Ir o contido principal
STG

Congreso 'European Conference on Artificial Intelligence'

19.10.2024-24.10.2024

CC. Comunicación/Filoloxía/Pazo de Congresos
Santiago de Compostela

Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite

A Asociación Europea de Intelixencia Artificial (EurAI) volve celebrar o seu congreso de referencia, a European Conference on Artificial Intelligence (ECAI) en Santiago de Compostela do 19 ao 24 de outubro. O Comité Organizador de ECAI 2024 está presidido polos investigadores do CiTIUS Senén Barro (director científico do centro) e Alberto Bugarín (director do Grupo de Sistemas Intelixentes da USC).

Así, Santiago volverá ser o epicentro da Intelixencia artificial mundial nun momento de excepcional importancia, ao coincidir no tempo co medio século de vida do congreso (organizado por primeira vez en 1974 no Reino Unido), e a previsible próxima aprobación do Regulamento en IA da Unión Europea, a primeira lei deste tipo a nivel mundial.

As sesións do sábado 19 e do domingo 20 de outubro, previas ao congreso principal, terán lugar nas facultades de Ciencias da Comunicación e Filoloxía desde as 9.00 horas. Así mesmo, a partir das 18.30 horas será a inauguración oficial no Auditorio de Galicia. O congreso desenvolverase entre o 21 e o 24 de outubro no Pazo de Congresos e Exposición compostelán, de 9.00 a 17.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.08.2024.