Ir o contido principal
STG

Aberto o prazo para inscribirse en Xuventude Mentoring

A iniciativa ten como obxectivo apoiar e acompañar as persoas mozas na súa transición á vida laboral. Foto: Santi Alvite
A iniciativa ten como obxectivo apoiar e acompañar as persoas mozas na súa transición á vida laboral. Foto: Santi Alvite
A iniciativa ten como obxectivo apoiar e acompañar as persoas mozas na súa transición á vida laboral

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e asesoramento promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria (CIXUG), entidade integrada pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo. O prazo para participar na sexta edición deste programa que serve para asesorar, formar e impulsar a mocidade cara a inserción laboral permanece aberto en liña ata o 9 de decembro.

Este programa conta cunha completa oferta de contidos para apoiar e acompañar as persoas mozas na súa transición á vida laboral tras rematar os seus estudos de grao ou de formación profesional superior, ofrecendo á mocidade un primeiro contacto coa súa área de coñecemento, con actividades formativas, visitas a empresas para que poidan crear a súa rede de contactos e co apoio permanente e continuo dun equipo de persoas titoras que acompañan todo o proceso. Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.11.2024.