Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia consisten na adquisición e/ou prática das seguintes competencias:
A.COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B.COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
C.COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecimientos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas. CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
PRIMEIRA PARTE
I. FILOSOFÍA POLÍTICA CARA UNHA INTRODUCIÓN
1. Cuestións preliminares
1.1. Filosofía, política e Filosofía política
1.1.1. A reflexión, a acción e a ciencia práctica
1.1.2. A verdade da política. O obxecto de reflexións normativas
1.2. Ciencia política, ideoloxía e Filosofía política
1.2.1. Cuestionando os principios xerais. De metodoloxías e “continxencias”
1.3. Ética e Filosofía Política
1.3.1. Máis alá da razón
1.4. Dereito e Filosofía Política
1.4.1. Máis alá das leis. Os outros fenómenos
1.5. Enfoques
1.5.1. Realista, normativo e crítico
SEGUNDA PARTE
II. CONCEPTOS FUNDAMENTAIS
2. Coñecemento e acción política ou do bo goberno e a súa elección
2.1. O poder
2.1.1. Goberno e autoridade. Lexitimidade política
2.1.2. Estado e soberanía
2.1.3. Sociedade civil
2.2. A violencia
2.2.1. O monopolio da forza lexítima. Guerra e paz
2.3. A liberdade
2.3.1. Dos antigos e dos modernos
2.3.2. Liberdade individual
2.3.3. Positiva e negativa
2.4. A igualdade
2.4.1. Privado-público
2.4.2. Xénero e política
2.4.2. Redistribución e recoñecemento
2.5. A cidadanía: historia conceptual, problemas e modelos.
2.5.1. Rasgos e dimensións do concepto de cidadanía.
2.5.2. A constitución histórica da idea de cidadanía.
2.5.3. Cidadanía e xustiza. A cidadanía social.
2.5.4. Cidadanía, pluralidade e identidade.
2.5.5. As fronteiras da cidadanía: políticas de inclusión e apertura da cidadanía.
2.5.6. Modelos de cidadanía.
2.6. A democracia: historia conceptual, problemas e modelos.
2.6.1. Teoría da democracia: principios básicos.
2.6.2. A democracia na súa historia conceptual.
2.6.3. Democracia e representación.
2.6.4. Participación, deliberación e decisión.
2.6.5. Modelos de democracia.
1.Bibliografía básica (lecturas obligatorias).
(01) Strauss, L.: ¿Qué es filosofía política?, en ¿Qué es filosofía política? y otros ensayos, Madrid, Alianza, 2014, pp. 77-153 (Outra trad. ó castelán en Strauss, L.: “¿Qué es la filosofía política?”, Sin ciudades no hay filósofos, Madrid, Tecnos, 2014, pp. 87-139 ).
(02) Platón, Carta VII, Madrid, Cátedra, 2014 (ed.bilingüe grego-castelán). Existen outras traducións ó castelán, como por exemplo: Madrid, Gredos, 1992 (Diálogos, vol. VII, Dudosos. Apócrifos. Cartas); Madrid, Alianza, 1998 (Protágoras. Gorgias. Carta séptima); Madrid, Aguilar, 1979, 2ª ed. (Obras completas).
(03) La Boétie, E. de: A servidume voluntaria, Trifolium, 2013 (traducións ó castelán do Discurso de la servidumbre voluntaria: Barcelona, Tusquets, 1980; Madrid, Tecnos, 1986; Madrid, Trotta, 2008).
(04) Berlin, I.: Dos conceptos de libertad, en Cuatro ensayos sobre la libertad; Madrid, Alianza, 1988, pp.187-243. Existen outras edicións e compliacións de ensaios do autor publicados na mesma editora, baixo diferentes títulos: Dos conceptos de libertad. El fin justifica los medios. Mi trayectoria intelectual, Madrid, Alianza, 2005; Sobre la libertad, Madrid, Alianza, 2004. Tamén noutras editoras, como por exemplo, Strauss, L.: Ensayos sobre la libertad, Barcelona, Círculo de Lectores, 1999.
(05) Rousseau, J.J.: Discurso sobre el origen de la desigualdad entre los hombres, en Discurso sobre las ciencias y las artes. Discurso sobre el origen de la desigualdad entre los hombres, Madrid, Alianza, 2012, pp. 109-209 (notas do autor: pp. 211-258). Existen outras traducións en castelán, como exemplo: Barcelona, Península, 1973; Madrid, Tecnos, 1987;...
(06) Habermas, J.: “La constelación posnacional y el futuro de la democracia”, en La constelación posnacional, Barcelona, Paidós, 2000, pp. 81-146.
(07) Taylor, Ch., El multiculturalismo y “la política del reconocimiento”, México, F.C.E., 1993.
(08) Foucault, M.: Es necesario defender la sociedad. Curso del Collègue de France (1975-1976), Madrid, Akal, 2003. Outra trad. ó español, baixo outro título: Genealogía del racismo. De la guerra de razas al racismo de Estado, Madrid, La Piqueta, 1992 (versión sin as notas de Foucault).
(09) Kant, I.: La paz perpetua, Madrid, Alianza, 2001 (outras traducións ó castelán en: Madrid, Akal, 2012; Madrid, Biblioteca Nueva, 1999; Madrid, Tecnos, 1985;…)
2. Bibliografía complementaria de carácter xeral.
Consignada na Guía Docente da materia.
1.Xerais e básicas
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filo-sofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recen-tes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver pro-blemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solu-cións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou nou-tros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que impli-can coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou voca-ción dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha refle-xión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2.Transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Reso-lución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capa-cidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capaci-dade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibi-lidade cara a problemas de igualdade ambientais.
3. Específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecimientos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deli-berar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver pro-blemas. CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creati-vidade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes tipos:
(1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa, mediante exposición maxistral aberta á participación e ao debate.
(2) Aulas interactivas. Nestas farase unha presentación por parte do alumnado dos temas/textos nas distintas sesións. Isto require, ademais, a presentación por parte deste das reseñas persoais dos temas da parte teórica do programa, co obxecto de debatelos nas aulas de docencia práctica, así como a lectura dialóxica e o comentario conxunto das obras de filosofía política consignadas na bibliografía básica (lecturas obrigatorias).
As presentacións faranse ao fío dos contidos impartidos previamente nas sesións teóricas anteriores e dos textos de lectura obrigatoria. Porén, deixarase lugar á interpretación por parte das alumnas ou alumnos que leven presentacións a cabo. Tras estas, o resto das e dos estudantes terán que formularlles preguntas e obxeccións, logo do cal abrirase un debate sobre os textos expostos e a materia, orientado en base a varias preguntas que formulará a/o profesor/a.
Hai dúas maneiras de superar a materia. A primeira, no transcurso do curso, a segunda no exame final. No transcurso do curso, a materia terá unha parte teórica e unha parte práctica. Para superar a materia no transcurso do curso hai que aprobar ambas partes.
PARTE TEÓRICA
Cada unha das partes será avaliada cun exame parcial programado na finalización da impartición dos seus contidos.
(1) O exame parcial consistirá en dúas preguntas de desenvolvemento (3 puntos cada unha) e un comentario de texto (4 puntos).
Competencias avaliadas: CX1, CX2, CX4, CX5, CX6, CB1, CB2, CB5, CT01, CE1, CE4, CE5, CE10.
PARTE PRÁTICA
Para superar a materia, en réxime de avaliación continua, será preciso
(1) ter asistido a un 80% das clases interactivas e (2) ter entregado os correspondentes comentarios/tarefas (un por clase interactiva) que se indicarán ao longo do curso. A entrega dos comentarios/resumos/recensións/tarefas farase pola plataforma no día de asistencia á interactiva correspondente (cando non se realicen na aula). Para que os comentarios/tarefas de cada interactiva e a nota da participación oral sexan tidas en conta é requisito cumprir coas dúas condicións: asistencia á clase interactiva e entrega da tarefa correspondente en tempo e forma.
Competencias avaliadas: CX3, CB3, CB4, CT01, CT02, CT03, CE2, CE6, CE7, CE8, CE9.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
Desta maneira, a distribución da nota fica como segue:
Parte teórica (60%)+ Parte práctica (40%).
Cada unha das partes será avaliada sobre 10. Con respecto ás partes a distribución porcentual da nota será: primeira parte (60%) e segunda parte (40%).
Primeira parte en porcentaxes: Exame 60% + Prácticas 40%. Primeira parte en puntos: Exame 3,4+ Prácticas 2,6 (0,28 por práctica).
Segunda parte: Exame 60% + Prácticas 40%. Segunda parte en puntos: Exame 2,6 + Prácticas 1,4 (0,28 por práctica).
En ambos casos para superar o curso resulta obrigatorio ter aprobado as prácticas.
Tendo en conta que a programación da materia, en particular no seus aspectos metodolóxicos e avaliativos, ten sido concibida para o perfil do alumnado asistente regularmente ás aulas (e, na medida do posible, comprometido cunha participación activa no desenvolvemento das mesmas, que cómpre incentivar e promover, especialmente nas prácticas), a avaliación continua dos/as estudantes representa o camiño mais axeitado para valorar o seu traballo e aprendizaxe dos contidos fundamentais da disciplina. Neste senso, incentívase a elaboración de resumos (dos temas), preparación dos comentarios de texto e reseñas (dos textos de lectura obrigatoria) que, xunto as presentacións e intervencións orais nas aulas interactivas, constitúen instrumentos de avaliación regular e periódica do traballo persoal de cada un/ha dos/as estudantes. Por iso, todas estas ferramentas, en conxunto, permiten a avaliación continuada do seus coñecementos, avaliados periodicamente. No límite, dende a perspectiva porcentual, a avaliación continua debe representar, no mellor dos casos, unha porcentaxe tendente ao 40% da cualificación final.
Con carácter xeral, os contidos desta materia contribúen a adquisición das competencias anteriormente consignadas propias do título.
Nos resumos, comentarios e resto de tarefas prácticas avaliaranse as seguintes dimensións: (i) a súa calidade (de contido e argumentativa), que amosará o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, (ii) o rigor formal, que avaliará capacidade de composición de textos (iii) o esforzo investido nel, e (iv) o uso axeitado de fontes bibliográficas, que amosará a capacidade de comprensión e análise.
Nos exames valorarase a exactitude e amplitude en coñecementos das respostas, avaliándose o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, mais tamén a capacidade de comprensión das fontes lidas e a capacidade de composición de textos.
O alumnado exento de asistencia ás clases presenciais será avaliado, no que atinxe aos contidos teóricos da materia, no exame final programado polo Centro.
EXAME FINAL
As persoas que non superen a materia consonte ao establecido para a avaliación continua poderán concorrer ao exame final. A superación da materia deste xeito carreta unha dificultade notable considerando que nela entra o conxunto da materia impartida no curso e dos textos de apoio empregados. Así, require un traballo que non é menor ao empregado na participación nas aulas e o traballo persoal para a superación da materia no transcurso do curso.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Quen teña dispensa de asistencia a clase será avaliado mediante un exame final na data oficial, no que se dará conta dos textos de lectura obrigatoria (comentario de texto dun deles; ate 4 puntos) e das lecturas sobre os temas do programa que serán sinaladas nunha primeira titoría, ao comezo do curso, co/a alumno/a (dúas cuestión; ate 3 puntos cada una delas).
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
De alguén copiar en calquera momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algún texto escrito por outras persoas (en ensaios ou prácticas); (b) responder a cuestións no exame non de memoria senón con apuntamentos, que non están autorizados no exame, ou mediante cambiazos ou estratexias similares que vulneren o principio de honestidade.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas, distribuidas do seguinte modo:
-Aulas expositivas: 24 horas
- Aulas interactivas: 24 horas
- Actividades titoriales de grupo: 3 horas
(Total: 51 horas)
- Traballo persoal alumno: 99 horas
1) Asistencia diaria e parcipativa nas clases. Participación nas presentación
2) Preparación dos temas/textos marcados seguindo as pautas indicadas
3) Estudo sistemático e periódico dos contidos do programa da materia
4) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
Actividade tutorial: O profesor atoparase a disposición dos alumnos no seu despacho, no horario de tutorías (que se consignará na páxina do campus virtual da USC), con obxecto de clarificar dun modo personalizado todas as cuestións referentes aos contidos da materia, e supervisará periodicamente o traballo persoal dos alumnos, en orde a maximizar os seus esforzos de aprendizaxe e dispor dun mellor e máis amplo (xunto ás probas obxectivas realizadas nas clases teóricas e nas aulas interactivas) coñecemento dos seus progresos. Ademáis, organizará actividades tutorias en grupos (en particular, nas primeiras semanas de clase), en orde a explicar convenientemente todos os aspectos relativos aos modos (formais) de composición dos ensaios e a preparación dos exámes, así como á organización das actividades propias das clases interactivas, estructurando metodolóxicamente o desenvolvemento das mesmas.
- Faise notar que para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Yolanda Martinez Suarez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- Ext 12527
- Correo electrónico
- yolanda.martinez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alberto Jose Franco Barrera
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- albertojose.franco.barrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
| Luns | ||
|---|---|---|
| 09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
| Martes | ||
| 11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
| 27.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
| 27.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
| 27.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
| 27.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
| 27.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| 27.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
| 27.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
| 27.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
| 12.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
| 12.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
| 12.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
| 12.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |