Ir o contido principal
STG

Reitor

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela é a máxima autoridade académica e ostenta a súa representación.

Antonio López. Reitor da USC

Exerce a dirección, o goberno e a xestión da Universidade, desenvolve as liñas de actuación aprobadas polos órganos colexiados (Consello Social, Consello de Goberno, Claustro Universitario) e executa os seus acordos. Para o desenvolvemento destas funcións é asistido polo Consello de Dirección, onde están presentes os vicerreitores e vicerreitoras, a secretaria xeral e o xerente.

Naceu en San Xulián de Cabarcos (Barreiros, Lugo) en 1964. Iniciou os estudos primarios na escola da súa vila natal, desde onde se trasladou ao Seminario de Mondoñedo. Realizou os estudos de bacharelato tamén en Mondoñedo, no Instituto San Rosendo.

En 1981 ingresou na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo a súa licenciatura, con premio extraordinario, en 1986. En 1991 acadou o grao de doutor na USC, da cal é catedrático de Dereito Financeiro e Tributario.

Desde a súa licenciatura ata a actualidade, vén desenvolvendo unha intensa carreira docente e investigadora con numerosas publicacións e estadías docentes e investigadoras nas universidades de São Paulo, Montevideo e Boloña.

É membro de diversas asociacións relacionadas coa súa especialidade, entre as que destacan a Asociación Española de Profesores de Derecho Financiero, a Asociación Española de Asesores Fiscales e a European Association of Tax Law Professors.

Desempeñou os cargos de director do Departamento de Dereito Público Especial, secretario da Comisión de Doutoramento, vicerreitor de Coordinación do Campus de Compostela e vicerreitor de Xestión de Infraestruturas (1998-2002) e de decano da Facultade de Dereito (2005-2007).

En xullo de 2007 o Parlamento de Galicia elixiuno membro do Consello de Contas, cargo que ocupou ata decembro de 2013. Entre 2007 e 2010 foi conselleiro maior deste organismo.

Gústanlle a lectura e o deporte, goza de longas andainas cos amigos polo Camiño de Santiago e ten unha gran paixón polo baloncesto, e particularmente polo Obradoiro, do cal é socio e abonado. Goza tamén coa bricolaxe e coa xardinaría, pero sobre todo cos veráns na Mariña.

Gabinete do Reitor

Director do Gabinete do Reitor
Correo electrónico
reitor.gabinete [at] usc.gal
Teléfono
881811068

Carlos Toural Bran é Licenciado en Xornalismo (2006) e Doutor en Ciencias da Comunicación (2013). É profesor Titular do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Compostela. No ámbito da xestión, ocupou o cargo de Vicedecano da Facultade de Ciencias da Comunicación en dúas ocasións, así como o de secretario do Grupo de Investigación Novos Medios.

Retribucións

Título de Licenciado

Título de Doutor

Viaxes e dietas no ano 2023: non se contabilizaron viaxes e dietas ata o momento (15 de novembro de 2023)

Persoal da Reitoría

Responsable da Unidade de Xestión Administrativa

Luís González Porrúa

Teléfonos
881 811 068
Email
reitor.secretaria@usc.gal

Secretaría de Dirección

Ramón Freiría Castelao

Teléfonos
881 811 135
Email
reitor.secretaria@usc.gal
Horario
Quenda de mañá

Secretaría de Dirección

Noelia Lamela Cambeiro

Teléfonos
881 811 001
Email
reitor.secretaria@usc.gal
Horario
Quenda de tarde
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2024.