Ir o contido principal
STG

Acto de graduación da promoción 2005-2010 da Licenciatura en Farmacia

A Facultade de Farmacia conmemora este sábado 24 o acto corporativo de Licenciatura da promoción 2005-2010, organizado polos colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia e polo decanato da Facultade de Farmacia. A sesión comezará ás 19:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca presidida polo vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán.
Os representantes dos colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia e do decano da Facultade, Juan Jose Torres Labandeira, abrirán á quenda de intervencións que logo dará o relevo á entrega de placas aos farmacéuticos titores das prácticas e dos diplomas correspondentes aos Premios Extraordinarios de Licenciatura.
O programa proseguirá coa intervención do padriño e da representación do alumnado e finalizar coa entrega de insignias e becas aos novos graduados e o xuramento hipocrático do alumnado da promoción.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2010.