Ir o contido principal
STG

O Consello de Goberno

O Consello de Goberno é o órgano ordinario de goberno da Universidade.

O Consello de Goberno está composto polo reitor ou a reitora, o secretario xeral ou a secretaria xeral, o xerente ou a xerenta e os vicerreitores ou vicerreitoras e 41 membros da comunidade universitaria.

O Consello de Goberno está composto polo

  • O reitor ou a reitora.

  • O secretario xeral ou a secretaria xeral.

  • O xerente ou a xerenta.

  • Os vicerreitores ou vicerreitoras.

  • 41 membros da comunidade universitaria coa seguinte distribución:

    • 25 representantes do Claustro Universitario, elixidos polo sector correspondente de entre os seus membros, garantindo a presenza de representantes dos campus de Santiago e Lugo, coa seguinte composición:

      • 8 membros do profesorado doutor con vinculación permanente.

      • 4 membros do restante persoal docente e investigador.

      • 9 estudantes.

      • 4 membros do persoal de administración e servizos.

    • 9 decanos ou decanas e directores ou directoras de escola, con presenza cando menos de dous do Campus de Lugo.

    • 5 representantes dos directores ou directoras de departamento, un por cada gran rama do coñecemento.

    • 2 representantes dos directores ou directoras de institutos universitarios de investigación, dos directores ou directoras de escolas de doutoramento e doutras estruturas universitarias de investigación.

  • 3 representantes do Consello Social non pertencentes á comunidade universitaria.

Son competencias do Consello de Goberno:

  • Crear, modificar e suprimir:

    • os departamentos, e decidir a súa adscrición aos centros e ratificar os regulamentos de réxime interno dos centros e departamentos.

    • os servizos e unidades de apoio á docencia e á investigación, de promoción e asistencia á comunidade universitaria e de xestión e administración xeral.

  • Crear escalas de persoal de administración e servizos non contempladas nos Estatutos e establecer o seu réxime retributivo.

  • Aprobar:

    • os sistemas xerais de avaliación dos centros, departamentos, institutos, escolas de doutoramento e servizos da Universidade e do seu persoal.

    • os plans de estudo.

    • as relacións de postos de traballo do persoal docente e investigador e do persoal de administración e servizos da Universidade e modificalas de ser o caso.

    • os convenios de colaboracións con outras universidades ou entidades públicas ou privadas.

    • a normativa das licenzas por estudos do persoal docente e investigador da Universidade e decidir sobre a súa concesión.

  • Designar os membros das comisións de selección de persoal docente e investigador.

  • Nomear unha Comisión de Revisión para valorar as reclamacións que se presenten contra as resolucións dos concursos de selección de persoal docente e investigador contratado, agás para as prazas de contratado doutor.

  • Elixir os seus representantes no Consello Social.

  • Aprobar:

    • o proxecto de orzamento que se lle proporá ao Consello Social.

    • as normas e procedementos para o desenvolvemento e a execución orzamentaria, no marco dos establecidos pola Comunidade Autónoma.

    • a distribución de créditos entre centros, departamentos, institutos, escolas de doutoramento e servizos.

  • Examinar e aceptar a memoria económica e a liquidación do orzamento.

  • Propoñer ao Consello Social:

    • o proxecto de programación e as súas actualizacións anuais.

    • a creación ou modificación de sociedades mercantís, fundacións ou outras persoas xurídicas e a participación da Universidade en entidades xa creadas.

    • a afectación ao dominio público dos bens universitarios e a súa desafectación, así como os procedementos de adquisición e alleación de bens patrimoniais.

  • Propoñer:

    • o límite de prazas das titulacións e os procedementos para a admisión do estudantado.

    • o nomeamento e, de ser o caso, a contratación de profesorado emérito.

    • o nomeamento de doutores e doutoras honoris causa.

  • Iniciar o procedemento de creación e supresión dos centros no estranxeiro que impartan ensinanzas de ámbito universitario e acordar a súa modificación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2024.