Ir o contido principal
STG

Aberto ata o 9 de xullo o prazo para participar no encontro de verán da Orquestra da USC

Actuación da Orquestra da USC co gallo do Día da Música no Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite
Actuación da Orquestra da USC co gallo do Día da Música no Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite
O evento desenvolverase do 31 de xullo ao 7 de agosto e diríxese á mocidade estudante de música
Santiago de Compostela

A Orquestra da USC mantén aberto ata o 9 de xullo o prazo de inscrición para o seu encontro de verán a través dun formulario electrónico. Entre os días 31 de xullo e 7 de agosto, a Área de Cultura da USC ofrece a posibilidade de que a mocidade estudante de música participe neste proxecto educativo da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela, un encontro orquestral que inclúe ensaios e concertos.

Para poder participar deste programa de verán as persoas candidatas deberán ou ben ser membros da Orquestra da USC, ou ben ser estudantes de música de terceiro ciclo de grao profesional, ou estudantes de grao superior; en último caso o estudantado de música que acredite nivel suficiente para poder participar no mesmo, tamén poderá ser considerado para formar parte deste proxecto que contará con profesorado de recoñecidas entidades e orquestras. Para as persoas inscritas que non sexan de Santiago de Compostela, a USC ofrecerá residencia de balde dende a noite do día 30 de xullo ata a noite do día 7 de agosto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.06.2023.