Ir o contido principal
STG

Vicerreitoría de Profesorado

Ernesto González Seoane

Ernesto Gomez Seoane

Breve currículum vítae

Ernesto Xosé González Seoane (O Barqueiro, 1962) é catedrático do Departamento de Filoloxía Galega e director do Instituto da Lingua Galega.

En 1985 licenciouse en Filoloxía Hispánica pola USC. En 1992 doutorouse nesta mesma universidade cunha tese sobre o proceso de codificación gráfica e gramatical do galego no século XIX, pola cal obtivo ademais o Premio Extraordinario de Doutoramento. Desenvolve a súa actividade docente na Facultade de Filoloxía da USC, da cal foi decano entre 2004 e 2012. Realizou estadías docentes ou investigadoras na City University of New York, na Universidad de Buenos Aires e na Georgetown University.

A súa actividade investigadora desenvólvese arredor de dúas liñas mestras: a lexicografía galega, tanto desde unha perspectiva historiográfica como desde unha dimensión aplicada, e o proceso de estandarización do galego moderno. Entre os seus traballos cabe salientar a edición dos volumes A estandarización do léxico, en colaboración con María Álvarez de la Granja; A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas, en colaboración con Antón Santamarina e con Xavier Varela, e Lexicografía de las lenguas románicas, en colaboración con Félix Córdoba e Dolores Sánchez Palomino.

Ademais, foi responsable do Dicionario de dicionarios do galego medieval e dirixiu e participou no desenvolvemento de diversos corpus dixitais do galego moderno e contemporáneo, como Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, o Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués e o Tesouro Informatizado da Lingua Galega.

Persoal

Secretaria de Dirección

Berta Porto Leis

Teléfonos
881 811 005
Email
vr.pdi@usc.gal
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2024.