Ir o contido principal
STG

Vicerreitoría de Calidade

Encárgase da elaboración e o seguimento dos plans estratéxicos da USC, do desenvolvemento dos programas de calidade e da coordinación e o seguimento dos sistemas de garantía de calidade das facultades e escolas, e é responsable da organización e a publicación de datos e estatísticas e da elaboración da Memoria de Responsabilidade Social Corporativa

Jacobo Limeres Posse

Breve currículum vítae

Nado en Sanxenxo (Pontevedra) en 1975, é licenciado e doutor en Odontoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde traballa como profesor contratado doutor do Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-cirúrxicas. Foi membro da comisión redactora do Grao en Odontoloxía. Desenrolou os postos de Secretario (2009-2013) e Director (2013-2016) do Departamento de Estomatoloxía, e de Vicedecano de Odontoloxía da Facultade de Medicina e Odontoloxía (2017-2020). Participou na acreditación dos Graos de Odontoloxía (2016) e Medicina (2018), e foi responsable académico de mobilidade no Grao de Odontoloxía (2013-2016). Dende 2011 é codirector do Máster Propio de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais e Odontopediatría e coordina o grupo de Investigación GI-2117 da USC. Tamén ocupou o posto de Presidente da “Sociedad Española de Odontoestomatología para Pacientes con Necesidades Especiales” (SEOENE) entre 2013 e 2017. É membro do Comité de Educación da “International Association for Disability and Oral Health” (iADH) e avaliador externo do “Doctorate in Special Care Dentistry” do Trinity College (Dublin). 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.01.2022.