A mobilidade é un compoñente esencial da actividade económica e do benestar dos cidadáns. A Cátedra Institucional de Movilidad Sostible posiciónase como unha plataforma chave para promover a I+D+i en favor dunha xestión máis intelixente e sostible da mobilidade. Desde a análise e a proposta de estratexias ata a creación de solucións concretas, o seu labor está enfocado especialmente na mobilidade terrestre, tanto urbana como interurbana.
Entre as súas áreas prioritarias de investigación destacan:
- A mobilidade sostible como elemento de cohesión social e territorial.
- A transición cara á descarbonización do transporte, aliñándose co obxectivo de alcanzar a neutralidade climática en 2050.
- O desenvolvemento de estratexias colaborativas que fortalezan o ecosistema da mobilidade sostible.
Esta Cátedra velará pola incentivación dos modos de transporte máis sostibles e saudables que preveñan modos de vida sedentarios, incidindo na sensibilización, para unha nova cultura de mobilidade, da comunidade universitaria e da institución.