Ir o contido principal
STG

Vicerreitoría de Organización Académica e do Campus de Lugo

Francisco José Fraga López

Fotografía de Francisco José Fraga López

Breve currículum vítae

Francisco José Fraga López, Licenciado e Doutor en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira académica como docente nos campus de Santiago e Lugo no ano 1995 como profesor asociado para acceder no ano 2002 o corpo de profesores titulares de universidade.

Ten a súa investigación no eido da Calorimetría e análise térmico de materiais. Nos últimos anos está a traballar na incorporación de nanopartículas aos materiais sintéticos. Participou en cerca de 100 publicacións internacionais, das cales 70 están no JCR. É autor de 8 capítulos de libros e editor de 10 libros. Tamén leva dende 1992 participando en diferentes proxectos de investigación.

Coordinou libro branco de enxeñaría química elaborado polas escolas de Enxeñeira Técnica Industrial e participou activamente en congresos e actividades de innovación educativa en relación coa enxeñaría industrial.

No eido da xestión universitaria foi Vicedecano da Facultade de Ciencias de Lugo no ano 2002, Decano da Facultade de Ciencias dende 2002 a 2010 e dende 2019 ata actualidade. Coordinador do Mestrado en Prevención de Riscos Laborais e Saude Medioambiental entre 2007-2011.

Tamén foi Vicepresidente do Grupo Especializado de Calorimetría e Análise Térmico das Reais Sociedades de Física e Química dende 2007 ata 2011 e Presidente deste mesmo grupo entre 2011-2015.

Persoal

Secretaria de Dirección

Olga Taboada Fontao

Teléfonos
982 821 501
Email
vr.organizacion@usc.gal
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2024.