Ir o contido principal
STG

Acto de graduación da promoción 2011-2015 de Matemáticas

O reitor Juan Viaño presidirá este sábado 20 a graduación da promoción 2011-2015 de Matemáticas, nunha sesión protocolaria que comezará ás 18.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas. Na quenda de intervencións, os discursos dos padriños José Manuel Fernández Vilaboa e Luís María Hervella Torrón precederán á intervención da decana da Facultade Maria Victoria Otero Espinar. O discurso en representación da promoción e a entrega de diplomas completarán a quenda de intervencións á que porá o peche o reitor.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2015.