Ir o contido principal
STG

Exposición ‘A Educación ten faciana de Muller’

12.12.2024-24.01.2025
A mostra pode visitarse  ata o 24 de xaneiro
A mostra pode visitarse ata o 24 de xaneiro

Como parte dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo premiado na última edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na categoría de docencia, o Edificio Norte da Facultade de Ciencias da Educación expón ata o 24 de xaneiro a mostra A Educación ten faciana de Muller, que pon nome e faciana a mestras, pedagogas e educadoras invisibilizadas.

No proxecto de ApS A Educación ten faciana de Muller, o estudantado da materia Teoría e Historia da Educación Escolar do Grao en Mestra/e de Educación Primaria investigou as principais figuras femininas pedagóxicas clásicas e contemporáneas.

Unha vez finalizada a súa exposición pública na contorna universitaria, a mostra iniciará a súa itinerancia por centros educativos da contorna de Santiago de Compostela. A iniciativa conta con financiación da  Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2024.