Ir o contido principal
STG

Acto de toma de posesión de Pilar Bermejo como decana da Facultade de Química

A catedrática Pilar Bermejo tomará posesión este xoves 25 como decana da Facultade de Química, cargo para o que foi reelixida recentemente e ao que accedeu por vez primeira no ano 2014, converténdose naquel momento na primeira muller que accedía ao decanato deste centro. O reitor Antonio López presidirá a toma de posesión nunha sesión ás 13.30 horas na Aula Magna do centro na que tamén intervirá a secretaria xeral da USC, Dulce Mª García Mella.

Pilar Bermejo Barrera completou a súa formación na Universidade de Plymouth (Reino Unido) e é a investigadora principal do grupo ‘Elementos traza, espectroscopía e especiación’. Foi coordinadora do programa piloto ECTS de Erasmus na Área de Química, da rede ECTN (European Chemistry Thematic Network) e do programa TASSEP (Transatlantic Science Student Exchange Programme). Ademais desenvolveu abundantes actividades encamiñadas da mellorar a percepción social da Química e distintos postos de xestión na súa facultade, da que tamén foi vicedecana entre 1980 e 1990, ou como directora do Departamento de Química Analítica entre 1998 e 2006. O pasado mes de maio incorporouse á Real Academia Galega de Ciencias como académica numeraria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2018.