Ir o contido principal
STG

Vicerreitoría de Estudantes e Proxección Internacional

Ocúpase da coordinación das xestións relativas a bolsas e axudas ao estudo, tanto da convocatoria do Ministerio de Educación como das convocatorias propias da USC, e mais do Servizo Universitario de Residencias, así como das accións relacionadas coa promoción do asociacionismo estudantil. É responsable tamén da planificación e a coordinación das políticas de internacionalización docente, investigadora e mais das estratexias de proxección exterior da USC.

Victor Arce Vázquez

Breve currículum vítae

Licenciado (1986) e doutor (1990) en Medicina pola USC. Conta con formación posdoutoral na Universidade de Milán e no Memorial Sloan-Kettering Cancer Center de Nova York.

Ten publicados máis de 60 artigos en revistas científicas recollidas no SCI e máis de 20 libros ou capítulos de libros, e participou en numerosos congresos. Avaliador e membro do comité editorial de numerosas revistas científicas, dirixiu tamén dez teses de doutoramento e numerosos traballos de fin de grao e fin de máster.

Conta co Diploma en Docencia Universitaria da USC (2007). Foi director ou coordinador de 17 cursos de innovación docente e relator en 15 cursos ou xornadas de innovación docente.

Foi vicedecano de Intercambios, Innovación Docente e Calidade da Facultade de Medicina e Odontoloxía (2011-2015) e director do Departamento de Fisioloxía (2015). Tamén foi responsable académico de mobilidade da Facultade de Medicina e Odontoloxía (2011-2015).

Foi coordinador do Grupo de Innovación en Educación Médica (2005-2011) e director da Cátedra de Educación Médica da USC (2012-2014 e 2016-actualidade). É membro da comisión redactora do Grao en Medicina e Biotecnoloxía, do Máster de Biomedicina, do Programa Oficial de Posgrao de Biomedicina e do Programa de Doutoramento de Neurociencia, Medicina Molecular e Endocrinoloxía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.01.2022.