Acto de graduación da quinta promoción de Economía
O reitor da USC, Juan Viaño, preside este sábado 19 ás 18.30 horas no Hotel Congreso de Santiago o acto de graduación da quinta promoción do grao en Economía, que este ano apadriña o profesor Jaime Barreiro Gil.
Na cerimonia intervirán a decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Emilia Vázquez Rozas; os estudantes Andrea Rodríguez Losada e Pablo Rubio-Manzanares Sarmiento; o profesor Melchor Fernández Fernández; e o decano-presidente do Colexio de Economistas da Coruña, Miguel Ángel Vázquez Taín.