Wiley oferta un curso virtual para a publicación exitosa de manuscritos
A actividade, que terá lugar o vindeiro 6 de xuño, abordará as claves do proceso de publicación e como mellorar os nosos traballos para que sexan aceptados
A actividade, que terá lugar o vindeiro 6 de xuño, abordará as claves do proceso de publicación e como mellorar os nosos traballos para que sexan aceptados
Unha investigación da USC aborda en que medida a variación global que está a vivir o clima da Terra afecta o biodeterioro dos materiais empregados na construción de monumentos en granito
O acordo enmárcase no seo do proxecto Yucunet, consorcio internacional coordinado dende a USC e integrado por doce institucións de España, Portugal, México e Cuba que persegue a creación dunha rede educativa de Arte Contemporánea na rexión Iucatán-Cuba
A directora do centro universitario lugués, Rosa Romero, salienta a “total inserción laboral” das novas promocións de titulados en enxeñarías Agrícola, Civil e Forestal, e recoñece que esta elevada demanda de profesionais condiciona as estatísticas de matrícula dos mestrados e o número de titulados que inicia a súa carreira investigadora en programas de doutoramento
O convenio asinado polo reitor Antonio López e polo conselleiro maior José Antonio Redondo céntrase no desenvolvemento dun proxecto de investigación, coordinado pola profesora da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, María Cadaval
A institución compostelá acolle a vixésimo cuarta edición da conferencia da rede interdisciplinaria BIOECON, centrada na teoría política e económica para a conservación da biodiversidade
As persoas usuarias só teñen que descargarse unha app gratuíta, depositar as súas latas e botellas de plástico nalgunha das seis máquinas instaladas na USC e escanear o QR que se lles mostrará
Concesión de patentes, solicitude de licenzas, número de publicacións altamente citadas e creación de spin-offs, constitúen algúns dos 14 parámetros nos que destaca a USC na décima edición da clasificación universitaria publicada pola Fundación CyD
Recoñeceranse iniciativas desenvolvidas tanto no ámbito da docencia como da investigación. O prazo permanecerá aberto ata o 31 de maio
A comunidade da USC atopará este xestor bibliográfico tanto na versión de Word para navegador como na de escritorio
Estudantado do grao en Odontoloxía difundirá material informativo o xoves 25, na Praza do Obradoiro, sobre como os propios pacientes poden desenvolver un rol activo no proceso de diagnóstico, “algo tan estendido noutro tipo de cancro como é o de mama e tan esquecido no noso terreo”, explica a coordinadora do proxecto ApSMO Aprendizaxe e Servizo no Ámbito da Medicina Oral, Pilar Gándara
A terceira edición destes galardóns aos mellores TFG e TFM sobre dereitos das mulleres recoñece a Cinthia Piñeiro Acevedo e Carmen Castrillo Sotelo por dúas investigacións desenvolvidas na USC
A sesión terá lugar no teatro Jofre de Ferrol a partir das 12.00 horas. O historiador lerá o discurso titulado ‘A memoria, a historia e a política. A esquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977’ ao que dará resposta o profesor emérito da USC, Ramón Villares
O grupo liderado por Diana Guallar dende o CiMUS estuda as modificacións químicas do ARN asociadas ás patoloxías da idade e intenta revertelas ou neutralizalas co uso de fármacos
Impulsado pola área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, premiará a aplicación social e económica dos resultados de teses, TFG e TFM. A inscrición remata o 26 de maio
As intervencións desenvolvidas por alumnado matriculado no grao de Paisaxe na EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC e na UDC transforman espazos degradados e achegan ideas para renaturalizar a ría de Pontevedra, embelecer os xardíns de Allariz, conectar o castro de Elviña coa trama urbana ou revitalizar a Valgada do Campus de Lugo