O Outono BioFest divulgará a actividade da Facultade de Bioloxía do 23 ao 27 de outubro
A programación abrangue exhibicións nos corredores do centro, visitas a laboratorios, charlas ou mesas redondas
A programación abrangue exhibicións nos corredores do centro, visitas a laboratorios, charlas ou mesas redondas
Os docentes da USC na Facultade de ADE Ángeles López Cabarcos e Juan Piñeiro participan xunto con representantes Instituto Politécnico de Viana do Castelo no proxecto SUST-Turismo, que formará a docentes e estudantes de ensino superior en Angola e Cabo Verde en materia de turismo responsable e sustentable
Tomando como eixes o “traballo en equipo” e o “aprender facendo”, o programa permite acompañar os e as emprendedoras no proceso de definición dunha idea de negocio e avalíase a súa capacidade de chegar a un proxecto empresarial convincente
Preto de 40 persoas toman parte nun certame artístico convocado ao abeiro do convenio Lugo Cultural e dotado con 900 euros para as tres imaxes galardoadas. O xurado fará público o seu fallo o 6 de novembro na Biblioteca Intercentros, onde se inaugurará unha exposición coas 20 fotografías máis valoradas
Unha vez superada esta acción formativa que tamén está aberta ao conxunto da cidadanía, o estudantado poderá incorporarse ao Comité Galego de Árbitros de Baloncesto na súa zona xeográfica correspondente, continuando coa dinámica formativa e deportiva
Investigadores integrados no grupo Análise Sensorial, Valoración Nutricional e Desenvolvemento de Novos Alimentos (Labtecali) da USC, que acaba de ser recoñecido como de referencia competitiva pola Xunta de Galicia, achegan a empresas e produtores do sector agroalimentario alternativas de I+D+i apropiadas para mellorar a rendibilidade e optimizar o éxito da súa actividade
A lección maxistral titulada ‘O Médico Enfermo: de Quirón aos nosos días’ correu a cargo de Luis Ferrer i Balsebre
Unha xornada reuniu integrantes da comunidade universitaria e do tecido deportivo da contorna para explorar os retos de futuro da práctica físico-deportiva no contexto universitario
O foro servirá para afondar no emprendemento tecnolóxico liderado por mulleres e na aposta das universidades españolas pola igualdade nos procesos de transferencia do coñecemento
O proxecto afonda na comprensión dos mecanismos que se producen no organismo segundo a taxa das doses aplicadas, co obxectivo de reducir os efectos negativos nos tecidos sans
Tras un rigoroso proceso de avaliación, a publicación entra na base de datos ESCI (Emerging Source Citation Index)
Ineco aposta polo Campus de Lugo como polo de atracción e captación de talento, sinala a xerente de Proxectos e Innovación da compañía de enxeñaría e consultoría de referencia en mobilidade e transformación dixital, Ana Rodríguez Aranegui, na apertura dun foro con estudantes e docentes do grao en Enxeñaría Civil da USC
O xerente da ‘Rof Codina’, Javier Ferreira, e o presidente do Club Raza Can de Palleiro, Juan Carlos Puente, renovan un acordo de colaboración para os próximos catro anos que visibiliza o compromiso das dúas entidades a prol das razas autóctonas galegas
A exposición que bota a andar este xoves 19 no Colexio de Fonseca acolle artistas ‘millenial’ de Galicia e do norte de Portugal para explorar como a sensibilidade medioambiental está a calar nos procesos creativos
A organización por parte da USC corre a cargo do Centro de Formación de Persoal
Esta é unha actividade que busca mellorar as posibilidades de acceso ao mundo laboral do estudantado e persoas tituladas recentemente a través do contacto con profesionais