Ir o contido principal
STG

Acto de graduación da promoción 2010-2014 das titulacións que se imparten na Facultade de Filoloxía

A Facultade de Filoloxía celebra este sábado 26 o acto de graduación da promoción 2010-2014 dos graos en Filoloxía Clásica, e en Lingua e Literatura Españolas, Galegas, Inglesas e Modernas, esta última tanto para alemán, francés e italiano. Presidirá o acto o reitor Juan Casares nunha sesión que dará comezo ás 18.00 horas no Hotel Congreso. A sesión comezará coa intervención das madriñas e padriños das distintas promocións, comezando con María José García Blanco, de Filoloxía Clásica; Juan Casas Rigall e Yolanda Novo Villaverde, de Lingua e Literaturas Españolas; Lydia Fontoira Surís e Xosé Luís González Sande, madriña e padriño da promoción de Lingua e Literaturas Galegas; Laura María Lojo Rodríguez e Jorge Sacido Romero, de Lingua e Literatura Inglesas; Jaime Feijoó Fernández, pola sección de alemán do grao en Lingua e Literaturas Modernas; Antón Figueroa Lorenzana, pola de francés; e María Isabel González Fernández e Javier Gutiérrez Carou, pola de italiano. Logo da intervención de Vicente Vázquez Vidal en representación das graduadas e graduados, proxectarase un vídeo resume sobre os catros anos da etapa universitaria e entregaranse os diplomas conmemorativos da graduación. Logo da intervención da decana da Facultade María José López Couso, o reitor clausurará o acto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2014.