Acto de graduación das licenciaturas en Humanidades e Filoloxía Hispánica e do grao en Lingua e Literatura Española
A Facultade de Humanidades do campus de Lugo acollerá este venres 7 de xuño, a partir das 19.30 horas, a celebración do acto de graduación dos novos titulados/as das licenciaturas en Humanidades e Filoloxía Hispánica, así como do grao en Lingua e Literatura Española.
O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, será o encargado de presidir este acto, no que tamén intervirán a vicexerenta do campus de Lugo, Carmen Varela, e a decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey. A profesora Beatriz Fernández Herrero actuará como madriña dos novos licenciados/as en Humanidades, mentres que a tamén profesora neste centro da Universidade de Santiago de Compostela Amparo de Juan Bolufer amadriñará aos estudantes da licenciatura en Filoloxía Hispánica e do grao en Lingua e Literatura Española. A entrega de diplomas e obsequios a novos titulados/as, as intervencións dos/as representantes dos/as estudantes e a entoación do Gaudeamus Igitur son outros dos actos incluídos nesta celebración.