Ir o contido principal
STG

Actividades culturais e deportivas

Pretendemos pór en marcha novas ideas e proxectos para desenvolver na USC unha política cultural e deportiva que contribúa a que a universidade proxecte a súa forza como institución clave para o desenvolvemento educativo e social do país

Imaxe representativa

Obxectivos propostos

Consolidar programas de produción propia da USC que se convertan na guía das políticas culturais en Galicia e nun selo de identidade da institución.

Ampliar a oferta e o apoio ás iniciativas culturais e deportivas da comunidade universitaria. Asemade, cómpre afrontar a mellora e mantemento das instalacións e equipamentos deportivos.