Ir o contido principal
STG

Internacionalización

A política de internacionalización está orientada a situar a USC como un axente de vital importancia no espazo do ensino e a investigación a nivel global. Para iso cómpre acrecentar a mobilidade do estudantado, do persoal docente e investigador e mais do PAS, así como ampliar a oferta docente transnacional, dar maior visibilidade aos resultados nos proxectos de investigación e estreitar a cooperación con institucións de educación superior dentro e fóra da Unión Europea.

estudantes internacionais

As accións da USC responden, máis concretamente, ás seguintes liñas reitoras:

  • Intensificar a presenza institucional da USC en espazos de decisión, foros e plataformas internacionais da educación superior e a súa implicación na formalización de alianzas estratéxicas.

  • Fomentar a participación da USC en redes de investigación e reforzar o seu liderado en programas europeos e internacionais, valorizando e dando maior difusión aos resultados dos proxectos de investigación e de cooperación.

  • Aumentar a potencia dos programas de mobilidade internacional do estudantado, o PDI e o PAS.

  • Enriquecer a oferta docente mediante o desenvolvemento de programas de estudos multilingües participados por outras universidades.

  • Optimizar os protocolos de atención ao estudantado e profesorado visitante internacional.

  • Mellorar o alcance dos programas de captación e retención de talento.

  • Ampliar a captación de recursos e o financiamento internacional para diversificar as iniciativas de internacionalización e de proxección global da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.03.2023.