atica, 1997, pp. 27-43.
7.3. Harari, Y.N. “El concepto de cultura” Sapiens. De animales a dioses. Debate. Madrid 2019
7.3. Luhmann, N. (1997). La cultura como concepto histórico. Historia y Grafía UIA, 8, 11–33.
7.3. Pintos, J.L. (1995) Los imaginarios sociales: la nueva construcción de la realidad social. Editorial Sal Terrae.
2. Complementaria: Ampliada de consulta para o alumnado
Choza, J. (2013), Filosofía de la cultura. Sevilla, España. Thémata
Dussel, E. (2006), Filosofía de la cultura y de la liberación. México D.F., México: Universidad Autónoma de la Ciudad de México.
Llinares, J. B. & Sánchez, N. (eds.) (2002), Ensayos de filosofía de la cultura. Madrid, España: Biblioteca Nueva. Mate, R. & Guariglia, O. & Olivé, L. (2017), Filosofía iberoamericana del siglo XX. Volumen 33/II, Filosofía práctica y filosofía de la cultura. Madrid, España: Trotta&CSIC.
Mosterín, J. (1993), Filosofía de la cultura. Madrid, España: Alianza.
Sobrevilla, D. (ed.) (1998), Filosofía de la cultura. Enciclopedia iberoamericana de filosofía. 15. Madrid, España: Trotta.
3. Complementaria Empregada para a elaboración da guía docente
Borgards, R. (ed.), (2010), Texte zur Kulturtheorie und Kulturwissenschaft. Leipzig, Alemania: Reclam. Burkard, F-P. , (2000), Kulturphilosophie. München, Alemania: Alber.
Därmann, I. & Jamme, Ch. (eds.) (2007), Kulturwissenschaften. Konzepte, Theorien, Autoren. München, Deutschland: Wilhelm Fink.
Geyer, C-F. (1994), Einführung in die Philosophie der Kultur. Darmstadt, Alemania: WBG. Konersmann, R. (ed.) (1996), Kulturphilosophie. Leipzig, Alemania: Reclam.
Konersmann, R. (ed.) (2012), Handbuch Kultuphilosophie. Stuttgart-Weimar, Alemania: Metzler Verlag. Perpeet, W. (1997), Kulturphilosophie. Anfänge und Probleme. Bonn, Deutschland: Bouvier Verlag.
COMPETENCIAS PROPIAS DA MATERIA
1. Desenvolvemento da capacidade para identificar os problemas fundamentais abordados tradicionalmente pola crítica da cultura e pola tradición humanística, o cosmopolitismo e a pensamento crítico.
2. Coñecemento dos conceptos fundamentais nos que se artellaron ditos problemas a partir dos textos fonte dos contextos nos que os sitúa cada autor ou autora.
3. Desenvolvemento dun punto de vista reflexivo e crítico en relación coa situación do ser humano no momento actual e no contexto da denominada globalización.
(CE = COMPETENCIAS ESPECÍFICA; CX = COMPETENCIAS XERAIS; CT = COMPETENCIAS TRANSVERSAIS; CB: COMPETENCIAS BÁSICAS)
En relación coas competencias especificas do grao, nesta materia dedicarase especial atención a:
CE7 - Coñecer o valor da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principias problemas das sociedades contemporáneas.
CT1 - Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
CT8 - Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor
CT9 - Manter un compromiso ético e mostrar sensibilidade cara a temas sociais ou ambientais
CG2 - Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para achegar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos
CG4 - Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidad e á non discriminación de persoas con diversidade funcional
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
TRABALLO SEMI PRESENCIAL NAS AULAS (28H.)
Presentación contidos básicos e clases prácticas se fará en 14 horas. As sesións serán desenvoltas polo docente e nelas presentarase o tema de cada semana. Os materiais pertinentes para o tema estarán dispoñíbeis para o alumno na aula virtual.
Cada sesión dunha hora (grabada e aberta en TEAMS): cun esquema aproximado de 5 min. para a presentación obxectivos cada sesión (previamente na AV); 5 min. con resposta das preguntas; e, 45 m. revisión textos e PPP aplicables tema (dispoñibles previamente na AV. Finalizara cada sesión con 5 min. de preguntas e aclaracións ou conclusións finais.
As titorías para orientar en temas teórico metodolóxicos serán 12 horas. En cada sesión se traballaran os textos / artigos dos posibles traballos do alumnado Unha duración duns 30m. para a lectura de extractos ou partes do texto (PPP dispoñible previamente na AV). E 30 m con preguntas e discusión por parte do alumnado restante.
Para a Avaliación 4 horas para un exame final presencial: textos e preguntas dunha batería dispoñible na AV dende o principio do curso.
Nos horarios oficiais estará programada unha hora semanal de clases presenciais, que se poderán seguir ou ben na aula fixada para tal fin no recinto da Facultade de Humanidades ou ben mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais se poñerán a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual.
Se empregará a tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para o desenvolvemento das aulas da materia ou mencionar outras posibles ferramentas (chat da aula virtual, correo electrónico,…) que se poidan usar nestas sesións planificadas de titoría en grupo.
O docente se compromete a atender adecuadamente as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso. O profesorado cualificará as actividades e tarefas propias da avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
TRABALLO NON PRESENCIAL (120H.)
48 H. Preparación sesións e titorías semanais e Lectura textos e participación activa na clase. Textos e programa de cada sesión dispoñibles na aula.
48 H. Preparación e presentación 5 traballos baseado nos artigos posibles ofrecidos na AV. Artigos e formato dos traballos dispoñible na aula virtual
24h. Preparación de exame final. Estudo dos temas. Todo o material estará colgado na aula virtual.
1 PRIMEIRA OPORTUNIDADE.
Exame final* presencial 40% CX2, CX4; CB3, CB4; CE7; CT1, CT8, CT9
5 Traballos**: comentarios de 5 artigos e participación activa na aula virtual (foros, chats...)
Avaliación continua 60% CX2, CX4; CB3, CB4; CE7; CT1, CT8, CT9
2. SEGUNDA OPORTUNIDADE.
Exame final* 40% CX2, CX4; CB3, CB4; CE7; CT1, CT8, CT9
5 Traballos** Avaliación continua 60% CX2, CX4; CB3, CB4; CE7; CT1, CT8, CT9
3ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE E ALUMNADO REPETIDOR.
3..1. PRIMEIRA, SEGUNDA E SEGUINTES OPORTUNIDADES
Exame final* 40% CX2, CX4; CB3, CB4; CE7; CT1, CT8, CT9
**5 Traballos 60% CX2, CX4; CB3, CB4; CE7; CT1, CT8, CT9
ACLARACIÓNS
** 5 Traballos = Traballo de comentario de 5 artigos ( dos máis de 20 ofrecidos na Aula virtual) .
Tamaño: 1500-2000 palabras cada un.
Portada co título do traballo, nome do autor, DNI, correo electrónico, curso, materia e ano académico, título e autor do artigo a comentar. Índice:
1. Obxectivo do traballo: explicar e comentar o artigo elixido ao fío do temario da materia.
2. Desenvolvemento: describir as ideas principais do artigo e relacionalas (criticamente) con ao menos dous das outras escolas do temario (se se escolle o texto de Freud, explicar brevemente as liñas centrais do texto e os seus conceptos; Comparar esta liña argumentativa de Freud e os seus conceptos cos presentados por Adorno e Butler, por exemplo).
3. Conclusión: terminar cun párrafo final a modo de conclusión
4. Bibliografía: incluír unha bibliografía de todos e cada unha das referencias citadas e dos textos usados para elaborar o traballo (seguir modelo da APA).
Entregarase por correo electrónico en formato PDF antes da data do exame final.
Avaliación dos traballos: sobre 10 puntos ponderados co valor do exame.
Ortografía/sintaxe 1 puntos.
Orixinalidade 1 puntos
Desenvolvemento 6 puntos.
Conclusión e bibliografía 2 puntos
*EXAME FINAL
O exame final que constará de tres preguntas teóricas (75 % ) e un comentario de texto. A duración será de tres horas . Colgarase na aula virtual un listado de preguntas tipo. O comentario de texto será sobre algún dos textos estudados e traballados (unha batería de textos e preguntas posibles estará dispoñible na AV dende o inicio do curso).
• NON SE ACEPTARÁN TRABALLOS ENTREGADOS DESPOIS DA DATA DO EXAME FINAL, SEN EXCEPCIÓNS.
• NO CASO DE DETECTAR PLAXIO SE APLICARAN AS SANCIÓNS DESCRITAS NA POLITICA DA USC.
• ALUMNADO DEBERÁ OBTER UNHA NOTA MÍNIMA DE CINCO EN TODOS E CADA UN DOS COMPOÑENTES DA AVALIACIÓN PARA PODER APROBAR (EXAME E TRABALLOS).
O docente se compromete a atender adecuadamente as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 72 horas de días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso. O profesorado cualificará as actividades e tarefas propias da avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo de dedicación para superar a materia aproximadamente o CUADRUPLE do horario lectivo (CATRO horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de re-lectura das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura das obras de consulta, elaboración de resumos, traballos, etc.
(1) Lectura semanal dos textos a traballar nas sesións e titorías.
(2) Preparación e lectura dos materiais previos a cada sesión e titoría.
(3) Consulta de dúbidas nas sesións ou nas titorías.
(4) Completar os apuntes das clases expositivas coa lectura da bibliografía recomendada.
(5) Participar activamente nas sesións expositivas e interactivas.
(6) Realización semanal das tarefas programadas.
(7) Preparación e lectura dos artigos para os traballos programados
NO CASO DE DETECTAR PLAXIO (SE USARA SOFTWARE DE DETECIÓN) SE APLICARAN AS SANCIÓNS DESCRITAS NA POLITICA DA USC.
Manuel Torres Cubeiro
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- manueltorres.cubeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 18.01.2024 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| 20.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TORRES CUBEIRO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TORRES CUBEIRO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TORRES CUBEIRO, MANUEL | Galego |