Ir o contido principal
STG

Desenvolvemento Sustentable

O Plan de Desenvolvemento Sostible (PDS) foi aprobado pola USC no ano 2003. Posteriormente, no ano 2011, xerouse a Oficina de Desenvolvemento Sostible como unidade administrativa de soporte. 
O PDS pretende ser un marco de referencia estratéxico da nosa universidade que vela pola inclusión da sostibilidade nas dimensións da xestión, a investigación, a formación e a extensión universitaria.
 A aprobación no ano 2015 da Axenda 2030 reforza a nova orientación do PDS que pretende incorporar á dimensión ambiental, a xustiza e a equidade social.
O impacto da universidade na súa contorna implica un exercicio de responsabilidade na súa xestión e na coherencia das políticas implementadas, así como a xeración de alianzas que faciliten un modelo sostible baseado nunha conciencia ecolóxica e social responsable.


  • Seguimento dos consumos e da xestión de residuos. 
En apoio á Unidade de Enerxía e Sustentabilidade e á Unidade de Xestión de Residuos Perigosos. Xérase un seguimento anual sobre o consumo de auga, electricidade, combustibles, papel e a xeración de residuos 
  • Plan de mobilidade.
 Un dos maiores impactos da USC na súa contorna é o desprazamento diario de máis de 30.000 persoas nas cidades de Santiago de Compostela e Lugo. Anualmente faise o seguimento dos hábitos de desprazamento da comunidade universitaria, ponse a disposición da comunidade universitaria o préstamos de 250 bicicletas e outras ferramentas vinculadas á posibilidade de compartir desprazamentos, os mapas peonís ou o transporte publico.

  • Educación e formación. 
A formación da comunidade universitaria é unha das prioridades do PDS. Ademais do desenvolvemento de campañas de sensibilización e divulgación, ao longo do curso ofértanse actividades específicas dirixidas ao alumnado e en colaboración co Plan de Formación e Innovación Docente (PFID) e o Programa de formación para PAS. Ademais, o ámbito da sostibilización curricular é un obxectivo que cobra especial relevancia nos últimos anos.


  • Axenda 2030
. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcan grandes retos cara ao 2030 que interpelan directamente ás institución de educación superior. Persoas, Planeta, Prosperidade, Paz e Alianzas son os grandes ámbitos de intervención.
 Neste marco cobra especial relevancia a Cooperación Internacional e a Educación para a Cidadanía Global. A USC forma parte da RGCUD coa UDC e a UVigo co financiamento de Cooperación Galega.


  • USClima
. No marco da Axenda 2030 apróbase no ano 2016 o Acordo de París como resultado da Convención Marco sobre Cambio Climático. A USC adheriuse á declaración de emerxencia climática a propósito do Cumio sobre Acción Climática 2019 convocado polas Nacións Unidas e celebrado en Nova York en setembro de 2019.
Conscientes do reto que supón o cambio climático, así como da capacidade da universidade para xerar oportunidades cara o cambio, a USC pon en marcha este programa que implica a toda a comunidade universitaria.


  • Cálculo da Pegada Ecolóxica. 
Dende hai máis de 12 anos a USC rexistra o impacto ambiental xerado a partir do cálculo da pegada ecolóxica. Actualmente encontrámonos no proceso de adaptar a metodoloxía cara o rexistro da pegada de carbono no Ministerio de Transición Ecolóxica.  


  • Compra pública ética, consumo responsable e comercio xusto
. Apoio ao impulso de medidas que apoien un modelo de compra pública ética e comercio xusto, entendido este dende tres perspectivas: o comercio internacional, o comercio de proximidade e circuítos curtos de distribución e a formación para o consumo responsable.


  • Avaliación do impacto ambiental da USC
. Participación nos modelos de avaliación como o a ferramenta de sostibilidade ambiental nas universidades españolas promovida pola CRUE, o Green Metric ou a dimensión ambiental e os ODS do Times Higher Education (THE).


Plan de Desenvolvemento Sostible/Oficina de Desenvolvemento Sostible

Enderezo
Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega. Rúa Casas Reais, 8. 15782 Santiago de Compostela.

Teléfonos
881 811 359
Email
plands@usc.es
Horario
De luns a venres de 9.00 a 14.00 h
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.12.2019.