Ir o contido principal
STG

1.157 prazas. 3 Residencias e 3 Colexios Maiores

A Universidade de Santiago de Compostela conta con tres residencias e tres colexios maiores que ofrecen en conxunto máis dun milleiro de prazas de aloxamento. Tres colexios e dúas residencias están no campus de Compostela (Colexios Maiores Rodríguez Cadarso, San Clemente e Fonseca, e as Residencias Universitarias Burgo das Nacións e Monte da Condesa) e o campus de Lugo é sede da Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay. As prazas das residencias e colexios están destinadas maioritariamente a estudantes, aínda que tamén poden ter acceso profesores e persoal de administración e servizos. Ademais hai unha reserva de prazas para estudantes procedentes do estranxeiro.

Distribución de prazas (2022/2023)

Colexio Maior - Residencia

Campus

Prazas

R.U. Burgo das Nacións

Santiago

426

R.U. Monte da Condesa

Santiago

430

C.M. Fonseca

Santiago

141

R.U. Bal y Gay

Lugo

96

C.M. San Clemente

Santiago

0 (en obras)

C.M. Rodríguez Cadarso

Santiago

64

Prazas por sectores

Sectores Grupo I Grupo II
Nº de prazas % Nº de prazas % TOTAL PRAZAS
Estudantes de Grao 828 82,63 61 6,09 889
Estudantes de Máster Universitario Oficial 45 4,49 3 0,3 48
Estudantes de Programas de Doutoramento a tempo completo e Investigadores en Formación 17 1,7 6 0,6 23
Estudantes de cursos de Posgrao Propios 4 0,4 1 0,1 5
Membros da comunidade universitaria con necesidades educativas específicas derivadas dunha condición de discapacidade. 25* 2,5 7* 0,7 32*
Persoal docente e investigador e Persoal de administración e servizos ---- ---- 5 0,5 5
TOTAL 918 91,72 83 8,28 1.002
Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.07.2023.