Ir o contido principal
STG

Aberto o prazo para solicitar praza e bolsa no Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía

Ata o 1 de marzo permanecerá aberto o prazo para solicitar praza no Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía, que imparte un consorcio de universidades –entre elas, a USC- coordinado pola alemá Friedrich-Alexander-Universität Erlagen-Nürnberg.

O obxectivo principal do mestrado, que se imparte en inglés e alemán, é a formación no ámbito dos dicionarios, de xeito que está dirixido sobre todo a estudantes de filoloxía, lingüística e linguas interesados na lexicografía e nas súas aplicacións, que desexen coñecer outras culturas e modelos educativos e que teñan ganas de aprender cuestións interdisciplinares, coma novas tecnoloxías e as súas aplicacións, análise e visualización da información dixital ou programación.

Existe a posibilidade de solicitar bolsa para cursar estes estudos, que inclúe 1.000 euros ao mes durante os 24 meses de duración do posgrao e unha importante contribución aos custos de viaxe e instalacións. A coordinadora na USC é a profesora da Facultade de Filoloxía María José Domínguez Vázquez (majo.dominguez [at] usc.es (majo[dot]dominguez[at]usc[dot]es)).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.11.2017.