Acto de imposición de Becas no Colexio Maior San Clemente
O Colexio Maior San Clemente celebrará este mércores, día 25, ás 21:00 horas o Acto de Imposición de Becas, que estará presidido polo vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC, José M. Mayan Santos.
No transcurso deste Acto Académico farase entrega dos trofeos do IV Torneo Intercolexial de Tenis Colexio Maior San Clemente. Ademais, entregaráselle un diploma en lembranza da súa estandia no centro aos colexiais de programas de intercambio Susann Franke, Miruna Alexandra Sile, Carla Sofia Simoes Nabais, Dominika Eleonora Szulc e Karla Gabriela Ulloa Rodríguez.
O acto proseguirá coa imposición da Insignia colexial aos estudantes que rematan os seus estudos universitarios e a Beca colexial a aqueles que levan tres anos residindo no centro e entre os que se atopan María Barba Núñez, Daniel de Bernardo Roca, Ana Berredo Fernández, Alejandro Camiño López, Nuria García Mosquera, Patricia Lema Capelán, Jesús Prieto Guijo, Alejandro Tejera Torres e Diana Touriñán Novoa.
Ademais, seralle imposta a Banda de Honra do Colexio Maior San Clemente, que conleva o título de ‘Becario de Honra’, a José Manuel Varela Vence, que presta servizo na portaría do Colexio e que ocupou en funcións o posto de gobernante dos Colexios Maiores durante os cursos académicos 2003-2004 e 2004-05. Preténdese deste xeito recoñecérselle o seu traballo a favor deste Colexio Maior e dos seus colexiais e do Servizo Universitario de Residencias en xeral.