Aberta a inscrición para participar na visita guiada á mostra ‘Valle-Inclán íntimo’

A mostra ‘Valle Inclán íntimo’ que aborda, no Colexio de Fonseca da USC, o mundo persoal de Ramón del Valle-Inclán a través de boa parte do patrimonio artístico, que albergaba no seu domicilio madrileño, poderá percorrerse a través dunha visita guiada por un dos comisarios da exposición, o vindeiro 7 de marzo ás 18.00h. As persoas interesadas en inscribirse nesta actividade restrinxida a un máximo de 20 participantes, deberán enviar un correo electrónico a alessia.schinina [at] rai.usc.es (alessia[dot]schinina[at]rai[dot]usc[dot]es) As solicitudes aceptaranse por rigorosa orde de inscrición.
A exposición presenta en primicia o patrimonio artístico persoal do escritor a través de pinturas, esculturas, caricaturas, retratos, obxectos persoais, tipografía orixinal e mobiliario, cedidos para a ocasión polos seus propietarios, Fernando, Miguel e Javier del Valle-Inclán Alsina.
A mostra tamén pode visitarse de xeito libre ata o 1 de abril, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas, de luns a sábado. A exposición está organizada pola Cátedra Valle-Inclán, e conta coa participación dos grupos de Investigación Iacobus e GIVIUS, e o apoio da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e o xornal La Voz de Galicia.